domingo, 26 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS-13

O día 21 de maio, celebramos o noso Festival das Letras Galegas, no Auditorio Alovi. Nesta ocasión participaron os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria. Foi moi entretido, e houbo un pouco de todo: bailes, teatro, parodias, recitado de poemas...
Nós, xunto cós alumnos de 4º de Primaria, fixemos unha obra de teatro, titulada "Coida a lingua" e un baile que nos preparou a profe Marita, "O parampampero", de Mamá Cabra. Quedan aquí os vídeos para que vexades que ben o facemos.







lunes, 20 de mayo de 2013

CONCURSO DE RECICLADO-2013

Este ano, para o concurso de reciclado que convoca a Aula de Medio Ambiente, traballamos un montón.

  • Fixemos uns monstros  con madeiras e pinzas , para suxeitar papeis, panos. Como nos gustaron moito, ademais de facer dous colectivos,cada neno/a fixo un máis pequeniño, para levar para a casa.
  • Como tiñamos moitas culleriñas de xeado, de moitas cores, utililzámolas para facerlle un marco a un espello, que quedou moi chulo.
  • Logo, en colaboración có alumnado de 4º, fixemos un fantástico mural de Amiña, a nosa tartaruga, mascota da Aula de Medio Ambiente. Utilizamos tapóns de plástico de diferentes cores. Quedou espectacular.
  • E, por suposto, como nesta clase hai nenos e nenas moi traballadores, houbo quen se animou a facer na casa traballos individuais, que quedaron ben bonitos.
Non sei se este ano gañaremos algún premio, porque hai traballos preciosos. Pero pasamos uns ratos moi entretidos, tamén con Marian, facendo estes traballiños.


A NOSA VILA

Imos aprender cousas acerca da nosa vila. Seguro que moitas as coñecemos, pero outras vannos sorprender. Podemos ir buscando información nas páxinas seguintes.

Se clicades na imaxe, poderedes entrar na web do noso concello.


Aquí tamén podedes atopar noticias e información de As Pontes e do noso lago.




Dentro da páxina anterior, tedes esta , en particular, enfocada ao turismo. Mirade que paisaxes máis fermosos podedes atopar na nosa contorna.


E aquí queda este fantástico vídeo, para rematar esta mostra da nosa vila.


sábado, 18 de mayo de 2013

O VÍDEO DE ESTELA, INÉS E ANXO

Como sabemos que tedes moitas gañas de ver os vídeos dos premiados no Certame de As Boliqueiras, aquí vai o primeiro. Mirade que artistas!!

martes, 14 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS - 2013

Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño. Podemos aprender cousas sobre el, consultando estos recursos.
No Seminario Galán sempre preparan material interesante. Clicade na imaxe para velo.


No blog de Ana, Aula Tic podedes atopar un montón de recursos, como este Brincaletras, do espazo Abalar, que me pareceu moi simpático.



No blog do Departamento de Orientación do CEIP Conde de Fenosa, teñen recopilados unha grande cantidade de recursos para traballar as nosas letras. Clicade na imaxe e veredes.






viernes, 10 de mayo de 2013

CERTAME LITERARIO "AS BOLIQUEIRAS"-2013. ARRASAMOS!!!

Pola mañá recibimos unha estupenda noticia. Como todos os anos participamos no certame "As Boliqueiras", no noso concello. E este ano ía adicado ao teatro e, como somos moi teatreiros...ARRASAMOS!!!. Na nosa categoría, 2º Ciclo, levamos todos os premios:

3º Premio: Para Manuel, Alex, Jesús e Juan,polo seu traballo " O cabaleiro e o tesouro perdido".
2º Premio: Para María, Carla e Ángela, polo seu traballo "As fadas de azucre".
1º Premio: Para Inés, Estela e Anxo, que grabaron unha preciosa historia de títeres e nos fixeron ir rumbo a París. Este premio foi compartido cuns nenos do cole Santa María, que tamén fixeron un fantástico traballo.
Dámoslle as graciñas á profe Marita, que tanto traballou con eles e as familias que tan activamente colaboraron na organización e elaboración das grabacións.
Felicitamos dende aquí tamén aos nenos de 5 anos e á súa profe Angeles, que acadaron o segundo premio na na súa categoría. Parabéns tamén ao alumnado de 4 anos e á súa profe Oliva, que gañaron o primeiro premio de E. Infantil. Espléndidos os traballos que fixeron. Non podían ser máis lindos.

Estupendo tamén o traballo dos nenos de 2º de E. Primaria, que obtiveron o 2º premio na súa categoría ( 1º Ciclo). Un traballo chulísimo!!.Noraboa a todos e á súa profe Berta.
E para os nenos e nenas que non obtiveron premio, que non se desanimen. Todos os traballos eran moi bonitos e seguro que a próxima vez terán máis sorte. Animo a todos e a seguir "Teatrando".