miércoles, 21 de diciembre de 2016

DECORAMOS O NADAL

E todo o cole se encheu de adobíos navideños. Ollade que traballos tan lindos. Empezamos co mural da entrada, có que aproveitamos para desexarvos a tod@s un moi Bo Nadal.


Tamén está moi chulo o mural da nosa Aula de Medio Ambiente. A ver que vos parece.


O Calendario de Adviento gustounos moito, e cada día aprendemos curiosidades novas. Que intriga abrir o vasiño de cada día!!!

O Nadal chegou tamén á nosa biblioteca. Graciñas a todos os nenas e nenas , e as mestras que colaboraron na decoración destas navideñas portas.


                      








martes, 20 de diciembre de 2016

TRABALLAMOS EN DECEMBRO

Neste mes de decembro estivemos moi atarefados. Se consultades o blog da sección bilingüe, poderedes ver os traballos que fixemos para decorar o cole e a nosa aula. Quedou todo ben fermoso. Anímate e clica na imaxe.


 foto


Logo de ver o vídeo "The Gingerbread Man", probamos a facer unhas riquísimas  e fermosas galletas. Quedaron estupendas e estaban moi sabrosas. Aquí queda unha pequena mostra.







Rematamos tamén o noso calendario da Aula de Medio Ambiente. Este ano, o lema era "Os xogos dos nosos avós". Quedou impresionante, grazas aos debuxos dos nenos e nenas. Foi moi difícil escoller o premiado, porque todos eran  preciosos. Se queredes ver o calendario podedes facelo clicando na imaxe seguinte

 foto



martes, 29 de noviembre de 2016

O AIRE E A ATMOSFERA



Clica na imaxe para ver máis cousas sobre o aire.


 foto


Tamén podemos probar a facer este test. Clica AQUÍ. E se queres explorar o vento clica agora NESTE LUGAR.

Agora proba a mirar este vídeo:







Ou este outro:




E que pasa coa capa de ozono? Fíxate.


domingo, 20 de noviembre de 2016

DÍA UNIVERSAL DEL NIÑO 2016

Queres saber cales son os dereitos dos nenos e aprender cousas interesantes? Pois clica na imaxe e verás a de cousas que dende Orienta Galicia teñen preparadas.

 foto

jueves, 27 de octubre de 2016

LEMOS A ROALD DAHL

Neste curso, celébrase o centenario do nacemento de Roald Dahl. No blog da noso bibilioteca  BIBLOCAXADO, podedes atopar moita información sobre este autor e as súas obras. Animádevos a entrar!!

Nós, na clase, xa lemos "Los mimpins". Pasámolo moi ben, gustounos moito e mesmo hoxe, mentres corríamos pola Fraga, pareceunos ver algún mimpin asomado polo medio das árbores.

Agora imos ler "La jirafa, el pelícano y el mono". Seguro, seguro,  que é igual de divertido.

TRABALLO DOS FUNGOS 2016

Se clicades na imaxe poderedes ver os traballos tan chulos que fixeron os alumnos/as do centro, para o concurso dos Fungos e Cogomelos deste ano. A profe Concha fixo esta presentación tan fermosa. Graciñas Concha por compartila con nós.


 foto


TEMPO DE LECTURA

Gústanos a hora de ler. Lemos libros de aventuras, de intriga, do espacio, contos... Lemos de forma indivudual, en parellas, en grupos...Lemos sentados, de pé, ....OLLADE!!!


UNHA OLLADA Á NOSA SECCIÓN BILINGÜE

Xa levamos uns cuantos traballiños feitos na nosa sección bilingüe. Menuda sorte que temos coa profe Ángeles. Se queredes , clicade na imaxe e entraredes no noso blog Learning with you.


 foto


miércoles, 28 de septiembre de 2016

CANTO NOS ENSINAN OS NENOS!

Mirade que vídeo tan fermoso atopu a nosa compañeira Ángeles López Merlán,  que ainda que xa está  xubilada non deixa de ser mestra, acerca da linguaxe que utilizamos cós nenos e nenas. Que vos parece?


viernes, 23 de septiembre de 2016

O NOSO SISTEMA SOLAR

No blog MilagroTIC, atopamos este recurso tan completo sobre a Terra e o noso sistema solar. Atrevédevos a investigar e probar.

 foto

Tamén na rede atopei este fantástico recurso para ver a Terra, a Lua e o Sol dende o espacio, ao tempo que podemos escoller dende que parte da Terra queremos ver as fases lunares.
 foto



jueves, 22 de septiembre de 2016

SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS

Estos xogos axudarannos a practicar as palabras sinónimas e antónimas de forma divertida. Animádevos a probar.

 foto

 foto



O NOSO CORPO

Con este vídeo, podemos repasar as partes e os órganos do noso corpo.





E con este outro aprenderemos como se realiza a función de nutrición, que precisamos para ter enerxía para facer todas as nosas actividades.



