jueves, 21 de diciembre de 2017

E CHEGARON AS VACACIÓNS

Pois si, logo do festival de hoxe, entregamos as notas ( esperamos que fosen do agrado de todos, porque todos os nenos e nenas se esforzaron moito) e só me queda desexarvos Bo Nadal e Felices Festas.

Vémonos á volta. Disfrutade das vacacións.

martes, 19 de diciembre de 2017

IMOS A BETANZOS

Hoxe pola maña fomos ata Betanzos . Alí visitamos o Belén articulado e logo pasamos un anaquiño polo Museo das Mariñas.


O xoves despediremos este trimestre cunha acitividade moi animada, organizada pola ANPA do centro. Logo estamos convidados a unha pequena merenda e disfrutaremos de xogos en compañía das compañeiras de Picariños.

lunes, 20 de noviembre de 2017

A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR

O venres pasado fomos, invitados polo Concello, ao Auditorio Alovi, para ver a obra "A nena que quería voar", interpretada pola compañia Redrum Teatro.
Na obra, unha pequena que está a sofrir as mofas dos seus compañeiros, foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Afortunadamente, no seu camiño atopa có mago Xeadeiro que con contos, xogos e cancións consigue devolverlle a autoestima perdida. 
Unha obra fermosa para concienciar ao alumnado fronte ao bullyng.


viernes, 17 de noviembre de 2017

RONDA DE CONVERSA

Rematamos a 1ª ronda de conversa dos martes. Foi espectacular. Ainoa presentounos as súas receitas de cociña; Eloy contounos moitas cousas dos tractores; Destaw e Miguel charlaron sobre os cans; Gabriel trouxonos un montón de "hot wheels" edeunos moitos datos da enorme colección que ten; André e Daniel coincidiron no seu futbolista favorito, Messi; Ian amosounos o seu dominio sobre o tema dos fungos; Xulián explicounos como é Maluma e por que lle gusta; e como broche final, Érika, Lara e Andrea contáronnos con moito detalle como se fixeron amigas e como a súa amizade perdura e mellora có paso do tempo. 
Agora imos a pola segunda ronda. Seguro que me seguides sorprendendo.




miércoles, 8 de noviembre de 2017

XOGOS DELINGUA CASTELÁ.


NO blog de Ana 3º ciclo na Maciñeira, atopamos estos interesantes xogos de Pasapalabra.


Pasapalabra: OS ANTÓNIMOS:

 foto


Pasapalabras: VOCABULARIO:
 foto

 foto


Pasapalabra: CONJUGACION DE VERBOS:

 foto

Pasapalabra: ADIVINANZAS
 foto
:


domingo, 5 de noviembre de 2017

FESTEXAMOS O MAGOSTO

Vaise achegando o Magosto. É o tempo do Halloween e do Samaín, de preparar as cabazas e asar as castañas. O cole vai cambiando a súa decoración.

Esta é unha pequena mostra de todo o que se fixo. Se queredes ver máis, botade una ollada ao blog da "teacher" Ángeles UP AND AWAY.
Tamén houbo tempo para disfrutar de terroríficos xogos na biblioteca e por suposto, pasámolo.....de medo.  Ata polo cole apareceron biscoitos para "chuparse os dedos". Ollade:

E fixemos unha sesión de fotos moi divertida.







domingo, 29 de octubre de 2017

PREMIADOS NOS COGOMELOS!!

O día 27 fomos recoller os premios do concurso dos Fungos e Cogomelos , que cada ano organiza o noso Concello. Houbo moitos premiados.  Aitana, Ainoa, Noa, Lara, Érika e Andrea tamén tiveron o seu. Parabéns raparigas!!


domingo, 15 de octubre de 2017

PLÁSTICA: ROMERO BRITTO

En plástica, coa profe Belén, os nenos e nenas de 5º están facendo actividades moi divertidas. Toda a clase se traballa en inglés. Canto imos aprender!!! Estas últimas sesións, estiveron traballando a Romero Britto. Mirade estas dúas fotos de mostra, sinto non ter máis. Faremos máis nas vindeiras sesións.


martes, 10 de octubre de 2017

CHARLA SOBRE FÚTBOL

Este mércores tivemos a oportunidade de escoitar a Iván, que nos deu unha charlasobre o fútbol campo e nos puxo uns vídeos moi interesantes.


