domingo, 21 de marzo de 2010

DÍA MUNDIAL DA AUGA 2010







Cada ano, o día 22 de marzo, celébrase o Día Mundial da Auga.Este ano, ONU-AUGA quere adicar este día á calidade da auga, co fin de demostrar que na xestión dos recursos hídricos, a calidade é tan importante como a cantidade.


No Día Mundial da Auga, debemos entender que a auga limpa é vida, e que polo tanto, as nosas vidas dependen do noso esforzo e traballo por protexer a calidade da auga do noso planeta.Se pinchades no enlace atoparades máis información sobre este tema.


Tamén na web oficial do día da auga podedes ler información sobre como se foi celebrando este día ao longo dos anos, fotos bonitas, posters, vídeos.Podemos aprender cousas moi interesantes.
Aquí vos vai tamén un pequeno vídeo, é moi sinxelo, pero ao mellor sírvenos para reflexionar un pouquiño sobre a importancia da auga.


PLANTAMOS BULBOS

O pasado martes, aproveitando que non facía mal tempo, fomos ata o viveiro do cole. Estivemos mirando as sementes que tiñamos plantadas dende o outono, pero a verdade é que non medraron moitas.Pero non nos desanimamos e imos seguir plantando. Nesta ocasión plantamos uns bulbos. Uns poucos deixamolos no viveiro, e outros poucos levámolos para a clase.Estamos seguros/as de que imos ter unhas flores chulísimas.

sábado, 20 de marzo de 2010

O PASADO

Enlazando coa situación da muller hai uns anos, estamos estudando un pouquiño o noso pasado. Como sempre os nen@s e as familias volcáronse traendo material. Moitas graciñas a todos. Cantas cousas aprendemos desta maneira que non veñen nos libros!Grazas tamén aos compañeiros, en este caso Fina F. e José Mª, que compartiron con nós o seu tempo, o seu saber e o seu coñecemento do museo.Uns nen@s recordarán dúas cousas, outros catro...pero seguro que todos aprenderon cousiñas que non van esquecer.

DÍA DA MULLER 2010

Seguimos con máis actividades para celebrar o Día da Muller. Nesta ocasión, chegaron dende o Departamento de Cultura do Concello una avoa e a súa netiña, coas que pasamos un rato moi entretido. Grazas a elas soubemos como era a vida das mulleres hai uns anos, e que cousas cambiaron para as mulleres de agora.Seguiremos traballando, que aínda queda moito por mellorar.

miércoles, 10 de marzo de 2010

ESCRIBIMOS CON PLUMILLAS

Como estamos có proxecto O pasado, aproveitamos para visitar o museo do noso cole, acompañados por José Mª, que nos explicou moitas cousas interesantes. Tamén tivemos a sorte de que a profe Fina Fernández viñese á nosa clase. Ela sempre escribe con pluma estilográfica e trouxonos unhas plumillas e uns tinteiros para explicarnos como escribían na "vella escola".Poidemos practicar un bo rato e démonos conta do difícil que era escribir sin facer borróns, sen manchar as mans...Pero de tódolos xeitos, nenos e nenas estaban encantados e non querían parar de escribir coa plulmilla.Graciñas José Mª e Fina, porque as vosas explicacións aportáronnos ledicia, saber e aprecio polo noso pasado.

sábado, 6 de marzo de 2010

DÍA DA MULLER-2010

O próximo luns, 8 de marzo,celebramos o Día Internacional da Muller.Sírvenos para lembrar que queda moito por loitar e traballar pola igualdade de dereitos e oportunidades.A igualdade, máis que un dereito xa debería ser unha obligación.Dende a casa e dende a escola temos que traballar a coeducación dos nosos nenos e nenas e colaborar así co esforzo de tantas e tantas mulleres do mundo para chegar á igualdade, conseguir respecto, xustiza e paz.

A profe Angeles, no seu blog remendos, puxo uns contiños moi lindos, que veñen moi ben para este día,e, co seu permiso, vou aproveitar para recomendárvolos.O libro dos porcos xa o traballamos o ano pasado e seguro que o recordades.Se queredes ver Rosa Caramelo, pinchade aquí.Tamén vos gustará ler Arturo e Clementina,pinchade aquí para ler o conto.E se queredes ler máis, entrade en remendos, que é un blog precioso.
Se ademáis de ler vos gusta escoitar música, seguro que vos gustará escoitar está canción de Luar na Lubre,adicada en especial al loitadoras mulleres galegas.



Tampouco está mal, xa que estamos co plurilingüismo escoitar Woman e ver o que John Lenon pensaba das mulleres.


FELIZ DÍA A TODAS AS MULLERES