domingo, 29 de marzo de 2009

VISITA A LEDICIA

O xoves despois do recreo, fomos ata a floristería Ledicia.Acompañounos Ana, a mamá de Carmen.Foi unha visita moi proveitosa. Isabel ensinounos moitas cousas:
-Que hai plantas como os felgos que se reproducen por esporas.
-Que outras nacen de bulbos.
-Tamén aprendemos que hai plantas aéreas, que non precisan terra para vivir, Que curioso!
-Algunhas plantas, como o aloe vera, son medicinais e serven para curarnos algunhas enfermidades.
-Hai algunhas plantas que son carnívoras e coas súas folliñas atrapan insectos que logo lles serven de alimento.
-O cactus é moi simpático. As súas follas son pinchos; así non lles da tanto sol e non se queiman no deserto,ademáis de servilles para defenderse. Que pillinas!
Por riba, Isabel regalounos un cactus a cada un e uns caraveis. Así seguro que outra vez repetimos.GRACIAS POR TODO ISABEL.

A TÍA DE ANTONIO


O xoves pasado a tía de Antonio veunos ensinar un vídeo e unhas fotografías que lle fixo aos seus animais.Ten moitísimos: galiñas, coellos ,faisáns,cans,pavos, patos, ocas, pombas,porquiños...Gustounos moito, ainda que parece que ese día as cousas non querían funcionar. a pizarra dixital non nos quixo facer moito caso, e o portatil quedou sen son. De todos modos, Pili, a tía de Antonio, deixounos unha copio do vídeo e tentáremos velo outra vez, para poder escoitar os ruidiños dos animais. GRACIAS POR TODO PILI.

sábado, 28 de marzo de 2009

DÍA DA MULLER



O día 8 de marzo, celebramos o Día internacional da muller. Dende o concello organizaron actividades para os escolares. A nós viñéronnos contar unha historias moi divertidas que nos fixeron reflexionar sobre o tema.

Despois na clase limos un libro fermoso que nos recomendou a profe Dulce e que nós vos recomendamos a todos:O LIBRO DOS PORCOS, de Anthony Browne.Tedes aquí unha imaxe da portada do libro.Observándoa e logo de ler o libro, os nenos e nenas decían cousas como estas:

David: Os fillos e o pai están subidos enriba da nai.

Angela: Porque a nai sempre carga con todo.

Carme: E á nai pésanlle moito!

David: Ela parece a máis traballadora.

Angela: A min o libro gustoume, pero cando apuraban á nai non me gustou nada.

Carmen: A min non me gustou tampouco daquela.Non hai que apurar tanto ás nais, aínda que chegaran un pouco tarde á escola. Ao final, o libro gustoume moito.

Dani: Gustoume todo, porque eles eran uns porcos.

Andrea: As páxinas en que non facían nada non me gustaron, pero as outras gustáronme moito.

David: Gustoume o final, porque colaboraron todos.

Antonio: A min gustoume máis o final ca o principio.

Loli: A min encantaríame que de maiores seguirades todos e todas pensando así.