jueves, 28 de noviembre de 2013

CORREMOS NA FRAGA 2013

Este mércores, como ven sendo habitual cada ano, participamos na carreira da Fraga, xunto cós outros coles da localidade. Ata alí fomos os nenos e nenas de 2º a 6º, xuntos cós seus titores e titoras.
 O día estaba frío, frío, e, aínda que os mestres non sacamos a bufanda nin os guantes, os nenos e nenas non se amilanaron e rápidamente se puxeron a facer quentamentos e carreiras para ir pasando o tempo e entrando en calor. 

domingo, 24 de noviembre de 2013

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2013

Na última década, unhas 700 mulleres foron vitimas da violencia de xénero en España. Algunhas desta mulleres procedían do rural, outras eran inmigrantes, pero tamén había entre elas tituladas superiores, estudantes, candidatas de partidos políticos, empresarias....Moitos nenos e nenas padecen a violencia machista que se exerce sobre as súas nais: reciben maltrato físico, quedan orfos...Clica na imaxe e entra na páxina Mulleres en Galicia, da Xunta.



martes, 19 de noviembre de 2013

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 O día 20 de novembro celebramos o Día da Infancia, e aproveitamos para recordar os dereitos dos nenos e nenas.Ollade este vídeo.



 No blog de Ana,  Aulatic, vin este mapa, no que atoparedes contos sobre os dereitos de nenos e nenas, para ver ou para ler. Animádevos a clicar na imaxe.




viernes, 8 de noviembre de 2013

CURSO PIKTOPLUS


Os días 5 e 6 de novembro, estivo no noso cole Jorge García Caballero, impartindo un curso sobre PIKTOPLUS. Ademáis dos mestres interesados, participaron no curso tamén, pais e nais de nenos con diferentes necesidades educativas. A pesar das horas intensas de traballo foi moi interesente , aprendimos moitísimo e resolvimos moitas dúbidas.
Agora tócanos a todos, mestres e familias poñer a andar o aprendido nas nosas tablets, para poder ofrecer a o alumnado que o precisa, sistemas alternativos de comunicación.
Graciñas a os mestres e ás familias por asistir e unha aperta mooi grande a Jorge, que ao día seguinte "recuncou" e veunos facer unha visita ao cole antes de marchar para o País Vasco.
Se queredes máis información deste fantástico programa, clicade na imaxe.


viernes, 1 de noviembre de 2013

CONCURSO DOS FUNGOS 2013

Este ano , como tiñamos que rematar os traballos dos bosques, non fixemos traballo colectivo para o concurso dos fungos, organizado polo concello. Pero ainda así un grupo de nenos e nenas decidiron facer uns traballiños. Un dos grupos, bastante numeroso, presentaron un tableiro titulado Cogumelandia. Como eran moitos, pedíronme permiso para xuntarse na clase unha tarde ( Xa lles explicara a todos que podían vir polas tardes ou ben xuntarse no recreo). Eu pasei por alí e atopeime con nenos, nenas , papás e mamás, colaborando e axudándose. O outro grupo era menos numeroso e fixeron o traballo fóra do cole. Encantoume! Leva por título A Seta Cupido e como veredes nas fotos quedou ben bonito.Ademáis, os dous traballos foron premiados, xunto con outros alumnos do cole. Noraboa a tod@s!!