viernes, 31 de octubre de 2008

UNHA PEQUENA CONVERSA

Onte estivemos facendo un traballiño na clase de Plástica .Os nenos e nenas estaban moi entretidos coloreando e recortando. Entón empezou a chover con moita forza. Escoitouse un trono. Os rapaces comenzaron a falar entre deles. Logo dun anaquiño, puxen a orella e puiden escoitar cousas tan lindas coma estas:
-Jobá! Que tormenta!
-Menos mal que temos teito.
-Se non teríamos que meternos debaixo da mesa.
-Ou escondernos nos roupeiros.
-Claro, porque se mollamos a cabeza ablándasenos o craneo, e despois o cerebro e despois...
-Pero iso non vai pasar, porque xa hai algo para as tormentas, algo así como as placas solares.

Bueno, pois a conversación prometía. Lástima que ía tocar a sirea e tiñamos que recoller. Encántame escoitar estas conversacións espontáneas dos nenos e nenas.

CONCURSO FUNGOS

Outro ano máis imos participar no Concurso de Fungos e Cogomelos organizado polo Concello.Este ano decidimos facer unha setiña con recortes de teas.Deunos bastante traballo, porque tivemos que facer moitos recortes, pero creo que o resultado valeu a pena. Quedounos un traballo ben bonito. Ahí van unhas pouquiñas fotos para que vexades.



Por certo , hoxe comunicáronnos que gañamos un premio coa nosa setiña.YUPI!!NORABOA RACES E RAPAZAS DE 1º

miércoles, 22 de octubre de 2008

O NOSO CORPO

Estivemos levando a cabo un pequeniño proxecto titulado O NOSO CORPO. Os nenos contáronme cousiñas moi simpáticas que xa sabían do corpo, e a partir de ahí surxeu a necesidade de aprender outras cousas novas. A verdade é que pasamos uns días moi entretidos. Primeiro recopilamos información, nas casas, na biblioteca do cole, nos ordenadores..., límola e comentámola. Tamén trouxemos radiografías que nos permitiron ver como eramos por dentro. Escoitamos o noso corazón cun estetoscopio, fixémolo antes e despois de correr pola clase. As carreiras na clase molan mogollón.Miramos as nosas huellas dactilares cunha lupa, pintamos, xogamos a recoñecer obxectos e compañeiros cos ollos pechados, saboreamos cousas doces, amargas...Eu aprendín e disfrutei moito con esta experiencia e espero que cada un dos nen@s aprendera polo menos algo que antes non sabía, e que o aprendera pasándoo ben

XA NOS IMOS COÑECENDO

Bueno, pois xa levamos un mes de cole e xa nos imos coñecendo un pouco. O primeiro día empezamos o cole con 13 alumn@s:Sabela, María, Claudia, Adrián, Dani C., Vicente, Dani B.,Carmen, Antonio, Xoel, Angela, David e Andrea. A última hora da mañá, chegou unha nena nova, Mónika, procedente de Bulgaria. Os primeiros días non foron moi fáciles. Eu tiven que amoldarme a un curso novo e custoume un pouquiño. Tamén eles notaron o cambio de E.Infantil a Primaria. Agora temos patio con pedras(que diver lanzarllelas aos compañeiros!!), os baños están fora da clase e encántanos saír, os roupeiros teñen portas e podemos deixar encerrados aos compañeir@s...Un mes despois, a situación cambiou un pouquiño: eu síntome a gusto con este curso, xa lles teño moito cariño, non teño que poñerme tan seria como ao principio,disfruto aprendendo con eles. Tamén eles mo poñen cada día máis fácil: pórtanse moi ben, participan activamente nos traballos da clase, cada día traballan máis e mellor...E Mónika cada día aprende palabras novas e cada vez nos podemos comunicar mellor con ela!!