domingo, 29 de enero de 2012

BLANCOS E NEGROS

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

Un relato de Saramago cheo de simboloxía.


MOVÉMONOS POLA PAZ

O luns 30, Día da Paz , Marita invitounos a cantar todos xuntos dúas cancións moi diferentes. Unha delas é "Compañeira", de Fuxan os Ventos; a música e a letra son preciosas, vale a pena escoitala e cantala. A outra é "Moving", de Macaco, na que se nos invita a unirnos todos e a movernos pola paz. Ten moita marcha e un estribillo e inglés moi sinxelo de aprender.

EDUCACIÓN AMBIENTAL

O xoves, para celebrar o Día da Educación Ambiental, a Aula de Medio Ambiente do cole organizou diferentes obradoiros. Nós , no 1º ciclo, fixemos un obradoiro de elaboración de xabón, utilizando aceite usado. Por suposto contamos coa "especialista xaboneira", a profe Blanca. Durante o recreo mesturamos 7 l. de auga con 1 l. de auga e ventilamos a clase, porque desta mezcla saen gases que poden ser irritantes. Logo, xa cós nenos e nenas fixemos o resto do proceso, que podedes ver nesta presentación.



jueves, 26 de enero de 2012

miércoles, 25 de enero de 2012

AS TABOAS


Pinchade na imaxe para practicar un pouquiño as táboas de multiplicar.

A PAZ:XOGO E DIVÍRTOME


Teño uns nenos e nenas fantásticos, que tódolos días me insisten para que poña máis cousiñas no blog (especialmente Estela),así que aquí van uns xoguiños para que pasedes un bo rato.

jueves, 19 de enero de 2012

Día Mundial da Educación Ambiental

O día 26 de xaneiro celebramos o Día Mundial da Educación Ambiental. Esta ten por obxecto concienciar aos gobernos e ás persoas da necesidade de coidar o noso ambiente , así como de tratar de reverter os danos que xa lle temos feito..



Con este libro de Belén Junquera seguro que o pasades ben e aprendedes cousiñas do medio ambiente.