miércoles, 17 de junio de 2009

EXCURSIÓN A CARIÑO

O día 11 de xuño fomos de excursión a Cariño. Como moitas outras veces compartimos viaxe cos nenos e nenas de 2º curso e a súa profe Fina. Tamén nos acompañaron os profes Pablo e Digna que,ademáis de axudarnos, fixeronnos pasar moi bos ratos.

Cando chegamos a Cariño, embarcamos no Aula do Mar e José Miguel explicounos como funcionaban os chaleques salvavidas POR SI ACASO. Explicounos cousas moi interesentes:

-As rochas que estábamos vendo parece que son das máis antigas do mundo.

-Podemos ver moitas aves mariñas, como gaivotas e cormoráns.Estaban moi simpáticas enriba das rochas poñendo a súa plumaxe a secar.

-Pasamos polos Tres Aguillóns e pasamos do mar Cantábrico ao Océano Atlántico. Alí si que se movía un pouquiño máis o barco.

-Chegamos ata o Cabo Ortegal e vimos o faro dende o mar.

A viaxe en barco foi preciosa, as vistas son impresionantes e a única pega que temos e que se nos fixo moi curta a estancia no barco. Estamos dispostos a repetir.



DIA DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celebramos o Dia do Medio Ambiente.Tiñamos pensado facer unha pequena plantación, pero o tempo non nos permitiu facer tal cousa. Daquela tivemos a sorte de poder contar con Lurdes e facer un pequeno Obradoiro de Plástica, xunto cos nenos e a profe de 2º. Lurdes ensinounos a facer cousas fermosas con papeis de xornal ou folletos de propaganda. fixemos unhas flores moi sinxelas, que quedaron moi bonitasl. Logo ensinounos a facer cestiños, aínda que facer os "churriños" coas follas do periódico non lles resultou nada fácil aos nenos e nenas e ...tampouco ás profes.Todavía nos quedou pendiente facer unhas bolboretas con papeis e palliñas, que faremos un día destes.

martes, 2 de junio de 2009

UN MAIO BEN COMPLETO

Este mes de maio foi ben completo, e estivo cheiño de actividades. Aquí tedes algunhas delas:

-Fixemos unha viaxe á Coruña, ao IES Cruceiro Baleares,para ver a obra de teatro Hansel e Gretel.Estivo moi entretida, e os actores eran auténticos profesionais. Pasámolo moi ben.







- Tamén celebramos o Día das Letras Galegas.Como xa é costume fixemos un festival na Casa Dopeso.Os nenos e nenas de 1º fixeron un recitado do poema "As cores da vida", e quedoulles moi ben.Felicidades a todos e grazas polo voso esforzo. Os demáis cursos tamén fixeron cousas preciosas, dende os pequenos ata os maiores, que ata nos fixeron trucos de maxia.



-Celebramos o 25 aniversario do noso cole, que rematou cunha gran comida, nunha carpa instalada no patio do cole, o día 23 de maio.Pero non todo quedou ahí. fixéronse exposicions de fotos nos corredores, de libros na biblioteca, charlas didácticas, concertos , teatro, visita dos futbolistas David Rochela e Adrián López...Para rematar, os nenos e nenas de 1º,2º e 3º, os titores o profe Pablo,e unha veciña do lugar, Marina,. fixemos un roteiro polo Freixo. Chegamos en autobús ata a Igrexa do Freixo.Logo fomos andando ata un lugar chamado Os Feros.Como non podía ser doutra maneira, paramos a merendar, beber e xogar un pouquiño. Finalmente, subimos ao cumio do Caxado (757 m)