jueves, 27 de octubre de 2016

LEMOS A ROALD DAHL

Neste curso, celébrase o centenario do nacemento de Roald Dahl. No blog da noso bibilioteca  BIBLOCAXADO, podedes atopar moita información sobre este autor e as súas obras. Animádevos a entrar!!

Nós, na clase, xa lemos "Los mimpins". Pasámolo moi ben, gustounos moito e mesmo hoxe, mentres corríamos pola Fraga, pareceunos ver algún mimpin asomado polo medio das árbores.

Agora imos ler "La jirafa, el pelícano y el mono". Seguro, seguro,  que é igual de divertido.

TRABALLO DOS FUNGOS 2016

Se clicades na imaxe poderedes ver os traballos tan chulos que fixeron os alumnos/as do centro, para o concurso dos Fungos e Cogomelos deste ano. A profe Concha fixo esta presentación tan fermosa. Graciñas Concha por compartila con nós.


 foto


TEMPO DE LECTURA

Gústanos a hora de ler. Lemos libros de aventuras, de intriga, do espacio, contos... Lemos de forma indivudual, en parellas, en grupos...Lemos sentados, de pé, ....OLLADE!!!


UNHA OLLADA Á NOSA SECCIÓN BILINGÜE

Xa levamos uns cuantos traballiños feitos na nosa sección bilingüe. Menuda sorte que temos coa profe Ángeles. Se queredes , clicade na imaxe e entraredes no noso blog Learning with you.


 foto