lunes, 28 de noviembre de 2011

LET´S SING

Xa sabíamos que Mariam debuxa moi ben. Ademáis imos aprendendo que cantando tampouco o fai mal. Con qué máis nos sorprenderá?

miércoles, 23 de noviembre de 2011

PARA TODAS AS MULLERES

E seguindo cós Días de..., non debemos esquecer que o próximo venres é o Día da Non violencia contra a muller. Triste día se pensamos que no que vai de ano, unhas 53 mulleres morreron asasinadas polas súas parellas. Mágoa que algunhas persoas non entendan a diferenza entre querer e poseer. Agustín García Calvo (Canciones y soliloquios, 1982) escribiu un pequeno e fermoso poema, ao que lAmacio Prada deulle forma de canción.Aquí queda , adicado a todas as mulleres e homes que aman ás mulleres.
Libre te quiero,
como arroyo que brinca
de peña en peña.
Pero no mía.

Grande te quiero,
como monte preñado
de primavera.
Pero no mía.

Blanca te quiero,
como flor de azahares
sobre la tierra.
Pero no mía.

Pero no mía
ni de Dios ni de nadie
ni tuya siquiera.



DÍA MUNDIAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Hoxe estivo no cole Antonio Teijeiro.Aprendemos moitas cousas e púxonos a pensar no importante que é manter os nosos bosques. Falounos da diferencia entre un bosque e unha plantación de árbores (debaixo dunha plantación apenas hai vida, mentres que nun carballo poden vivir ata 1500 insectos e animaliños diferentes). É fundamental que coidemos as nosas árbores, por moitos motivos: fan de colchón e esponxa para termar da auga, aportan osíxeno, son unha grande fonte de recursos para os homes : madeira, manciñas naturais... Precisamos saber máis para poñernos mans á obra???

CAMPO A TRAVÉS



O venres 18 de novembro , os nen@s do cole, dende 2º ata 6º, foron ata a Fraga para participar na carreira de campo a través.O tempo axudou e ainda que houbo algunhas caídas, voltaron ao cole sans e salvos. Pasarono moi ben (aínda que a organización, como vén sendo habitual,parece non ter ni para darlles algo de beber).Graciñas profe Pedro, por levarnos.

viernes, 18 de noviembre de 2011

Dereitos dos nenos e nenas

O próximo día 20 de novembro celebraremos o Día dos Dereitos internacionales dos nenos e nenas.Aquí vos queda o libriño que fixemos con este proxecto. Tedes que perdoar, que é a primeira vez, que faigo un issu. O próximo seguro que o faremos mellor.

domingo, 13 de noviembre de 2011

TEMOS INVITADOS

Este xoves foi un día fantástico. Un grupiño de 5 nenos do cole Terra de Ferrol, estiveron parte da mañá con nós na clase.Cando chegaron presentáronse e rápidamente se quixeron poñer a pintar coas témperas.Temos colgados na clase os debuxos que fixeron.Despois, todos xuntos , coloreamos uns avións e uns barquiños que nos fixo o profe José Mª (Graciñas José Mª). Logo, como empezaban a cansarse fomos ao patio, onde poidemos comprobar que eran uns expertos xogando ao fútbol. E, por suposto, tamén os invitamos a visitar a nosa biblioteca. Alí, máis que os libros, gustáronlles os ordenadores.Moitas graciñas a eles a ás súas mestras por permitirnos compartir este día.




MAGOSTO 2011

O pasado venres, día 4 de novembro, celebramos o Magosto no noso cole.Grazas á colaboración da ANPA, poidemos degustar unhas exquisitas castañas, acompañadas de batidos ou auga. (asadas no lume, que boas estaban!!!)Logo, o profe Pedro preparounos uns xogos no pavillon e pasámolo xenial. Tivemos carreiras de sacos, carreira da fogaza, zancos e cordas, o pano, brilé.Ata os profes se animaron a xogar!




jueves, 3 de noviembre de 2011

QUERÉMOSTE MARIAM

Mariam xa leva un mes con nós. Cada día que pasa imos coñecendo máis cousiñas acerca dela. Sabemos que toca o violín, que canta moi ben (ata se apuntou á rondalla)...No cole axúdanos con todo: ensínanos palabras e expresións novas, o mesmo debuxa un mural que fai letras preciosas, cántanos cancións...e sempre ,sempre, cun sorriso encantador. Por todo iso....QUERÉMOSTE MARIAM.




DO YOU LIKE IT?

E outra sesión con Mariam. Cada vez os nenos e nenas teñen máis ganas de falar con ela e preguntarlle cousiñas. Esta vez, coas siluetas das nosas mans , recortadas e pintadas con témpera fixemos unhas árbores . Logo untamos con cores de outono os nosos dediños e fixemos as folliñas.Quedounos moi bonito. E ademáis , Mariam ensinounos unha fermosa canción para aprender os nomes dos dedos en inglés
Démoslle á imaxinación, e transformamos unha "chestnut" que nos pasou a "teacher" Ángeles en superheroe, pop-star, princesa...Pasámolo xenial.E por se fora pouco, os nen@s maiores preparáronnos unhas doces "spiders " que estaban riquísimas. Graciñas.




miércoles, 2 de noviembre de 2011

CONCURSO DOS FUNGOS 2011

Este ano, para o concurso de Fungos decidimos facer un reloxo cun tapacubos. Marian díxonos que en inglés se chama "hubcap"(Canto estamos aprendendo!!).O profe José Mª, deunos unhas ideas para poñer os números e pintalo e puxémonos mans á obra. Levounos varios días, pero non quedou mal...e....YUPI!!!, déronnos un premio.Isto anima para seguir traballando o ano que vén.
Noraboa a tódolos nenos e nenas de Infantil, Primaria e ESO que tamén recibiron premios.

PLANTANDO, PLANTANDO

Antes de que outono nos trouxese a choiva, aproveitamos, como tódolos anos, para ir ao viveiro plantar algunha cousiña. Este curso decidimos plantar carballos, acivros e loureiros.Estivemos moi organizados e rematamos prontiño. Temos que dar as grazas a José Antonio, que nos axudou a regar cando rematamos.Nuns días iremos ver se prenderon.