jueves, 19 de noviembre de 2009

DEREITOS E DEBERES DOS NENOS E NENAS

O venres 20 de novembro celebramos o Dia dos Dereitos dos nen@s. Eu engadiría tamen os seus deberes. Aquí tedes un pequeno vídeo explicativo que nos axuda a recordar


En relación con esto, temos na clase un mural, onde cada neno e nena pegou a súa foto cun debuxo. No mural con letras máis grandes escribimos TODOS SOMOS DIFERENTES, PERO TODOS SOMOS IMPORTANTES.Eu polo menos, así o creo.Este vídeo vai nesa liña e ten moito que ver co noso mural.Espero que vos guste.

MAGOSTO 09

O día 11 de novembro celebramos o Magosto no cole. Como todosos anos comemos castañas que nos trouxo a ANPA, xunto con auga e batidos. Despois fixemos xogos populares: a rá, os bólos, tirar á corda, paracaidas...Todo resultou moi ben e os nenos e nenas pasárono estupendamente.

lunes, 16 de noviembre de 2009

VOLTAN OS FUNGOS

A volta de esquina estaba a feira de Fungos e Cogomelos. Como nos coincidía co tema dos alimentos, aproveitamos para recoller algunhas receitas feitas con fungos. Algúns nenos e nenas recolleron cogomelos e trouxéronos para o cole. Os maiores, de Secundaria, mesmo fixeron unha exposición na entrada do seu pavillón.
Na clase de Plástica preparamos a conciencia o traballo para presentar no concurso dos Fungos que cada ano organiza o Concello. Este ano decidimos facer uns suxeitalibros de madeira, cunha setiña .Ademáis cada neno fixo nunha cartolina a súa seta utilizando técnicas variadas. Con todas elas montamos un libriño, que tamén presentamos ao concurso. E resulta que , non só o pasamos estupendamente facendo estas actividades senón que...GAÑAMOS DOUS PREMIOS!Así é fácil animarse para o ano que vén.

SEMENTAMOS NOCES

Como tódolos anos por esta datas, aproveitamos os días bós de outono para sementar algunha plantiña. Este ano decidimos plantar noces. Como tiñamos moitas, acordamos compartilas cos nenos e nenas de 4 anos e así facer unha actividade conxunta. A verdade é que todos os nenos e nenas se organizaron moi ben e enseguidiña rematamos de plantar e regar. Tamén foi moi importante a axuda que nos prestou a profe Ángeles.Agora só nos queda esperar a ver se medran e os ratos non nos deixan sen nogueiras coma outros anos.

VISITA DE OSCAR

Este ano recibimos con moita ledicia a Oscar, o profe de iniciación á música do Conservatorio. Xuntámonos na biblioteca toda a E. Infantil e os nenos e nenas do 1º Ciclo de Primaria.Ahora sí que dá gusto. Que ben nos veu a reforma da biblioteca. Alí Oscar fíxonos actividades musicales e xogos moi divertidos. Seguro que despois de esto haberá moitos nenos en asistir ás súas clases. Canto se pode aprender xogando!

domingo, 1 de noviembre de 2009

BENVIDOS











Bueno, ainda que é un pouco tarde, quero dar a benvida a este curso a Sabela, Andrea, María, David, Adrián, Claudia, Carmen, Ángela, Daniel Calvo, Xoel, Daniel Bermúdez, Vicente e Antonio cos que xa estivemos en 1º.E, como non, recibimos con moito agarimo a Alba e Azucena, que comezan este ano con nós. Teño que decir que, a estas alturas, estas dúas nenas están moi integradas xa na clase.




Tedes aquí un pequeno grupo de fotos que fixemos os primeiros días de clase, cando nos adicamos a coñecer o cole: o horto, a biblioteca, aula de música... Espero que vos gusten.