domingo, 23 de diciembre de 2018

CHEGA O NADAL E TEMOS UN CONVIDADO NO COLE

Chegou decembro e o espíritu do Nadal enche os nosos corazóns. Ata o cole chegou o Elfo Larry, procedente dos EEUU. É moi argalleiro. Cada día escóndese nun lugar e temos que atopalo. Ademáis temos que estar atentos aos seus mandados. Uns días ponnos adiviñas, outro temos que entrar na clase dando dous saltiños, outro temos quedarnos apertas.... Este Larry é moi imaxinativo.




O día 19, xuntámonos no pavillón e cantamos as panxoliñas que tiñamos preparadas. Cantamos en galego, castelán, inglés..e...Tivemos un pequeniño problema coa canción de francés. Pero, ao día seguinte, na xornada de animación preparada pola ANPA, poidemos representala. Quedounos super ben. Menudo acento francés que temos. Tamén adobiamos o cole e ata veu Papá Noel facernos un pequeno agasallo. Graciñas á ANPA pola súa colaboración.
Podedes ver un resumo de todas as acitividades  premendo aquí, nesta estupenda estupenda presentación coa que dende o cole, profes e alumnos vos desexamos a todos unhas

FELICES FESTAS E BO NADAL

domingo, 9 de diciembre de 2018

HUME: CONCURSO SOBRE O NOSO PATRIMONIO

Este ano, a asociacion HUME, convocou o Primeiro Concurso para escolares ."O patrimonio das Pontes". Por suposto decidimos participar. Ao cole empezaron a chegar fermosos traballos de investigación feitos polos rapaces e rapazas. Uns participaron na categoría literaria e outros na artística. Tamén nos outros coles fixeron trabllos moi interesantes.
O día 5 convidáronnos a asistir a unha charla no cine Alovi. Antes de comezar, entregáronse os premios. Na nosa clase tivemos dous alumnos premiados: Óscar, que fixo unha maqueta dunha máquina de mallar, e Noa, que , xunto có seu irmán escribiu un lndo poema que engaiolou ao xurado. Aquí vos quedan algunhas fotos, sinto non ter do poema de Noa.


Esta é a maqueta de Óscar:


Ao final tivemos uns pinchiños, que estaban  ben ricos e , xa para rematar, todos os participantes recibiron un pequeno agasallo e un diploma. Mirade que contentos.


domingo, 25 de noviembre de 2018

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No noso cole rexeitamos calquera tipo de violencia, e por suposto, especialmente a viloencia de xénero. Dende Normalización lingüística propuxeronnos facer uns carteis para recordar e traballar este día , para dicir ben alto que xa non temos medo e que estamos ledas porque tamén os homes están dando pasos adiante na nosa loita e non nos van deixar soas.
Os carteis quedaron preciosos. Aqui quedan os que fixemos nos dous sextos. A que molan?

SEGUNDA RODA DE CONVERSA

Ainoa comezou a segunda ronda das nosas conversas. Cada vez somos mais esixentes, e os traballos veñen mais preparados. Ainoa fixo unha excelente presentación sobre a repostería  . Tiña todo moi organizado e aprendido. E por si fora  pouco trouxonos un exquisito roscón de pasas e noces que fixo coa súa avoa.



Tocoulle logo o turno  a Dani. Xa sabemos que é un apasionado da música, da batería , do free style. Pois como non podía ser menos, falounos da música. Moi ben. Canto sabemos!!


Noa fíxonos unha conversa moi emotiva. Explicounos moitas cousas acerca do alzheimer, unha enfermidade que coñece ben, porque a padece un membro da súa familia. Púxonos un vídeo moi interesante e ilustrativo. Estupendo Noa!!






Tamén André realizou a súa exposición, esta vez sobre o balonman. Explicounos o reglamento deste deporte, púxonos algún vídeo e contestou moi ben ás explicacións dos compañeiros.