MARTES: CONVERSA

Os martes, na hora de galego, facemos conversa. Cada alumn@ escolleu un tema que lle gusta. Na casa prepárao e por quendas , expóñeno ante os compañeiros, de forma oral.O resto dos compañeiros están atentos para logo facer preguntas.
Xa levamos charlas de varios oradores, todos eles de gran categoría. Teo falounos do moito que lle gusta a percusión e a batería en particular. Aitana describeunos, de forma espectacular, da súa pasión polo baile. Noa contounos moitas cousas sobre o deporte; e Óscar espúxonos moitas curiosidades acerca do Enduro. Todos eles se manexaron con moita soltura e fixeron uso dos recursos TICs á súa disposición.
Os compañeir@s escoitaron as exposicións con gran respecto e ao rematar fixeron moitísimas preguntas. Non nos chegaba o tempo a nada!!!


lunes, 2 de octubre de 2017

ABALAR: TRABALLAMOS CÓS ORDENADORES

Pois xa empezamos a traballar os ordendores Abalar. Aprendemos a redactar textos en Writter e inserir táboas.Tamén fixemos pequenas presentacións en Impress. Como somos moi intuitivos, os alumnos máis que a profe, logo pillamos todo. Mirade que concentrados estamos.



domingo, 24 de septiembre de 2017

UN CURSO DIFERENTE



Logo dun verán moi difícil, toca poñerse as pilas e comezar o traballo. Seguro que coa axuda de todos os nenos e nenas recuperamos as ilusións e as gañas que tiñamos algo perdidas. Xa non somos Monte Caxado, pero dende A Magdalena seguiremos loitando pola educación dos nenos e nenas que cada ano, cada curso, deixades nas nosas mans. Bo comezo.


jueves, 21 de septiembre de 2017

miércoles, 14 de junio de 2017

OPOSTOS

Hoxe tivemos a grandísima sorte de poder visitar a Exposición Artística "Opostos", no Mercado Vello. Alí disfrutamos de fermosos cuadros de artistas ponteses, como Eduardo López. Noé López, Lupe Lago Eduardo González, Montse García, Marga Rodríguez, Asunción Blanco, Francisco Barros, Lourdes Acera, Fernando Vigo, Francisco Castro, Naia Carballo, e por suposto, Miri Franco, que este ano traballamos nós no cole. Menudos artistas!. Prometemos seguir os seus traballos no vindeiro curso.

lunes, 12 de junio de 2017

FALANDO DE MÁQUINAS

Pois falando de máquinas, qué mellor que aproveitar a visita  do papá de Oscar, de 4º. Fai unhas maquetas impresionantes, gustáronnos moito. E ademáis , non precisa planos, ten todo na súa cabeza: planos, medidas, proporcións, etc. Menuda colección que ten!!


sábado, 10 de junio de 2017

VISITAMOS O MELGA

Onte fomos de excursión a Ponteceso. Alí estivemos visitando o MELGA, un museo etnolúdico. Pasámolo xenial . Estivemos  case tres horas xogando, e ainda seguíamos outras tres. Vimos primeiro unha sala con xogos tradicionais e deportes. Aprendemos moito con Roicardo Pérez. Logo pasamos  a outra sala na que poidemos ver xogos e deportes a través da historia. E todo iso, sen parar de XOGAR. Dende logo, Ricardo é inconbustible.
Paramos a comer no Pinar de Balares, fermoso lugar. Dende logo debemos felicitar a tod@s os alumn@s polo seu comportamento e polo limpiño que deixaron todo..
A ultima visita, foi ao dolmen de Dombate. Que ben nos explicou todo o guía!!
E por suposto, non podíamos voltar para a casa sen comer o noso xeado. Ía calor e apetecía moito.





















martes, 6 de junio de 2017

FOTOS DA PLANTACIÓN

Aquí quedan algunhas fotos da plantación que fixemos. Seguro que vos gustan.



domingo, 4 de junio de 2017

DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS /VOZ NATURA





Con motivo da celebración do Día europeo dos parques naturais, fomos transplantar unhas arboriñas que xa tiñamos ben medradas.Mirade a montaxe tan chula que temos no noso blog da Aula de Medio Ambiente.

Para rematar, esté sábado disfrutamos un ano máis de Festa Voz Natura. Graciñas a todos os papás , mamás e alumnado que nos acompañou. Aquí queda a foto da nosa exposición.

ENTREGA DE PREMIOS

O xoves pasado, na biblioteca, tivo lugar a entrega de premios do Concurso do Reciclado, do Certame das Letras Galegas convocado pola ANPA , e do Concurso sobre Carlos Casares convocado polo equipo da biblioteca. E levamos moitos premios!!
No Concurso de Reciclado, levamos un premio polo noso traballo colectivo, a nosa tartaruga AMIÑA

No certame das Letras Galegas tivemos varios premios individuais e de grupo. Logo poderedes ver as fotos na web do cole.

