viernes, 27 de mayo de 2011

VAI BO TEMPO.IMOS PLANTAR

Vou contar un pouco do que fixemos estes días, porque xa me reñeu Estela, por levar unha boa temporada sen poñer ningún traballo novo no blog. Pero é que se achega fin de curso e andamos liados con moitísimas cousas e non sempre hai tempo...Bueno, pois como estivemos có tema das plantas, fixemos experimentos sinxelos na clase.Metemos un caravel branco nun frasco con auga tinguida de azul. Outro metémolo en auga vermella. Comprobamos que pasados dous ou tres días os caraveis cambiaban a súa cor e volvíanse da cor da auga na que estaban. Quixemos ser máis arriesgados e partimos á metade o talo doutro caravel branco.Puxemos cada metade nun dos frascos anteriores. Viase perfectamente nuns días que o caravel se volvía metade azul e metade vermello.
Tamén comprobamos como as plantas necesitaban a luz. A unha plantiña que tiñamos na clase, tapámoslle unha folla con papel albal. Aos poucos días, aínda que a planta estaba ben verde, ao destapar a folla vimos que estaba moito máis blanquiña.


Coa axuda da profe Fina fomos ao horto do cole e plantamos 3 tomateiras nunhas macetiñas e máis 3 matas de frambuesas. Nuns días iremos ver se prenderon e medraron.




E, por último, este xoves fomos xunto cos nenos e nenas de Infantil e 2º, á Casilla do Bañal, onde plantamos un montonazo de buxos, arredor dunhas estacas, que ,cando medren van ter a forma da nosa tartaruga da Aula de Medio Ambiente.

No Bañal aproveitmos para que os nenos e nenas estrenasen a cámara de fotos que gañamos no concurso de reciclado do cole. Mirade que fotos fixeron.Están feitos uns profesionais.




domingo, 8 de mayo de 2011

CONCURSO AS BOLIQUEIRAS

Nesta ocasión, os nenos e nenas de 1º, orientados pola profe Marita, elaboraron un fermoso libro sobre Castelao.O xurado decidiu que debía levar o primeiro premio na súa categoría. Este venres pasado, acudimos ao Alovi, para recoller o noso premio, e, como non, saltamos ben para celebralo..Tamén os pequenos de 4ºde Infantil e os de 3º de Primaria tiveron o seu premio. Noraboa a todos/as.