Óscar e Eloy prepararon de forma  conxunta a súa conversa. O tema elexido foron as maquetas, nas que Óscar é todo un experto. Menudo control que tiñan sobre o tema. Ensinaronnos o seu traballo na PDI e tmán nos amosaron unha das maquetas feitas por Óscar.. Moi ben os dous.


Pois remataron as conversas por este ano. Á volta das vacacións seguiremos con elas .





miércoles, 7 de noviembre de 2018

SAMAÍN 18-19

Neste curso, fixemos un tempo de Samaín diferente. Cantamos, disfrazámonos, pero non houbo cabazas ( bueno, só algunha que outra). Cambiamos e decidimos facer unha exposicion-concurso de vasoiras. MIrade as da nosa clase. Superchulas!!



Ademáis estivemos na biblioteca vendo una película terrorífica, cantamos unha canción en inglés e outra en francés, vimos a montaxe realizada e dirixida por dúas nenas de 6º e tamén bailamos unha canción que nos ensinou a profe Elena. Porcerto, a biblioteca e os corredores estaban ben terroríficos.


CHARLAMOS E APRENDEMOS


Pois sí, seguimos aprendendo coas nosas conversas. André deunas unha charla sobre a granxa, os animais que alí había, os traballos que se realizan...Como sempre , traía todo o traballo elaborado nunha folla por si se esquecía de algo.


Con Daniel aprendemos sobre o Free sStyle. Deunos unha charla impresionante. Nótase que lle gusta moito o tema. Algúns dos vídeos que nos puxo, foron realmente divertidos.


Noa e Lara, tocaron a nosa "fibra sensible". O tema que elixiron para a conversa foi " Animais de espectáculos· Ensináronnos que as cousas son diferentes cando as ollamos dende dentro ou dende fora, que moitos animais sofren auténticas torturas para que nós nos divirtamos un pouquiño, que en moitas ocasións o seu habitat non é o adecuado, que apenas teñen espacio para moverse...
En fin, seguimos desenvolvendo o noso galego e aprendendo cousas que non veñen nos libros.

Érika, Aitana e Andrea, faláronnos de catro mulleres que para elas son moi importantes.
Érika explicounos quen era Laura Kim e a súa loita por chegar a ser  unha deportista de élito no mundo do taekwondo. Misty Copeland resultoulle interesante a Aitana, porque a pesar de ser unha muller á que moitos consideraban pouco dotada para o baile, con esforzo chegou a ser unha grande bailarina. E Andrea, que xa sabemos que unha gran apaixoada do fútbol,ensinounos algunhas cousiñas de dúas importantes futbolistas: Patricia Guijarro e a pontesa Malena Mieres.








lunes, 29 de octubre de 2018

HELENA E XESÚS VOLTAN AO COLE

Helena Villar  e Xesús Rábade Paredes foron grandes amigos do noso cole  Monte Caxado. Como as amizades importantes non se rompen así como así, agora son tamén amigos do novo cole do que formamos parte, A Magdalena. Por iso, acudiron ao cole facernos unha visita e tamén presentar efalar con nós sobre un libro que comezamos a ler "Viaxe á Illa Redonda".
Como sempre , as súas verbas estiveron cargadas de verdade, tenrura e profunda simpatía e amor pola literatura e polos nenos.
Graciñas pola vosa visita e esperamos contar con vós para o próximo curso.



viernes, 12 de octubre de 2018

NOVO ESPACIO PARA A BIBLIOTECA

Como xa sabedes, este ano tivemos máis cambios no cole. Agora nun pavillón están os alumnos de infantil , 1º, 2º e 3º de EP (A e B) e no noso estamos 4º, 5º e 6º (A e B). Nas aulas de E. Infantil que quedaron libres no noso edificio temos agora aula de PT e tamén estamos a montar unha aula de Plástica e outra que funcionará como unha sección da Biblioteca do cole e tamén com ludoteca. Como temos moito traballo, puxémonos mans á obra. Veredes como nos organizamos!!


