domingo, 30 de noviembre de 2008

FACEMOS PAN

Este luns pasado fixemos unha actividade moi interesante. A avoa e a mamá de Vicente fixeron masa de pan. Por suposto que Vicente lles axudou moito. Logo na clase,explicáronnos como a fixeran . Botámola enriba da mesa, e , despois de untar as mans con fariña, cada neno e nena amasou o seu boliño. Algúns fixeron boliños preñados, xa que a mamá de Vicente trouxonos anaquiños de chourizo. Tamén nos axudou moito a mamá de Carmen. Logo uns poucos metímolos no forno que temos no cole.Outros cocéronse na casa de Vicente, porque eran moitos e se non non rematabamos para o recreo.Cando chegou o recreo...ESTABAN BOÍSIMOS!!

lunes, 10 de noviembre de 2008

MAGDALENAS DE CASTAÑAS

O fin de semana adiqueime á repostería. O meu marido Nardo e o meu fillo Daniel colaboraron comigo na elaboración duns doces feitos con castañas. A receita viña a semana pasada no xornal La Voz de Galicia. Non nos saíron mal e tiñan bon sabor . Decidín levarlles a proba aos nenos e nenas de 1º, xa que tamén era un alimento feito con produtos de outono. Todos e todas as comeron, aínda que Sabela e Daniel Bermúdez poñían caras un pouco raras.

FROITOS DE OUTONO

Na clase temos unha pequena exposición de produtos típicos do outono, que os nenos e nenas foron traendo. Tamén aproveitamos para relacionalos co tema dos alimentos que estamos a traballar neste momento.Algúns son perecedeiros, coma as uvas que nos trouxo Vicente. Aproveitamos para comelas antes de saír ao recreo. Estaban boísimas. Tamén lles gustou moito ver os grans de trigo. Abrimos algúns e puideron ver dentro a fariña.Encantoulles

O MAGOSTO

O venres pasado celebramos o Magosto no cole. Como cada ano aprendemos cancións, debuxamos, comemos castañas asadas ...Despois do recreo, fixemos unha xornada de xogos: os zancos, o paracaídas...Pasámolo xenial. Tivemos moita sorte co tempo. comezou a chover cando xa ía sendo hora de rematar.