viernes, 21 de diciembre de 2012

lunes, 17 de diciembre de 2012

HISTORIA DO APALPADOR

Esta é a historia do Apalpador contada por uns nenos e nenas do CEIP de Xuvencos. Graciñas a eles por compartir os seus traballos.

O APALPADOR

O Apalpador é un velliño moi vello que vive aló polo Courel e Os Ancares. O seu oficio é carboeiro. Cando chega o Nadal, baixa ás aldeas e vilas , entra nas casas onde durmen os nenos e nenas para palparlles a barriguiña e ver se están mantidiños. Ao tempo que lles desexa que non pasen fame no vindeiro ano, deixalles unha presa de castañas ben quentiñas.


domingo, 16 de diciembre de 2012

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Mirade que fermosa nos está quedando a árbore de Nadal que estamos a facer os cursos de 3º e 4º de primaria. Se queredes ver como o fomos facendo, ollade no noso blog da sección bilingüe  Learning with you.

jueves, 13 de diciembre de 2012

TÓCANOS PLANTAR

Este curso fixemos dúas plantacións diferentes. Tiñamos algunha semente e, como o tempo non estaba moi bo, pedímoslle ao noso conserxe José Antonio, unhas macetiñas con terra e fixemos a plantación na clase. Entre outras cousas plantamos romeu, mazás...e unha planta que trouxo María, "Clavel del Moro",que parece que funciona como insecticida ecolóxico. Veremos o que sae de ahí.
Uns días despois, fomos a plantar, co alumnado de 4º e a súa mestra Fina, unhas abeleiras que nos trouxo a nosa administrativa Yeny. Logo de plantalas, metémolas no invernadoiro. A ver se desta vez conseguimos que nos medre algunha.

lunes, 10 de diciembre de 2012

ODAIKO PERCUSSION GROUP

Esta mañá asistimos ao espectáculo de ODAIKO PERCUSSION GROUP no Auditorio Alovi. Nesta ocasión os membros do grupo entraban nas escolas para escenificar un percorrido musical , dende os inicios da humanidade ata o home moderno. Foi un espectáculo moi interesante,no que os nen@s estiveron en todo momento atentos e amosando curiosidade polas actuacións do grupo. Un concerto moi creativo e moi adaptado ás idades do alumnado. Felicitamos e damos as grazas ao Concello por ofertarnos este tipo de actividades.

martes, 27 de noviembre de 2012

BLOG DA ANPA

A ANPA do cole acaba de estrenar o seu blog, coa intención de mellorar a comunicación no seo da comunidade educativa. Dende aquí animámosvos  a botarlle unha ollada, participar e deixar comentarios (senta estupendamente recibilos). Podedes velo se clicades na imaxe e tamén na lista dos blogs amigos da dereita.


domingo, 25 de noviembre de 2012

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2012

Eduquemos na igualdade para conseguir un mundo sen violencia.


Xogamos á OCA DA CONVIVENCIA




viernes, 23 de noviembre de 2012

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS -2012

Celebramos hoxe o día dos bosques autóctonos. Con este motivo, os rapaces e rapazas convertíronse en árbores ( castiñeiros, pradairos, acivros ...), e pensaron que dereitos debían ter. Aquí tedes o resultado.

martes, 20 de noviembre de 2012

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA


Hoxe, 20 de novembro, celebramos o Día Universal do Neno. Neste día recordamos que debemos seguir na loita para que se cumpran os dereitos de todos os nenos e nenas, independentemente da súa nacionalidade, sexo, relixion ,para que todos teñan igualdade de oportunidades, alimentación, educación, protección e coidados, A nosa compañeira Ana, (Aula Tic), atopou este bonito vídeo no blogue da Biblioteca Gregorio Marañón e có seu permiso imos utilizalo. Espero que vos guste.

domingo, 18 de noviembre de 2012

martes, 13 de noviembre de 2012

VISITAMOS A DOMUS

Os museos científicos coruñeses celabran a semana da ciencia do 12 ao 18 de novembro. Ao longo desta semana a entrada é gratuita na Domus, Casa das Ciencias e no Aquarium Finisterrae. Aproveitando que estamos traballando na clase o corpo humano, e que os pequenos de 4 e 5 anos tiñan pensado visitar a Domus, unímonos a eles . Foi un día espléndido. Tíñamos a Domus practicamente para nós soíños. Deunos tempo e ver , tocar , experimentar...Estos nenos e nenas merecen un aplauso moi grande, porque se portaron moi ben.Biquiños a tod@s.

viernes, 9 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

Por fin chegou o magosto. Este ano"copieteamos" a castaña  tan fermosa que o curso pasado nos trouxeron os alumnos e as profes do cole Terra de Ferrol. Pasámolo xenial cosendo (Que ben cose Alex!!!). As castañas estaban boísimas, Moitísimas grazas a os pais e nais ( algúns viñan coas caras ben coloradiñas de asar as castañas no lume).
Para rematar a festa , o profe Pedro preparoounos uns xogos estupendos no pavillón: a corda, a ra, os zancos...Así da gusto vir ao cole.

domingo, 4 de noviembre de 2012

REPASAMOS OS SENTIDOS

Con este xogo,podemos repasar todos os sentidos. Espero que vos guste.


miércoles, 31 de octubre de 2012

OS NOSOS MEDOS

Por fin chegou o día. Imos celebrar o Samaín. A nosa clase parecía un cole de monstros, cos nenos e nenas disfrazados. Había bruxas, arañas, muñecas góticas...e ata un esqueleto.
Coa profe Marita fomos á biblioteca. Alí poidemos ver como quedou rematado o Comemedos. Está  "espectacular". Aproveitamos para darlle os medos que levábamos escritos, para que os zampe e acabe con eles. Logo limos en voz alta un conto de medo e uns poemas, para todos os alumnos e profes que estaban na biblio e que nos quixeron escoitar.