COMO MOLAN AS CONVERSAS

Pois xa estamos postos a andar coas conversas en galego. Xa levamos unhas poucas , e todas moi interesantes. Cada día se expresan con máis soltura e con menos medo.

Oscar e Borja atrevéronse a ser os primeiros. Déronnos una charla moi completa sobre o motocross. Encantounos como Oscar lle axudou a Borja, que estaaun pouco máis tímido, xa que é o primeiro ano que está con nós. Cando remataron fixémoslles moitas preguntas e contestáronnos moi ben a todas.




Ian, que é todo un experto na materia, falounos da pesca. Ensinounos aparellos, a cana, poteras, falounos dos peixes que colle en Cariño..Moi ben Ian, encantounos.



Eloy e Teo son expertos en "Pit Bikes" e así o demostraron coa súa conversan. Este curso estamos notando moito o que xa practicaron o curso pasado. Moi ben, a preparara seguinte conversa para sorprendernos.


A última conversa que tivemos foi a de Ainoa. Como coñece moi ben o tema, falounos de Saúde buco.dental. Explicounos moi ben como debemos limpar e coidar a nosa boca e o que nos pode suceder se non o facemos así. Estupendo! Deunos o tema para moito debate.




A VOLTAS CÓ FRANCÉS

Este ano ,  temos novidades na hora de libre configuración. Imos comezar un pequeno proxecto de Francés. De momento foi moi ben aceptado por todo o alumnado. No apartado de Fresquirecursos (columna dereita) xa temos moito material para practicar.
Nestas primeiras sesións estivemos aprendendo  "Les salutations, les nombres..". Ata xa nos atrevemos a cantar e facer pequenos xogos cós números.







miércoles, 12 de septiembre de 2018

PREPARADOS! COMEZAMOS O CURSO 2018-19

Empezamos un novo curso, deixamos atrás algún compañeiro, chegan outros compañeiros novos......Bo comezo a tod@s.


jueves, 21 de junio de 2018

REMATAMOS O CURSO

Pois aínda que pareza incrible, xa pasou un ano. Un ano dende o "peche", "extinción", ou como se lle queira chamar, do noso cole. Un ano traballando con compañeiros novos, cos mesmos nenos, no mesmo lugar. Intentando en todo momento facer o posible para que os nenos non noten grandes cambios, e intentando adaptarnos a novos horarios, novos proxectos, novas normas e maneira de facer as cousas...Todavía con moita pena por todos os proxectos que perdemos e sin entender en que se mellorou con este cambio.
Grazas  a todos e nenos e nenas, aos pais e nais , que nos fixestes este ano máis levadeiro. E tamén grazas a todos os compañeiros e compañeiras cós que traballamos tan a gusto. A os que marchan desexámolles moita sorte nos seus novos destinos. Os que aquí quedamos , se todo vai ben, verémonos en setembro. 
Que pasedes todos boas vacacións.

miércoles, 20 de junio de 2018

ARGALLANDO COA ELECTRICIDADE

Como estábamos a traballlar o tema da electricidade , e no libro todo parece un pouco de rollo, decidimos facer algo máis práctico puxémonos e montar, por equipos, diferentes circuitos electricos, con elementos moi sinxelos: lámpadas, zumbadores, miniventiladores, cables, baterías, tablas ou cartóns.... Resultaron  unhas sesións moi entretidas e os circuitos funcionaron á perfección.


domingo, 17 de junio de 2018

EXCURSIÓN A MONFORTE

O venres 15 fixemos a nosa saída de fin de curso. Nesta ocasión viaxamos a Monforte. Alí puidemos visitar o curioso Museo das Casas de Muñecas, próximo á estación. Son sorprendentes as casas e as bonecas, e todas están feitas de xeito artesanal. Mirade aquí unha pequena mostra.