E agora seguimos coa función de relación. Mirade que faciliño é!



domingo, 11 de septiembre de 2016

LISTOS PARA COMEZAR

Pois xa levamos uns días os profes a traballar e mañá...verémonos outra vez, logo deste caluroso verán.Estades listos/as??? Seguro que sí. Bon comenzo de curso a tod@s.

Para davos a benvida como merecedes, preparamos este fermoso mural. Esperamos que vos guste.


domingo, 26 de junio de 2016

REMATAMOS O CURSO

Rematamos o curso con moitas e moi fermosas actividades: a eXcursión a Pobo Aventura, o roteiro polo camiño dos arrieiros ( que rematamos en Estaca de vares), Festival de fin de curso. Se entrades no blog da profe Fina, veredes que vídeos máis chulos elaborou. Clicade no seu nome para velos.

domingo, 29 de mayo de 2016

XADREZ: REMATAMOS POR ESTE CURSO

Rematamos por este curso as clases de xadrez, con Rafa. Resultou unha experiencia interesante, aprendemos, disfrutamos, colaboramos... Xa somos grandes xogadores!! Moitas grazas Rafa, por ensinarnos tanto e ter tanta paciencia con nós. Esperamos poder seguir có xadrez no vindeiro curso.







viernes, 20 de mayo de 2016

PLUMILLAS E BRAILLE

Outra das actividades que fixemos na Biblioteca do cole para celebrar o Día das Letras Galegas, foi tratar de escribir o noso nome en Braille, utilizando a máquina Perkins. Tamén tentamos esciribir cunhas plumillas e tinta, que nos deixou  o noso compañeiro José Mª. Non era nada doado!! Pero foi unha experiencia moi interesante e quedamos con ganas de volver a facelo.




Saúl estivo na nosa clase, para ler o poema de Manuel María , en Braille, que xa lera no Liceo. Que ben o fixo! Moitas graciñas Saúl.


jueves, 19 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS NO LICEO - 2016


O Día  das Letras Galegas, acudimos ao Liceo, para recitar e expoñer os nosos traballos relacionados con Manuel María. Comezou a tarde con Música do grupo de gaitas Alfaia. Logo os nenos e nenas dos diferentes coles fixeron os seus recitados. a continuación, algúns membros do grupo poético Alalá, leron poesías de Manuel María, xunto con outras de elaboración propia. Rematamos coa música de Alfaia e acompañámolos cantando o himno galego. Cynthia e Érika emocionáronnos có seu traballo sobre o seu bisavó, Xosé Luís García Mato, gran poeta e bo amigo de Manuel María. Saúl  mantívonos moi atentos mentres nos lía, en Braille, o seu poema. Remataron a actuación do noso cole, as alumnas de 1º da E.S.O.: Mireia, Alicia, Silvia e Carmen.



FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2016

Celebramos no Alovi o Festival das Letras Galegas. Xunto có alumnado de 3º representamos "Camiñando con Manuel María", unha obriña que descargamos da páxina da Casa Museo de Manuel María, e que adaptamos un pouquiño aos nosos alumnos. Cantamos e bailamos e fixémolo moi be4n. Saiu ben bonita. Noraboa a tod@s os artistas.Aquí quedan algunhas fotos.


miércoles, 11 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Se vos pasades polo blog da nosa biblioteca,  BIBLOCAXADO, atoparedes moitos recursos para traballar na clase e na casa a este gran autor que foi Manuel María.

Alí podedes observar tamén os carteis que elaboramos entre todos os cursos do cole. Todos son preciosos. Este é o que fixemos conxuntamente có alumnado de 3º. Non deixedes de pasar polo blog da biblio para ver os que fixeron os outros cursos. Menudo traballo!! Noraboa a todos e todas.




BOLIÑAS DE CHOCOLATE

O mércores, na hora de alternativa, traballamos o conto de Amalia e Amelia, dúas nenas que, aínda que por fora eran diferentes, por dentro tiñan moitas cousas en común: gustáballes o mesmo cantante, o mesmo postre, as mesmas comidas... Pensamos que era bon tratar de representar isto cunhas boliñas de chocolate e organizamos un obradoiro de cociña para o venres.
 Para facer os nosos doces empregamos:
30 biscoitos alargados ben trituradiños, 15 culleradas de leite condensada, e 300 g de chocolate moido en pó.



Mesturamos todos os ingredientes e  metímolos uns 15 minutos a arrefriar na nevera. Despois fixemos boliñas pequenas e rebozámolas, unhas en azúcar glas e outras en galleta tostada triturada. A unhas chamámoslles Amalias e a outras Amelias. Mirade que chulas quedaron.


