jueves, 25 de junio de 2015

E CHEGAMOS AO REMATE

Rematouse o curso. Que rápido se nos pasou!! Despedimos con moito agarimo a Lucía , que marcha do cole. Desexámoslle moita sorte e esperamos vela algún día polo Carballiño.
Non podíamos acabar sen unha pequena festiña. Primeiro fixemos un  almorzo exquisito, que compartimos cós nosos compañeiros de 2º. Que bon estaba todo!!
Despois de repousar o almorzo, fomos ata o pabillón, onde cada curso, axudados pola profe Marita, tiña preparada unha pequena actuación. Saeunos a todos estupendamente ben.
E por último...ENTREGA DE NOTAS. Todos aprobados, yupi!!.
Agora, a disfrutar do verán.





viernes, 19 de junio de 2015

XA TEMOS PIZARRA DIXITAL!!!!

Pois si, grazas á colaboración da ANPA  e do colexio, por fin podemos disfrutar na clase da pizarra dixital. Esperemos que no próximo curso poidamos utilizala moito e sacarlle moito partido.

PEGADAS SOLIDARIAS

Esta semana pasamos un rato moi agradable no cole coas rapazas de PEGADAS SOLIDARIAS. Explicáronnos en que consistía o seu labor: recollen animais abandonados (especialmente cans) cóidanos, danlles de comer, desparasítanos, búscanlles un novo fogar...Aprendemos moitísimas cousas. Graciñas por virnos visitar.





jueves, 18 de junio de 2015

O CAMIÑO DOS ARRIEIROS

Como sempre, cando vai chegando o fin de curso facemos un pequeno roteiro. Nesta ocasión, fixemos un tramo do milenario "Camiño dos arrieiros", pola serra da Faladoira. Estivemos acompañados por Xose, Lois e Gustavo, que nos falaron da historia deste camiño e da flora e fauna que podiamos ver. Tamén estiveron con nós o profe Xosé María e varios membros de Club de Montaña O Caxado (que sempre nos acampañan nos nosos roteiros o cal lles agradecemos moito. Poidemos ver mámoas, A Furna dos Mouros ...
Pasousenos o tempo tan rápido que non completamos todo o camiño e esperamos volver outro ano.




miércoles, 17 de junio de 2015

E CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN

Chegou a excursión de fin de curso. Este ano decidimos ir a Padrón, visitar a casa de Rosalía. Tamén pasamos un  ratiño no xardín botánico de Padrón. 
Logo collemos o tren para ir ata Santiago. Que emocionante!! Encantounos a viaxe  e cando baixamos xa algúns estaban desexando volver a montar no tren. 
Como o tempo estaba un pouco regularciño, fomos tomar o xantar a Área Central, onde o pasamos estupendamente.
O autobús levounos ao centro de Santiago. Comemos uns xeados e fomos ver os arredores da Catedral. Levamos un fantástico guía, Ángel, que nos contou moitas cousas interesantes. Con el descubrimos a Fachada do Obradoiro, Platerías, a Porta Santa...
Quedámoslle moi, moi agradecidos.

UN RATIÑO DE LECER

Mirade que figuras máis fermosas facemos cando nos queda un ratiño para xogar. Somos unhas artistas.

lunes, 8 de junio de 2015

LEMBRAMOS OS XOGOS POPULARES

Estiveron con nós Carmen, a mamá de Fernán , e Angélica, a mamá de Sara. Comentáronos os xogos  e xoguetes que temos na planta baixa do noso cole, no noso museo. Contáronnos como xogaban elas de pequenas. Foi moi divertiddo. Logo tivemos ocasión de facer un pouco de práctica. Iso foi mellor!!!
Eu penso que isto podería ser un comezo para un proxecto bonito para o curso que vén. Non si?