Á volta do recreo, no patio, fixemos un círculo coas cabazas que adornamos estes días. No medio había unha gran tina e alí se presentou o Comemedos, cargadiño cós medos de todos os nenos e nenas do cole. O bruxo Paco, leu o Conxuro do Comemedos  e os medos empezaron a arder na tina. Ruxen no lume os nosos medos. Esvaécense para sempre das nosas mentes e dos nosos corpos.

CONCURSO DE FUNGOS 2012

Hoxe, ademáis de celebrar o Samaín, cando xa estaba rematando a clase, levamos unha grande alegría. Moitos nenos e nenas do cole foron premiados no Concurso de Fungos e Cogomelos organizado este ano polo Concello. Na nosa clase obtiveron premio María , Estela  e Anxo. Noraboa a tod@s, porque os traballos eran preciosos e especialmente aos gañadores.

domingo, 28 de octubre de 2012

OS SENTIDOS: O OÍDO


E seguimos aprendendo cousas dos sentidos. Agora tócalle ao oído.



E investigando, investigando, atopamos moitas ferramentas e recursos que lles fan a vida mais fácil ás persoas con algunha discapacidade visual ou auditva.




viernes, 26 de octubre de 2012

CARREIRA NA FRAGA

Hoxe fomos ata a Fraga. Os nenos do cole, dende 2º a 6º de E.Primaria, participaron nunha carreira xunto co alumnado dos outros coles.O percorrido fíxosenos un pouco longo, pero ainda así, pasámolo moi ben.

lunes, 22 de octubre de 2012

O COMEMEDOS

 Como xa vai chegando o Samaín, dende o Equipo da biblioteca, decidimos facer un traballo cooperativo. Tódolos cursos imos participar na creación do noso Comemedos. Cando este listo escribiremos todas  aquelas cousas que nos fan tremer e nos arrepían para que o monstro as devore. Na nosa clase, cunha media que nos trouxo María, fixemoslle un nariz de espanto. Agora tócalles continuar a  4º, 5º e 6º. Seguro que o resultado final será sorprendente.




MAIS SOBRE OS SENTIDOS

Nicolás é un neno cego que navega por mil aventuras. Clicade na imaxe se queredes xogar con el un ratiño.

domingo, 21 de octubre de 2012

OS SENTIDOS: A VISTA

Xa empezamos a traballar os sentidos. Comezamos pola vista. Seguro que se clicades na imaxe de abaixo, aprenderedes moitas cousas.

viernes, 19 de octubre de 2012

DIA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O CANCRO

O noso máis grande afecto para todas aquelas persoas que están a padecer ou padeceron cancro. Todos xuntos podemos gañar esta loita.

Na páxina da AECC tedes informacións moi interesantes. Se tedes un ratiño clicade na imaxe. Eu son socia. Sumádevos ao rosa.



SOMOS GRANDES ARTISTAS

Aquí tedes unha pequena mostra dos nosos traballos. Navegando na rede atopamos cousiñas como estas e animámonos  a probar. Se queredes ver máis, ollade o noso blog "Learning with you"







martes, 9 de octubre de 2012

UN RATIÑO DE RELAX

Despois dunha xornada de duro traballo, temos un ratiño de tempo libre para relaxarnos.

            

                 



jueves, 4 de octubre de 2012

XA CHEGOU MARIAN

Pois sí, xa chegou Marian. Outra vez a temos connosco. Cando a vimos no cole fomos correndo a saudala. Que ben o pasamos este xoves con ela na clase de plástica. Non esquezades botar unha ollada ao blog da sección bilingüe, onde iremos poñendo os traballiños de plástica.
Para entrar no blog clicade no logo como este que tedes na columna da dereita. Por suposto, esperamos contar cós vosos comentarios.



martes, 2 de octubre de 2012

UN RATIÑO LIBRE

Hai uns días estivemos traballando na clase. Xa se nota que somos de terceiro!! Como rematamos moi pronto tivemos un ratiño libre. Manuel, o noso novo compañeiro, púxose a facer unha manualidade cun folio.  Ao pouco rato, os outros nenos fórono arrodeando.Todos querían facer o que Manuel facía. Como é un neno moi bo axudoulles a todos.Graciñas Manuel. Seguro que todos xuntos aprenderemos moito.




lunes, 1 de octubre de 2012

REPASAMOS AS TABLAS

Se vos cansades dos animais , aquí tedes un xogo divertido para repasar as tablas de multiplicar. Clicade na imaxe a ver se vos gusta.