No concurso  sobre Carlos Casares, convocado polo equipo de Biblioteca gañamos un lote de libros. Foi moi divertido. Tivemos que buscar  informacion sobre Casares e responder a 30 preguntas que estaban expostas nos corredores do cole.




jueves, 25 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Esteano, en vez de facer o Festival das Letras Galegas que soíamos facer, decidimos argallar unha semana cultural con moitas actividades:
-En Infantil fixeron uns murais preciosos.
-O alumnado de 1º , xunto coa súa profe Concha, fixeron unha magnífico vídeo a paratir do conto A galiña Azul de C. Casares.
-Os Superheroes de 2º deixáronnos asombrados coas súas dotes para o baile.
-Nós, xunto cós compis de 4º preparamos  unha obriña Instrucciones para hablar gallego (Seche Sende) e preparamos  o baile A Carolina, a ritmo de rap.
-O alumnado de 5º, ensináronnos  a biografía de Casares e representáronnos "O can Rin e o lobo Crispín . En  6º escolleron para mostrarnos  "Os inventos Noxentos".
-En Secundaria , prepararon moitas actividades: podcast, lectura de libros, farsas inventadas por eles, caricaturas...
Podedes ver todos estes traballos na páxina do cole. Clicade aquí.

miércoles, 10 de mayo de 2017

EDUCACIÓN VIAL

No cole puidemos disfrutar dunha estupenda xornada de educación vial. Pasamólo estupendo conducindo os karts no circuito. E algúns enchéronse a poñer multas polo pobo!!
Mirade o vídeo que preparou Concha e que tamén podedes ver na web do cole

miércoles, 26 de abril de 2017

UN MES COMPLETO

Disfrutamos neste mes de dúas actividades moi interesantes. Primeiro asistimos ao concerto didáctico de Odaiko,  Odaiko Invención no que de forma alegre e divertida, utilizando instrumentos de percusión, se fai un percorrido polos frandes inventos da humanidade. Que ben o pasamos!! Imposible permanecer sentados no asiento!!

E, ademáis, para festexar o Día do libro, estivo no cole Darío Xohán Cabana. Charlou cós rapaces e eles aproveitaron para facerlle preguntas. Tamén foi unha xornada moi enriquecedora.







martes, 18 de abril de 2017

A MESTRA TOMASA

E se acabamos o trimestre con maxia, empezámolo con teatro. Invitados polo Concello acudimos  ao espectáculo " A Mestra Tomasa Que Che Pasa",  un teatro con monicreques e personaxes que tentaba promocionar os valores e o fomento da lectura en galego. Logo do espectáculo, asistimos a un obradoiro no Mercado Vello, no que os nen@s elaboraron uns fermosos marcapáxinas.



viernes, 7 de abril de 2017

UN MAGO NO COLE

Para rematar o trimestre, tivemos no cole unha visita sorpresa: o mago Benxamín. Presentounos o seu espectáculo e asombrounos coa súa maxia. Aquí quedan algunhas fotos. Na páxina web do cole podedes ver e descargar un vídeo moi chulo que fixo a profe Concha.



domingo, 26 de marzo de 2017

DÍAS DA POESÍA, DA ÁRBORE, DA AUGA.

Cantos día temos para festexar? Pois imos facer unha mestura de todos eles. En galego, coa profe Marita,  traballamos poemas que tiñan que ver coa auga e logo copiamolos e decorámolos . Tamén escribimos  cousas relacionadas con auga nunhas pinguiñas para poñer na árbore do patio.  Xa estaba moi chula, porque os alumn@s de 1º e 2º fixeron unhas froitas e unha flores ben bonitas.
Tamén fixemos na clase e coa profe Fina, moitos experimentos con auga. Ata fixemos maxia e conseguimos facer desaparecer unha moeda!!!
Por último, aproveitamos unha xornada de sol, para facer unha plantación de sementes variadas: caléndula, berros, perexil, albahaca...
Non paramos!!

Aquí tedes outra mostra do noso traballo


A árbore non quedou nada mal.




lunes, 20 de marzo de 2017

QUE FANTÁSTICOS MESTRES!!

