viernes, 22 de noviembre de 2019

O RECUNCHO FRANCÉS

Este ano , a proosta da Biblioteca e Equipo de Dinamización Lingüística , imos desenvolver un novo proxecto: Unha viaxe polo mundo.

Nós, xunto cós nenos e nenas de 3º A e a súa mestra Berta, temos pensado facer unha "viaxe" por Francia. Empezamos preguntando para saber o que coñecía o noso alumnado, acerca deste paíse atopamos cousa curiosas:
-A capital é Paris.
-Hai xogadores de fútbol moi importantes.
-A selección francesa gañou algunha vez a copa do mundo de fútbol.
-Cómese moito queixo, chocolate e tortilla francesa.
-Alí vai moita xente de viaxe...

Bueno , agora toca averiguar se estamos no certo. Empezamos a crear na clase o noso recuncho francés", e xa empezamos a ter algún material. Ata xa temos pasaporte!!



jueves, 14 de noviembre de 2019

DISFRUTAMOS NA BIBLIOTECA

Sempre é fantástico poder rematar a xornada escolar, pasando un rato entretido na biblioteca, senón, mirade.





miércoles, 13 de noviembre de 2019

IRIÑA BAILARINA

Hoxe fomos ata o cine Alovi, para ver unha representación do conto "Iriña bailarina", a cargo do grupo de teatro Os ghazafellhos. Fomos invitados pola ANPA do centro. Dende aquí dámoslles as grazas polo seu traballo.
Trataba dunha bailarina que vivía na súa caixiña de música, sen poder saír de alí,  dun pirata e dun xogadorde futbolín. Os tres queren xogar sen límites , sen roles impostos

.


domingo, 10 de noviembre de 2019

CANTAMOS E BAILAMOS EN HALLOWEEN

A profe de Inglés, Sara,  estivo coa rapazada preparando unhas actividades moi chulas. Na biblioteca estivemos vendo unha pequena mostra. Primeiro, sentados en corro, fixeron un xogo con vasos, que se tiñan que pasar ao tempo que cantaban e ao ritmo da música. Logo, bailaron a canción. Foi un ratiño moi divertido. Aquí quedan os vídeos e unhas fotos de mostra do ben que o pasaron.








viernes, 8 de noviembre de 2019

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Este mes de agosto , estivo repletiño de actividades. Unha delas foi a celebración do magosto.
Como todos os anos, fomos ata o ximnasio, para comer castañas asadas e tomar o bebible que nos tiña preparada a ANPA do cole. Cando xa estabamos ben fartucos e logo de descansar un anaquiño, dirixímonos ata o pavillon A. Alí Jairo tiñamos preparadas seis estacións de xogos. Por turnos fomos pasando de unha a outra. Pasousenos moi rápido o tempo.