Por fora eran diferentes, pero por dentro eran iguales. E tanto unhas coma as outras estaban boísmas, non deixamos ningunha.
 Este contiño e esta actividade, recollémola deste libro:





miércoles, 4 de mayo de 2016

EXHIBICIÓN SOLIDARIA DA GARDA CIVIL

Hoxe participamos nunha actividade moi interesante e divertida: unha exhibición solidaria da Garda Civil. Xuntámonos no Canle IV, preto do noso cole, uns 2000 nenos e nenas. Todo estaba moi ben organizado : cada grupo de alumnos , ía acompañado dun garda. Poidemos ver e subir nas motos, nos coches, nas lanchas, no helicóptero. Vimos tamén as principais ferramentas que usa a Garda Civil no seu traballo diario, como funciona a policía científica...Pero casi que o que máis nos gustou foi a exhibicion dos cans policías: que maneira de detectar drogas ou explosivos, como participan no rescate de persoas...IMPRESIONANTE.
Aproveitamos tamén para achegar ata a carpa de CÁRITAS, alimentos e produtos de aseo que lle serán entregados a xente necesitada.

Dende aquí queremos felicitar á Garda Civil polo fantástico da súa exhibicion e o pola estupenda organización.

Sinto non ter máis fotos, pero....quedei sin batería!

lunes, 2 de mayo de 2016

PLAN DE AUTOPROTECCION

Rematado o Plan de Autoprotección do  noso cole, só nos queda poñelo en practica. Para formarnos aos profes e personal da comunidade educativa, estiveron con nós un médico, que nos falou de primeiros auxilios, e unha representante de enpresa Previnem, que nos explicou o que teriamos que facer en caso de evacuación do cole ou confinamento no seu interior.


Na clase aproveitamos para ver este vídeo que tedes a continuación. Temos que estar preparados  por si....



viernes, 29 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO EN 2º

Encantounos o libro LIM que fixo o equipo da biblioteca para que poidesemos coñecer un pouquiño máis as aventuras do Quixote!!

E como quedamos con gañas de adentrarnos no mundo de Cervantes, decidimos ir ata a Biblioteca do cole. Menuda entrada, vaia muíño!. Pasámolo estupendamente lendo e posando diante do cartel de Quixote e Sancho.

De paso que iamos ata a Biblio, deixamos na nosa árbore temática o noso libriño "Se eu fose un libro sería..." Mirade as fotos veredes que chulo nos quedou.


jueves, 28 de abril de 2016

EXPLORAMOS O UNIVERSO

Imos comezar a explorar o Universo. No noso blog FRESQUIRECURSOS, temos algún material que podedes consultar.

E sería fantástico que botásedes unha ollada a este proxecto, levado a cabo no CEE Terra de Ferrol. Graciñas por compartilo. Como veredes, non lle falta detalle. Animádevos a explorar!!



sábado, 23 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO 2016

Feliz Día,  a tod@s os que seguimos soñando imposibles, creendo en valores importantes e sendo un pouco Quixotes no noso corazón. 
El Sueño Imposible   é a letra e a canción da obra teatral D. Quijote de la Mancha. Os versos de "Un sueño imposible" son só unha pequena parte do popular libro de Miguel de Cervantes , pero reflexan as súas profundas inquedanzas. Cantados por Plácido Domingo, soan así de fermosos:




Con fe lo imposible soñar 
al mal combatir sin temor 
triunfar sobre el miedo invencible 
en pie soportar el dolor 

Amar la pureza sin par 
buscar la verdad del error 
vivir con los brazos abiertos 
creer en un mundo mejor 
Es mi ideal 
la estrella alcanzar 
no importa cuan lejos 
se pueda encontrar 
luchar por el bien 
sin dudar ni temer 
y dispuesto al infierno llegar si lo dicta el deber 

Y yo sé 
que si logro ser fiel 
a mi sueño ideal 
estará mi alma en paz al llegar 
de mi vida el final 

Será este mundo mejor 
si hubo quien despreciando el dolor 
combatió hasta el último aliento 

Con fé lo imposible soñar 
y la estrella alcanzar

viernes, 22 de abril de 2016

DÍA DA TERRA

Moi feliz Día da Terra a tod@s.


Imaxe sacada do blogue  Reciclado y ecología.


domingo, 17 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO EN BIBLOCAXADO

Dende o equipo da biblioteca, estivemos traballando para celebrar este día tan importante:

-Fixemos un mural do Quixote e esperamos que pasedes a velo e faigades unhas fermosas fotos xunto a el.

-Transformamos a porta da biblio nun auténtico muíño manchego ...ou....será un xigante?

-Temos preparados uns recunchos coas novidades que nos chegaron nestes días e tamén outros adicados ao Quixote e Shakespeare. Seguro que vos gustan.

-E se vos apetece facer uns pasatempos ou colorar debuxos do Quixote, atoparades un montón nas cestiñas dos recunchos.

-Elaboramos un lim do Quixote que  podedes atopar se buscades en Biblocaxado esta imaxe( atoparedes alí moitos máis recursos):

-Preparamos un libriño que leva por título Se eu fose un libro sería... Como está en blanco, esperamos as vosas árbores, para encher a árbore temática que temos no patio cuberto. Seguro que discurrides moitas cousas.

-Un grupo de nenos e nenas de Secundaria está a preparar uns contiños para o alumnado do 1º ciclo. Estupendo!!

E non esquezades que: