jueves, 30 de octubre de 2014

FELIZ SAMAÍN

Con este cartel tan chulo que alaborou a profe  Ángeles desexámosvos que pasades un bo Samaín e Halloween e que disfrutedes moito destes días de descanso.


CELEBRAMOS O MAGOSTO 2014

Por fin hoxe celebramos o Magosto no cole. Á hora do recreo baixamos ao patio cuberto, onde membros da ANPA nos agardaban coas castañas asadas e os batidos de cacao ou auga. Que riquísimas estaban!
E despois desta comilona tocaba facer un pouco de exercicio, así que fomos para o pavillón polideportivo, onde o profe Pedro nos tiña preparado un circuito de xogos populares: a rá, o pano, o soga-tira, o brilé...Pasamos unha mañá estupenda. (Se queredes ver as cestiñas que fixemos, poñerémolas no blog da sección bilingüe).


UNHA DE TERROR

Como xa se está achegando o día do Magosto , e tamén celebraremos conxuntamente o Halloween e o Samaín, hoxe, a profe Cristina trouxonos unha película moi fermosa: Hotel Transilvania. Este é un fantástico hotel, onde os monstros residen tranquilamente, sen humanos que os perturben. Ata que por alí aparece un neno... Mirade as nosas caras.

martes, 28 de octubre de 2014

TRABALLO SOBRE OS FUNGOS

Outro ano máis , participamos no concurso de Fungos e Cogomelos organizado polo Concello. Nesta ocasión, fixemos un mural con setas de origami. Primeiro pintamos o papel cun rodillo, logo pregamos ...Mirade que boas pintas ten.

VISITAMOS O NOSO MUSEO

Xa estamos traballando para preparar o calendario que sempre facemos. Este ano imos adicalo ao noso museo, que cumpre xa trinta anos.
Ao noso curso tocoulle a parte dos útiles personais. Para comezar, Marita ensinounos unha parte do museo. Alí puidemos ver perchas, canecos, tapetes, maletas e baúles, tenazas coas que as mulleres rizaban os seus cabelos... Fixámonos moito, porque agora teremos que facer un bonito debuxo, acompañado dun pareado ou dunha frase que teña relación có tema que nos tocou.


TRABALLAMOS OS SENTIDOS

Estivemos traballando en grupo, facendo uns pequenos murais dos sentidos, cós recortes e debuxos que trouxemos. Pasamos un rato moi entretido.


domingo, 26 de octubre de 2014

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Nesta páxina , elaborada por Mª Asunción García Álvarez atoparedes moitos recursos para a celebración do Samaín.


viernes, 10 de octubre de 2014

EXPERIMENTAMOS CÓS ÓSOS

Pois como lle estamos dando un repasiño ao corpo, decidimos facer un pequeno experimento, xunto có alumnado de 2º.
Collimos dous ósiños similares de polo, observámolos e logo metimos cada un deles nun frasco. Un enchémolo de auga e outro de vinagre.
Que vai ocurrir? Aos nenos e nenas ocurriuselles de todo:
-que si non vai pasar nada.
-que si van desaparecer.
- que se lles vai sair a carne outra vez e se volven a formar..,

Logo duns días voltamos á clase de 2º para ver o que estaba pasando. Sacamos os ósos dos tarros e, aparte dun cheiro horroroso, comprobamos que:
  1. O óso que estaba na auga seguía igual de blanquiño e duro
  2. Pero o óso que estaba no vinagre, púxose todo marronciño e ademáis....DOBLÁBASE CON MOITA FACILIDADE!!!
Claro, o vinagre estábao deixando sen calcio, e sen calcio, os nosos ósos tampouco poden medrar sans e fortes.
Algúns nenos e nenas saíron dicindo que non tomaban máis vinagre, pero que ían beber moita auga.

jueves, 9 de octubre de 2014

APRENDEMOS COA PANTALLA DIXITAL



Hoxe, acompañados pola profe Belén, fomos ata a aula de Informática. Ali poidemos practicar con un método de lectoescritura interactivo que nos resultou moi atractivo. Traballamos moitas palabras con l e m. Pasounos a hora voando!!


lunes, 6 de octubre de 2014

E AGORA, A COMER!!

Pois como algo había que facer cós produtos fabulosos que apañamos no horto, acordamos elaborar unhas riquísimas pizzas. Prestounos moito amasar e estirar a masa cós rodillos. Pero o mellor de todo foi comelas. Que boas estaban! Temos que darlle as gracias a Jose, pai de Ian e Ale, pola axuda que nos prestou.

jueves, 2 de octubre de 2014

MENUDO HORTO!!

Xunto có alumnado de 2º e a súa profe Fina, fomos recoller a colleita do invernadoiro. O curso pasado plantamos alí algunhas cousiñas coa profe Begoña. Mirade todo o que recollemos.

miércoles, 1 de octubre de 2014

QUE PASADA, A BIBLIOTECA!!

Cantas cousas se poden facer na biblioteca!! Todos os xoves imos con Marita. Alí escoitamos e lemos contos,
Tamén tivemos ocasión de asistir a un precioso concerto que nos ofreceron os membros da banda municipal.
E, para rematar, tivemos con nós na biblioteca a Helena Villar Janeiro, que nos presentou o seu novo libro "As señoras cousas". Helena leunos algúns poemiñas deste libro e contounos anécdotas moi divertidas. Pasámolo moi ben.

XA PASOU SETEMBRO

Pois si, xa pasou setembro e xa nos imos coñecendo un pouquiño. Estes días tivemos tempo para facer moitas cousiñas: traballamos, visitamos as dependencias do cole, xogamos, cantamos... Aquí queda unha pequena mostra deste primeiro mes.