Un grupo de alumnos de 1º da ESO, convidáronnos a presenciar o traballo que elaboraron para estudar o espacio. Foi unha xornada moi entretida . Contáronnos os pros e os contras de traballar en equipo e amosáronnos as maquetas que realizaron. Gustounos moito, e eles explicáronse moi ben. 

martes, 14 de marzo de 2017

COÑECENDO PINTORES

Neste segundo trimestre, na sección bilingüe de plástica, coa profe Ángeles, estivemos traballando diferentes pintores: Mary Cassat, Keith Haring. ..Descubrimos tamén , que hai un importante colectivo de artistas ponteses. Todos nos gustaron moito e decidimos empezar a traballar  cós cadros de MIRI FRANCO. Aquí tedes unha pequena mostra, pero podedes ver máis fotos no blog da seción bilingüe Learning with you.


lunes, 13 de marzo de 2017

XOGOS MATEMÁTICOS

Un rato entretido facendo torres cós nosos xogos matemáticos.


domingo, 12 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER 2017

Dende o Concello, ofertáronnos unha bonita actividade par celebrar o Día da Muller. Dúas fantásticas científicas pasaron polo cole . Faláronnos de moitas mulleres científicas moi, moi importantes. Logo ensináronnos un montón de experimentos, sobre electricidad estática, densidades, rotación... Como podedes ver, pasamos un rato moi divertido.


viernes, 24 de febrero de 2017

CHEGOU O GRAN DÍA

E aquí estamos , có noso disfraz preparado. Como este ano o lema das bibliotecas escolares é "Territorio das artes", e dado que o cine é un arte, optamos por disfrazarnos de películas, series ou contos. Na web do cole, podedes ver as fotos de todos os cursos. Nós, en conxunto cos alumnos de 4º, disfrazámonos de mosqueteiros. Preparamos o disfraz na clase, fixemos unhas espadas que levamos á casa para decorar, preparamos uns cuellos con blondas de manteles e...quedounos espectacular!!! A profe Marita preparounos un baile moi chulo. Ademáis, como todos os anos, a ANPA do cole, invitounos a orellas, e o concello a freixós. Pasamos unha xornada estupenda.




miércoles, 22 de febrero de 2017

ESTRENAMOS A AULA DE INFORMÁTICA

Despois dunha boa temporada inoperativa, xa temos lista a aula de infórmatica. Entre disfraz e disfraz, quedounos un ratiño para ir practicar cós enlaces que temos en fresquirecursos. Uns nenos traballaron as multiplicacións, outros as divisións, o relevo de Galicia, as plantas....Tamén houbo algún tempo para facer xogo libre. Portamonos moi ben e seguro que poderemos vir todas as semanas.


lunes, 20 de febrero de 2017

A NOSA FURGO DE ANTROIDO

Menuda chulada de furgoneta que preparamos para este carnaval. E que divertido foi subirnos nela . Por alí pasamos profes e alumnos. Vaia risa que nos botamos.



FURGOENTROIDO2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Ademáis, a furgo viña cargadiña de mandatos. O luns, tivemos que levar garavata. O martes, gafas. O mércores, algo tolo na cabeza e o xoves.....saia ou vestidos. Menuda semana que pasamos.

lunes, 13 de febrero de 2017

PHOTOCALL ENTROIDO 2017

Empezamos a preparar o noso entroido. Este ano imos preparar un "photocall"na biblioteca. Os nosos axudantes dos recreos pintaron uns marcos moi chulis. Logo fomos facer unhas fotos que sairon ben lindas. Mirade.




jueves, 26 de enero de 2017

DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Hoxe celebramos  Día da Educación Mediambiental . Como tamén está moi próximo o Día da Paz, fixemos unha actividade para integrar estas dúas importantes datas Cada alumn@ escolleu un brick, forrouno con papel de cores e escribiu unha palabra relacionada coa paz. Con todos eles construimos dous muros , que colocamos nas dúas  plantas do cole. Participaron todos os alumnos de Infantil e Primaria. Que vos parece o resultado??


VIAXAMOS EN XANEIRO

Empezamos xaneiro con forza e moitas actividades. Para comezar, o día 19 desprazámonos ata Lugo. Alí, no Museo Provincial, fixemos unha divertida actividade, chamada "Animalandia". Ao tempo que a guía nos ía explicando cousas da historia e dos romanos, tiñamos que ir buscando uns animaliños que estaban agochados, nos cuadros, en esculturas, en cerámicas.. Cada vez que un nen@ atopaba un, a guía dáballe un premio. Pasámolo superben, e todos conseguimos o noso premio. 
Logo, o profe Pedro levounos ver a estatua de Anxel Fole, as murallas, a catedral...Por suposto, aproveitamos unha paradiña para tomar un rico chocolate con churros. Que ben nos veu , co frío que estaba o día!!


E seguimos viaxando. Onte desprazámonos ata a Capela para participar nos xogos populares que oraganizan no cole desta localidade. Xa estivéramos o curso pasado, e gustounos tanto que decidimos repetir. Foi unha xornada espléndida, como espléndido foi o acollemento por parte dos nenos e profes do cole da Capela. Graciñas a todos eles.