sábado, 31 de mayo de 2008

miércoles, 28 de mayo de 2008

UN TRABALLIÑO BEN BONITO

Cando estudamos a localidade, Samuel fixo este libriño para o recanto INVESTIGO, onde se recollen moitos monumentos, edificios e lugares emblemáticos de AS PONTES. Esperamos que vos guste.

jueves, 22 de mayo de 2008

RECANTO INVESTIGO

No noso recanto INVESTIGO, recollemos información sobre os temas que estamos traballando. Buscamos información sobre a pesca, e logo Carla contounos as súas INVESTIGACIÓNS deste xeito tan bonito que vedes neste vídeo.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS


O venres celebramos o festival na Casa Dopeso.Que bonito estivo! Alongousenos un pouco máis do previsto, pero de tódolos xeitos os nenos , aínda que cansos, portáronse moi ben. Todos se esforzaron moito e as obriñas e cancións resultaron chulísimas.Nós, máis os nen@s de 1º fixemos un conto musicado: O conto da muiñeira. Eu estaba un pouco nervosa, pero creo que o fixeron moi ben e que todos intentaron facelo o mellor posible. Un biquiño para tod@s

miércoles, 21 de mayo de 2008

OS NOSOS AVÓS

Tamén quixemos nestes días facer unha homenaxe especial aos nosos avós, que tantas historias nos teñen contado e que con tanta tenrura nos teñen arroupado. Na biblioteca lemos con moito agarimo unha colección de libros adicados aos nosos maiores. Os nen@s participaron no Certame literio e artístico do cole e fixeron poesías, narracións, debuxos e cómics dos seus avós e avoas. Todos eran preciosos.AVOIÑOS E AVOIÑAS, xa podedes estar ben contentos.

LETRAS GALEGAS









Como xa sabedes, este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xosé María Alvarez Blázquez. Nós na escola ademáis de aprender algunhas cousiñas del, lemos dous libros preciosos: Roseira do teu mencer e O que ben che quer, con poemas adicados á súa filla COLORÍN. Como ben se di nestes libros todos, papás, mamás e nen@s podedes asomarvos por debaixo da porta destes libros e lelos xuntiños,que son ben fermosos. Aquí tedes unha mostra pequeniña que a min me gustou moito.

A ver, quen foi
o que fixo chorar á pequena?
Ela non chora polo que lle doi,
senón porque é nena
e aínda non sabe decire quen foi.


Por eso ten pena,
que doer, non lle doi...

miércoles, 14 de mayo de 2008

viernes, 2 de mayo de 2008

ACTIVIDADES DIA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO


O dia 23 de abril celebramos o Día do Libro.Os días anteriores a esta data os nenos trouxeron información para o noso recanto INVESTIGO, acerca de por que se escolleu ese día.

En plástica fixemos varias actividades divertidas:

-marcapáxinas do Quixote (que baixamos de internet)

-marcapáxinas para as libretas, con forma de abelliña e de rá-

-debuxamos o cartel deste ano, copiandoo do que nos trouxo Manuel.

Pero, sobre todo,pasámolo super ben preparando unha adaptación do conto Riciños de Ouro, para contarlla aos nenos/as de 1º. Fixemolo con moita ilusión e todos/as se esforzaron moito para que lles quedase ben bonito.

Tamén nos gustou moito o contiño que os nenos de 3º nos viñeron contar a nos.Eramos un monton e a clase case se nos queda pequena.Foi estupendo!

Por último, Nieves unha profe da Magdalena, veunos contar uns contiños estupendos. Aos nenos gustáronlles sobre todo, os das Matrioskas e o de Pepiño o desobediente

PLANTAMOS NO BAÑAL

PLANTACIÓN NO BAÑAL

Collemos un día precioso para ir ao Bañal. Plantamos moitísimas xestas híbridas, moi coloreadas. Non foi un traballo fácil, porque a terra estaba moi dura e casi que precisabamos uns sachos máis grandes. Pero a verdade é que tódolos nenos e nenas traballaron moitísimo, e Pablo e Digna tamén nos axudaron moito.Tivemos tempo para lavar as mans no pozo, merendar e tamén , como non, para xogar un pouquiño e disfrutar do día.PODEDES PASAR POR ALÍ A VELAS.

jueves, 1 de mayo de 2008

PLANTAMOS PATACAS




Como facía bo día, baixamos ao horto a plantar patacas. Plantamos un rego de patacas de Coristanco e outro de patacas da Limia. Veremos o que resulta.Tamos feitos uns grandes labregos.Mentres os nenos e nenas de 1º plantaron distintas variedades de fabas. Veredes que merendolas imos facer.