jueves, 30 de enero de 2014

CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ

Ao longo destes días estivemos traballando contidos relacionados coa Paz: limos lecturas e poemas interesantes, escoitamos  e cantamos cancións, fixemos debuxos...
En Pástica coloreamos un debuxo moi bonito  e decoramos con témperas de cores moi vistosas un prato de papel, no que debuxamos un símbolo da paz.
Como sempre facemos, xuntámonos no pavillon polideportivo do cole (Infantil, Primaria e Secundaria), onde todos xuntos cantamos as cancións que nos ensaiaron as profes de música, Marita e Cristina . Como ademáis queríamos celebrar o día do medio ambiente, fixemos un tronco de árbore con un rolo grande de papel. Nos arames que tiña por ramas, fomos poñendo uns roliños de papel hixiénico , adornados con pombas nas que se podían ver fotos dos nenos, frases e desexos de paz, debuxos... Quedou moi bonito. Aquí tedes unha mostra. Logo iremos poñendo mais fotos no noso blog da sección bilingüe de plástica.


miércoles, 29 de enero de 2014

QUE BONITA LA VIDA!!!

Como estos días estamos moi musicales, seguro que tamén vos gusta esta canción de Dani Martín.

martes, 28 de enero de 2014

CAMPÁS PÓLA PAZ

No libro disco PAN DE MILLO , de Migallas, aparece a canción Campás póla paz. No CEIP Gándara Lemos decidiron ensaiar esta canción, pero engadirón pictogramos e linguaxe de signos, para adaptala aos nenos máis pequenos ou con NEAEs. Quedoulles moi chula. Noraboa.



domingo, 26 de enero de 2014

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Se pinchades na pomba , atoparedes moitos recursos para o Día da Paz: xogos, fichas, cancións, libros LIM, presentacións...

CANCIÓNS POLA PAZ

Este ano,  a profe Marita estanos ensinando unha bonitas cancións, de John Lenon, Lamatumbá  e outra de El Canto del Loco. 
Por se queredes escoitar algunha máis, en Orientación Andújar fixeron esta xeitosa recopilación.
Pinchade na foto. A min encántame a de Macaco. Cal vos gusta máis?


Tampouco está mal esta que fixo Jesús Pareja, profe do cole San Xoan de Filgueira de Ferrol .Como leva letra podémola cantar todos xuntiños.

jueves, 9 de enero de 2014

OS ECOSISTEMAS


Con este vídeo seguro que aprendemos moitas cousas acerca dos ecosistemas.




Se pinchades nas letras de abaixo, poderes traballar cun Lim sos ecosistemas que seguro que vos resulta interesante.

A VOLTAS CON VAN GOGH

Como xa fixemos o curso pasado, adicaremos o segundo trimestre, en Plástica , a traballar con coñecidos pintores e pintoras. Imos empezar con un que espero que vos guste e que vos permita demostrar as vosas dotes de artistas: Vincent Van Gogh. Aquí tedes algúns recursos para irlles botando unha ollada.

Ademáis de pintar, tamén podemos cantar e bailar un pouquiño. Por suposto non nos imos esquecer das súas pinturas. Cal é a que máis vos gusta?