miércoles, 31 de octubre de 2012

OS NOSOS MEDOS

Por fin chegou o día. Imos celebrar o Samaín. A nosa clase parecía un cole de monstros, cos nenos e nenas disfrazados. Había bruxas, arañas, muñecas góticas...e ata un esqueleto.
Coa profe Marita fomos á biblioteca. Alí poidemos ver como quedou rematado o Comemedos. Está  "espectacular". Aproveitamos para darlle os medos que levábamos escritos, para que os zampe e acabe con eles. Logo limos en voz alta un conto de medo e uns poemas, para todos os alumnos e profes que estaban na biblio e que nos quixeron escoitar.

Á volta do recreo, no patio, fixemos un círculo coas cabazas que adornamos estes días. No medio había unha gran tina e alí se presentou o Comemedos, cargadiño cós medos de todos os nenos e nenas do cole. O bruxo Paco, leu o Conxuro do Comemedos  e os medos empezaron a arder na tina. Ruxen no lume os nosos medos. Esvaécense para sempre das nosas mentes e dos nosos corpos.

CONCURSO DE FUNGOS 2012

Hoxe, ademáis de celebrar o Samaín, cando xa estaba rematando a clase, levamos unha grande alegría. Moitos nenos e nenas do cole foron premiados no Concurso de Fungos e Cogomelos organizado este ano polo Concello. Na nosa clase obtiveron premio María , Estela  e Anxo. Noraboa a tod@s, porque os traballos eran preciosos e especialmente aos gañadores.

domingo, 28 de octubre de 2012

OS SENTIDOS: O OÍDO


E seguimos aprendendo cousas dos sentidos. Agora tócalle ao oído.



E investigando, investigando, atopamos moitas ferramentas e recursos que lles fan a vida mais fácil ás persoas con algunha discapacidade visual ou auditva.




viernes, 26 de octubre de 2012

CARREIRA NA FRAGA

Hoxe fomos ata a Fraga. Os nenos do cole, dende 2º a 6º de E.Primaria, participaron nunha carreira xunto co alumnado dos outros coles.O percorrido fíxosenos un pouco longo, pero ainda así, pasámolo moi ben.

lunes, 22 de octubre de 2012

O COMEMEDOS

 Como xa vai chegando o Samaín, dende o Equipo da biblioteca, decidimos facer un traballo cooperativo. Tódolos cursos imos participar na creación do noso Comemedos. Cando este listo escribiremos todas  aquelas cousas que nos fan tremer e nos arrepían para que o monstro as devore. Na nosa clase, cunha media que nos trouxo María, fixemoslle un nariz de espanto. Agora tócalles continuar a  4º, 5º e 6º. Seguro que o resultado final será sorprendente.




MAIS SOBRE OS SENTIDOS

Nicolás é un neno cego que navega por mil aventuras. Clicade na imaxe se queredes xogar con el un ratiño.

domingo, 21 de octubre de 2012

OS SENTIDOS: A VISTA

Xa empezamos a traballar os sentidos. Comezamos pola vista. Seguro que se clicades na imaxe de abaixo, aprenderedes moitas cousas.

viernes, 19 de octubre de 2012

DIA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O CANCRO

O noso máis grande afecto para todas aquelas persoas que están a padecer ou padeceron cancro. Todos xuntos podemos gañar esta loita.

Na páxina da AECC tedes informacións moi interesantes. Se tedes un ratiño clicade na imaxe. Eu son socia. Sumádevos ao rosa.



SOMOS GRANDES ARTISTAS

Aquí tedes unha pequena mostra dos nosos traballos. Navegando na rede atopamos cousiñas como estas e animámonos  a probar. Se queredes ver máis, ollade o noso blog "Learning with you"







martes, 9 de octubre de 2012

UN RATIÑO DE RELAX

Despois dunha xornada de duro traballo, temos un ratiño de tempo libre para relaxarnos.

            

                 



jueves, 4 de octubre de 2012

XA CHEGOU MARIAN

Pois sí, xa chegou Marian. Outra vez a temos connosco. Cando a vimos no cole fomos correndo a saudala. Que ben o pasamos este xoves con ela na clase de plástica. Non esquezades botar unha ollada ao blog da sección bilingüe, onde iremos poñendo os traballiños de plástica.
Para entrar no blog clicade no logo como este que tedes na columna da dereita. Por suposto, esperamos contar cós vosos comentarios.



martes, 2 de octubre de 2012

UN RATIÑO LIBRE

Hai uns días estivemos traballando na clase. Xa se nota que somos de terceiro!! Como rematamos moi pronto tivemos un ratiño libre. Manuel, o noso novo compañeiro, púxose a facer unha manualidade cun folio.  Ao pouco rato, os outros nenos fórono arrodeando.Todos querían facer o que Manuel facía. Como é un neno moi bo axudoulles a todos.Graciñas Manuel. Seguro que todos xuntos aprenderemos moito.




lunes, 1 de octubre de 2012

REPASAMOS AS TABLAS

Se vos cansades dos animais , aquí tedes un xogo divertido para repasar as tablas de multiplicar. Clicade na imaxe a ver se vos gusta.

ANIMAIS DA CONTORNA

Xa temos que empezar a elaborar o calendario da Aula de Medio Ambiente, que tan fermoso vai quedando cada ano. Nesta ocasión, o tema que nos propoñen dende A.M.A. é : "Animais da nosa contorna". Seguro que se nos ocurren un montón de ideas ( os animais do Caxado, a Escombrera a carón do lago, as fragas do Eume...). Mentres, podemos ir ollando este LIM para ir  abrindo camiño.