viernes, 21 de diciembre de 2012

lunes, 17 de diciembre de 2012

HISTORIA DO APALPADOR

Esta é a historia do Apalpador contada por uns nenos e nenas do CEIP de Xuvencos. Graciñas a eles por compartir os seus traballos.

O APALPADOR

O Apalpador é un velliño moi vello que vive aló polo Courel e Os Ancares. O seu oficio é carboeiro. Cando chega o Nadal, baixa ás aldeas e vilas , entra nas casas onde durmen os nenos e nenas para palparlles a barriguiña e ver se están mantidiños. Ao tempo que lles desexa que non pasen fame no vindeiro ano, deixalles unha presa de castañas ben quentiñas.


domingo, 16 de diciembre de 2012

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Mirade que fermosa nos está quedando a árbore de Nadal que estamos a facer os cursos de 3º e 4º de primaria. Se queredes ver como o fomos facendo, ollade no noso blog da sección bilingüe  Learning with you.

jueves, 13 de diciembre de 2012

TÓCANOS PLANTAR

Este curso fixemos dúas plantacións diferentes. Tiñamos algunha semente e, como o tempo non estaba moi bo, pedímoslle ao noso conserxe José Antonio, unhas macetiñas con terra e fixemos a plantación na clase. Entre outras cousas plantamos romeu, mazás...e unha planta que trouxo María, "Clavel del Moro",que parece que funciona como insecticida ecolóxico. Veremos o que sae de ahí.
Uns días despois, fomos a plantar, co alumnado de 4º e a súa mestra Fina, unhas abeleiras que nos trouxo a nosa administrativa Yeny. Logo de plantalas, metémolas no invernadoiro. A ver se desta vez conseguimos que nos medre algunha.

lunes, 10 de diciembre de 2012

ODAIKO PERCUSSION GROUP

Esta mañá asistimos ao espectáculo de ODAIKO PERCUSSION GROUP no Auditorio Alovi. Nesta ocasión os membros do grupo entraban nas escolas para escenificar un percorrido musical , dende os inicios da humanidade ata o home moderno. Foi un espectáculo moi interesante,no que os nen@s estiveron en todo momento atentos e amosando curiosidade polas actuacións do grupo. Un concerto moi creativo e moi adaptado ás idades do alumnado. Felicitamos e damos as grazas ao Concello por ofertarnos este tipo de actividades.