jueves, 25 de noviembre de 2010

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Eu tamén digo non á violencia hacia as mulleres.

domingo, 21 de noviembre de 2010

DEREITOS DA INFANCIA

Onte, 20 de novembro, celebramos o Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas. O tratado da Convención sobre os dereitos da infancia é un dos máis ratificados a nivel internacional, pero ao mesmo tempo é un dos que menos se respecta e máis se vulnera.Hoxe no Semanal de La Voz de Galicia podíamos ler que " Los menores siguen siendo las victimas silenciosas de la guerra, el hambre y la marginación".Non podemos ignorar isto. Todos debemos coñecer , respectar e defender os dereitos dos nosos nenos e nenas.
Aquí tedes un fermoso vídeo de solidariedade entre compañeiros.Impresiona.Atopeino visitando o blog de Nuria Chinchilla.

sábado, 13 de noviembre de 2010

SIN PALABRAS

Un biquiño moi grande a tódolos nenos "especiais", que nos fan ver que grandes son e que pequenos somos.



E como eu non teño palabras , aquí tedes as de Luis Fonsi.Nunca vos dedes por vencidos.

O CAZO DE LORENZO

Este é un contiño que, con palabras sinxelas e fermosas ilustracións,nos axuda a falarlles das diferencias aos máis pequenos.Cóntanos a historia de Lorenzo, un neno diferente, con dificultades que día a día ten que afrontar para saír adiante.

martes, 9 de noviembre de 2010

OS NOSOS FUNGOS

Este ano, para participar no Concurso de Fungos e Cogomelos decidimos facer dous traballiños. Cunha botella rechea de pedras e unha cartolina elaboramos unha fermosa seta. Polo seu talo colocamos outras setiñas, feitas con paus dos xeados e masa. Pintamos todo con témperas.
Por outro lado, na clase de alternativa, Inés e Carla fixeron un cadro que representaba unha paisaxe. Alí colocaron as súas setas. Fixeron o relevo da paisaxe con pasta de papel.Pintaron con témperas e adornaron os bordos do cadro con folliñas dasque recolleramos para o mural de outono. Pasamolo moi ben facendo esta actividade, ainda que nos deu bastante traballo. O mellor foi que gañamos dous premios. Con eses cartiños mercaremos máis cousas para facer actividades creativas en plástica.

lunes, 8 de noviembre de 2010

A COCIÑAAAR...

Este venres pasado foi o día dos obradoiros de cociña.Os nenos e nenas de 2º fixeron un biscoito riquísimo e nós fixemos unha deliciosa tarta de castañas. Utilizamos a receita da tarta de améndoas que xa fixéramos o curso pasado.É moi sinxeliña. Mezclamos nun cunco 250 g de castañas crudas moídas, 230 g de azucre, un sobre de levadura e 5 ovos. Ao forno uns 45 minutos e listo.Por certo, encantoume o estilo que teñen os nenos e nenas có batedor de varillas.Nótase que xa fixeron algún que outro obradoiro de cociña.

jueves, 4 de noviembre de 2010


Hoxe, 4 de novembro, celebramos por primeira vez o Día da Ciencia en Galego. Este ano está adicado ao astrónomo e matemático galego Ramón María Aller, ao físico escocés James Clerk e tamén a Alfonso X O Sabio.Unímonos a esta iniciativa, xa que estamos plenamente convencidos de que a ciencia en galego é posible e ademáis necesaria.