Rematamos por este curso as clases de xadrez, con Rafa. Resultou unha experiencia interesante, aprendemos, disfrutamos, colaboramos... Xa somos grandes xogadores!! Moitas grazas Rafa, por ensinarnos tanto e ter tanta paciencia con nós. Esperamos poder seguir có xadrez no vindeiro curso.
domingo, 29 de mayo de 2016
viernes, 20 de mayo de 2016
PLUMILLAS E BRAILLE
Outra das actividades que fixemos na Biblioteca do cole para celebrar o Día das Letras Galegas, foi tratar de escribir o noso nome en Braille, utilizando a máquina Perkins. Tamén tentamos esciribir cunhas plumillas e tinta, que nos deixou o noso compañeiro José Mª. Non era nada doado!! Pero foi unha experiencia moi interesante e quedamos con ganas de volver a facelo.
Saúl estivo na nosa clase, para ler o poema de Manuel María , en Braille, que xa lera no Liceo. Que ben o fixo! Moitas graciñas Saúl.
Saúl estivo na nosa clase, para ler o poema de Manuel María , en Braille, que xa lera no Liceo. Que ben o fixo! Moitas graciñas Saúl.
jueves, 19 de mayo de 2016
LETRAS GALEGAS NO LICEO - 2016
O Día das Letras Galegas, acudimos ao Liceo, para recitar e expoñer os nosos traballos relacionados con Manuel María. Comezou a tarde con Música do grupo de gaitas Alfaia. Logo os nenos e nenas dos diferentes coles fixeron os seus recitados. a continuación, algúns membros do grupo poético Alalá, leron poesías de Manuel María, xunto con outras de elaboración propia. Rematamos coa música de Alfaia e acompañámolos cantando o himno galego. Cynthia e Érika emocionáronnos có seu traballo sobre o seu bisavó, Xosé Luís García Mato, gran poeta e bo amigo de Manuel María. Saúl mantívonos moi atentos mentres nos lía, en Braille, o seu poema. Remataron a actuación do noso cole, as alumnas de 1º da E.S.O.: Mireia, Alicia, Silvia e Carmen.
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2016
Celebramos no Alovi o Festival das Letras Galegas. Xunto có alumnado de 3º representamos "Camiñando con Manuel María", unha obriña que descargamos da páxina da Casa Museo de Manuel María, e que adaptamos un pouquiño aos nosos alumnos. Cantamos e bailamos e fixémolo moi be4n. Saiu ben bonita. Noraboa a tod@s os artistas.Aquí quedan algunhas fotos.
miércoles, 11 de mayo de 2016
LETRAS GALEGAS 2016
Se vos pasades polo blog da nosa biblioteca, BIBLOCAXADO, atoparedes moitos recursos para traballar na clase e na casa a este gran autor que foi Manuel María.
Alí podedes observar tamén os carteis que elaboramos entre todos os cursos do cole. Todos son preciosos. Este é o que fixemos conxuntamente có alumnado de 3º. Non deixedes de pasar polo blog da biblio para ver os que fixeron os outros cursos. Menudo traballo!! Noraboa a todos e todas.
BOLIÑAS DE CHOCOLATE
O mércores, na hora de alternativa, traballamos o conto de Amalia e Amelia, dúas nenas que, aínda que por fora eran diferentes, por dentro tiñan moitas cousas en común: gustáballes o mesmo cantante, o mesmo postre, as mesmas comidas... Pensamos que era bon tratar de representar isto cunhas boliñas de chocolate e organizamos un obradoiro de cociña para o venres.
Para facer os nosos doces empregamos:
30 biscoitos alargados ben trituradiños, 15 culleradas de leite condensada, e 300 g de chocolate moido en pó.
Mesturamos todos os ingredientes e metímolos uns 15 minutos a arrefriar na nevera. Despois fixemos boliñas pequenas e rebozámolas, unhas en azúcar glas e outras en galleta tostada triturada. A unhas chamámoslles Amalias e a outras Amelias. Mirade que chulas quedaron.
Por fora eran diferentes, pero por dentro eran iguales. E tanto unhas coma as outras estaban boísmas, non deixamos ningunha.
Este contiño e esta actividade, recollémola deste libro:
miércoles, 4 de mayo de 2016
EXHIBICIÓN SOLIDARIA DA GARDA CIVIL
Hoxe participamos nunha actividade moi interesante e divertida: unha exhibición solidaria da Garda Civil. Xuntámonos no Canle IV, preto do noso cole, uns 2000 nenos e nenas. Todo estaba moi ben organizado : cada grupo de alumnos , ía acompañado dun garda. Poidemos ver e subir nas motos, nos coches, nas lanchas, no helicóptero. Vimos tamén as principais ferramentas que usa a Garda Civil no seu traballo diario, como funciona a policía científica...Pero casi que o que máis nos gustou foi a exhibicion dos cans policías: que maneira de detectar drogas ou explosivos, como participan no rescate de persoas...IMPRESIONANTE.
Aproveitamos tamén para achegar ata a carpa de CÁRITAS, alimentos e produtos de aseo que lle serán entregados a xente necesitada.
Dende aquí queremos felicitar á Garda Civil polo fantástico da súa exhibicion e o pola estupenda organización.
Aproveitamos tamén para achegar ata a carpa de CÁRITAS, alimentos e produtos de aseo que lle serán entregados a xente necesitada.
Dende aquí queremos felicitar á Garda Civil polo fantástico da súa exhibicion e o pola estupenda organización.
Sinto non ter máis fotos, pero....quedei sin batería!
lunes, 2 de mayo de 2016
PLAN DE AUTOPROTECCION
Rematado o Plan de Autoprotección do noso cole, só nos queda poñelo en practica. Para formarnos aos profes e personal da comunidade educativa, estiveron con nós un médico, que nos falou de primeiros auxilios, e unha representante de enpresa Previnem, que nos explicou o que teriamos que facer en caso de evacuación do cole ou confinamento no seu interior.
Na clase aproveitamos para ver este vídeo que tedes a continuación. Temos que estar preparados por si....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)