jueves, 27 de junio de 2019

E CHEGOU A GRADUACIÓN

Pois si, logo dunha temporadiña sin pasar polo cole, por causas personais tristes e importantes, non podía faltar ao día da vosa graduación.
 Foi un acto emotivo, no que tivestes oportunidade de contar o que significou para vós o voso paso polo centro.
Os bailes preparados coa axuda de Elena estiveron super super ben. Tamén foi unha alegría para min, ver que non esquecerades a canción de francés.
Foi un placer compartir con todos vos estos anos e , sen dúbida, Manuel (profe de 6ºA) e eu, fomos os que máis aprendimos: a perdoar, a compartir, a superar dificultades, a ser bós compañeiros, a rifar falando....a tantas cousas.
Agora toca empezar outra etapa . Seguro que vos irá moi ben. Non teñades medo. Esforzádevos e loitade por chegar a ser aquelo que queredes e para o que estades máis capacitados. 
Con todo o meu agarimo, deséxovos   MOITA SORTE!!!