Tamén estivemos no Museo do Ferrocarril. Alí entramos no tren que trouxo ao Rey Emérito D. Juan Carlos dende Portugal. Fixemos unha pequena viaxe ata a rotonda onde os trens daban volta antigamente e contemplamos os diferentes trens e outros vehículos que custodian neste museo.













Claro que tamén tivemos tempo para disfrutar no parque e darnos unha boa merendola na terraza da estación.

Por último, demos un bon paseo, para aproveitar a tarde, por lugares históricos de Monforte, acompañados dunha fabulosa guía. Menuda calor que pasamos! E ao comezo todo era costa arriba!!

Todo resultou moi ben e regresamos á hora prevista.



domingo, 10 de junio de 2018

PROXECTO ROBÓTICA

Neste último trimestre, as clases de 5º B e 6º A comezamos un proxecto de robótica. Traballamos conxuntamente cos MBOTS e fixemos unhas prácticas moi divertidas.Tivemos unha profe moi especial, Noemí e un axudante espectacular, Juan. Moitas graciñas aos dous pola  súa axuda.
Para comezar, cada equipo buscou un nome para o seu MBOT e puxoo na caiza correspondente. Logo procedemos á montaxe do robot. Ao principio liábamonos un chisco coas pezas, pero logo collemos carreira e non foi tan difícil.


Unha vez montado o MBOT, comezamos coas prácticas: traballamos coa placa de leds e probamos a programar e cambiar as luces. Ata fixemos un semáforo!!. Logo perfeccionámolo e puñémoslle son e xa tiñamos un semáforo para invidentes. 
Noutra sesión programamos un robot moi obediente , que seguía unha liña negra debuxada nun folio. Pero como somos argalleiros, probamos a xuntar as mesas e facer circuitos polas mesas... e o noso robot era capaz de seguilas!!
Probamos a crear carteles luminosos e emoticonos coa placa led, e resultou unha sesión moi divertida.
Para o remate deste curso, deixamos as actividades máis divertidas: utilizando o mando a distancia fixemos competición de carreiras cos MBOTS; tamén os puxemos a practicar sumo(menudas risas), e por último xogamos unha liguiña de fútbol, cunha pelota de tenis.


Foi unha experiencia doblemente interesante, polo que aprendimos derobótica con Noe e Juan e pola oportunidade de relacionarnos cós compañeiros de 6º.
Agora xa temos que empezar  a buscar novas prácticas para o próximo curso

viernes, 13 de abril de 2018

VISITAMOS O IES CASTRO DA UZ

Dentro do programa EduEmprende, tivemos a ocasión de visitar o IES Castro da Uz. Recibíronnos o director e a Orientadora, que nos deu unha pequena charla para explicarnos o que é un emprendedor, e que tipo de emprendedor podemos chegar a ser. Logo tivemos a visita de Mónica, emprendedora, da empresa Husa. Ela falounos tamén de cómo ela se fixo emprendedora, dos pasos que debemos dar, das dificultades coas que nos podemos atopar...Deixounos claro queestá moi ilusionada cosseus proxectos e que precisamos ter iniciativa, responsabilidade, traballo en equipo....para chegar a ser emprendedores con éxito.
Aproveitamos para facer un percorrido polas instalacións do instituto. Vimos algunhas aulas. Na de plástica fixemos uns talleres, de elaboración de marcapáxinas e de chapas, que nos encantaron. Logo fomos ver os talleres dos ciclos formativos.Que sorpresa!! Nenos amañando coches, facendo aparellos eléctricos, desmontando ordenadores...Encantounos, e, por riba, convidáronnos a unha merendiña e agasalláronnos cunha mochila e unha USB.
Agora só nos queda idear algún proxecto para convertirnos en emprendedores.


jueves, 22 de marzo de 2018

VISITAMOS SOTAVENTO

Outra actividade interesante que fixemos este curso,foi a visita a Sotavento. Foi fantástico visitar a vivenda bioclimática e ver os aeroxeneradores. Aquí queda un vídeo explicativo  e unha foto de grupo, para que vexades que ben o pasamos.






lunes, 19 de marzo de 2018

APRENDEMOS CONVERSANDO

Lara e Andrea puxeron fin á nosa segunda ronda de conversas en galego. Deixáronnos coa boca aberta. Que ben o fixeron!!
 Lara falounos sobre MarieCurie, aproveitando que estaba próxima a celebración do Día da Muller. Como lle gusta a ciencia e a investigación a Lara!!
Andrea falounos da sua afición favorita, o fútbol. Amosounos a súa equipación, algunhas das súas medallas,fotos.
Resultaron dúas conversas moi interesantes. Agora imos a pola terceira ronda. Nesta ocasión prepararemos de xeito cooperativo, en equipos unha exposición sobre un tema escollido libremente. Logo dunhas sesión preparatorias comezaremos coas conversas.


viernes, 9 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER 2018

Chegou o día. Novamente estamos a celebrar o Día da Muller. O Equipo de Dinamización Lingüística do centro, propúxonos unha actividade ben divertida: traer fotos de mulleres da nosa familia e escribir tamén aque se adicaban. Vimos que había moitas mamás, avoas, tías...e todas elas abarcaban moitas profesións. Con todas as fotos fixemos uns murais para expoñer nos dous pavillóns.


lunes, 5 de marzo de 2018

INTERESANTES CONVERSAS

Outro martes máis de conversa. Desta volta, tocoulles sorprendernos a Xulián , André e Ian Xulián fixo unha completa exposición sobre a caza, tipos de caza, armas empregadas, cordas, tipos de cans...Foi apasionante e aprendemos moitas cousas novas. Creo que todos estivemos de acordo en que o fixo moi ben e que o traia moito mais preparado que na súa primeira charla.

André engaiolounos coa súa historia do mariñeiro David, do seu barco, dos peixes que collía, das dificultades que tiña. Estivemos moi atentos.Todos pensamos que David era un amigo seu. Pois non, foi un personaxe imaxinario, que André creou para facer este ratiño de conversa. Estupendo, vivímolo como si fose real.

Ian, nesta ocasión, falounos doutra acatividade que lle gusta moito: o xadrez e demostrounos que sabe moito deste tema. Estupendo! Non nos cansamos de aprender.
Parabéns aos tres.




viernes, 23 de febrero de 2018

SESIÓN DE ROBÓTICA

Tivemos a sorte de contar nunha sesión de clase cós profes Noemí e Juan. Con eles repasamos os contidos que estamos a traballar, relevo de España, fraccións...,pero utilizando ROBOTS. Pasamos unrato moi divertido, pero non sempre era fácil dar as ordes para que os robots chegasen á solución que nós queríamos. Seguiremos practicando. Grazas Noe e Juan, por prestarnos o voso tempo.




jueves, 22 de febrero de 2018

LENDO A HARRY POTTER

Estamos lendo o primeiro libro da serie de Harry Potter. Para ambientarnos, vimos os primeiros capítulos. Logo pasamos á lectura. .Como nos imos convertir en grandes magos, empezamos facendo unhas fermosas variñas máxicas. Tamén preparamos a nosa carta de admisión en Hogwarts e fixemos o listado de material que necesitaremos na escola de maxia. Seguro que aprendemos moito e chegaremos a facer grandes trucos.


viernes, 9 de febrero de 2018

O ANTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

Este ano no cole, escollemos como tema para o entroido "Estilos musicais". Nos acordamos vestirnos de raperos, e como nos gusta moito "O Langui" buscamos unha coreografía para a súa canción "Se buscan valientes"
A comisión de Antroido propuxonos un disfraz sumativo, de tal xeito que  o xoves teríamos que parecer un cantante que nos gustase. Menudo elenco de artistas!! Estaba Michael Jackson, Tina Turner, Lady Gaga, Mariachis, Bruno Mars, Elvis....Aquí podedes ver unha pequena mostra.