jueves, 27 de noviembre de 2014

SEGUIMOS COAS VISITAS

Nesta ocasión, achegáronse ata o cole a mamá e a prima de Alba, de primeiro. Trouxéronnos uns animais mamíferos.... e ROEDORES. Veredes que preciosos. Eran uns coelliños de Indias e un hámster ruso, dos que , por suposto, aprendemos moitas cousas. Sería imposible aprender todo o que levamos aprendido sen estas visitas. Graciñas a todas por facer o noso traballo moito máis  divertido e fructífero.


domingo, 23 de noviembre de 2014

OUTRA VISITA SORPRENDENTE

Seguindo có noso proxecto dos animais, recibimos a visita da mamá de Érika, de 2º. Nesta ocasión traía con ela unha cabuxiña anana (¡Que chulada!) e un precioso gato persa. Contáronnos moitas cousas. A cabuxa, Bambi se chama, ainda tiña un mes, e como é mamífera, ainda está tomando leite da súa nai. Pronto empezará a comer cereais e outras cousiñas. Vimos tamén fotos da sá mamá e do seu papá.
Do gato, outro mamífero, tamén aprendemos moito. Escoitamos o que comía, ensináronnos o peite para peitearlle o seu pelo, aprendimos que ten que tomar unha pomadiña para evitar as bolas de pelo que ás veces se comen...
A avoa de Érika, que tamén estivo con nós, ten moitísimos animais e con ela disfrutamos escoitando as súas historioas. ¡Que ben nos portamos e que interesantes son estas clases!
Graciñas ás dúas pola súa visita.

jueves, 20 de noviembre de 2014

INVESTIGAMOS NO NOSO MUSEO

Unha das fabulosas ideas que xurdiron na asamblea, foi investigar no museo etnográfico do noso cole por si había cousas relacionadas cós animais. Claro que sí! O noso museo ten de todo.
Nunha primeira sesión, logo de falar dos animais domésticos, (axúdannos nos traballos, dannos alimento, compañía, serven de medio de transporte...) fomos ver a parte do museo onde está o carro. Charlamos de como as vacas tiraban do carro, dos arados, vimos os xugos, os bozos, as cordas... O profe Paco, que pasaba por alí, colleunos unha AGUILLADA, para que a poidésemos ver mellor. Menuda punta que tiña! Quedamos moi sorprendidos cando descubrimos que había que ter un permiso para poder ter ese tipo de vara, unha especie de carnet.



Noutra sesión vimos a parte do museo relacionada cós cabalos. Como na clase temos toda unha experta, Saleta, que esta practicando hípica, foi ela a que nos explicou moitas cousas:
falounos do estribo, das riendas, das espuelas , da silla de montar, da manta que se pon debaixo da silla para que non se manque o cabalo, das ferraduras...Tamén nos contou como debíamos tirar das riendas para que o cabalo fose á dereita, á esquerda ou de frente.
Como é unha gran amazona, primeiro empezou indo ao paso e agora xa vai a trote e mesmo algo a galope.
Na parte de abaixo do cole, xunto á clase dos máis peques, hai unha sección adicada á matanza do porco. Fernán e Manuel, que sabían moito do tema, explicáronnos moitas cousas. A máquina de facer os chourizos resultoulles moi interesante.




Tamén nese corredor, vimos a sección de caza e pesca. Aquí todos sabían moito, porque hai moitos papás e avós que son cazadores.





lunes, 17 de noviembre de 2014

O FABULOSO MUNDO DOS ANIMAIS

Os nenos e nenas de primeiro decidiron aprender moitas cousas, ademáis de todas as que xa saben, sobre os animais. Como temos unha biblioteca fabulosa achegámonos ata alí para buscar libros que nos servirán como fonte de información. Voltamos para a clase con dúas mochilas cheíñas de libros.





Tamén os nenos e nenas trouxeron das súas casas un montonazo de material: vídeos, contos, debuxos, fotografías, bonecos... Estásenos quedando pequeno o noso recanto dos animais.Mirade, mirade!


Logo empezaron a chegar as sorpresas. Saleta trouxonos caracois. Observámolos , collémolos, falamos dos usos da baba do caracol...


O luns tivemos unha visita moi especial. Carla, a tía de Manuel, veu pasar un ratiño con nós. Na pantalla dixital da aula de informática, vimos unha presentación sobre as características dos animais. Estivemos moi atentos e aprendemos todo, todiño.
Pero o mello de todo foi que nos trouxo a súa cadeliña, Nana. Ademáis de ser preciosa, é moi tranquila, porque os nenos non a soltaron nin un momento.
Noutra caixiña viñan dos coelliños; probamos a darlles de comer unhas berzas, pero ou non tiñan moita fame, ou estaban un pouco nervosos con tanto neno.( Os nenos e nenas de segundo e a súa profe Fina, tamén nos acompañaron).
E noutra caixiña estaban uns pitiños pequeniños. Tamén os collemos e ollamos a sua plumaxe. Rímonos moito cando un deles decidiu que xa era hora de facer caca. Uff, Kevin librou polos pelos!!!








MOITÍSIMAS GRAZAS CARLA POR COMPARTIR ESTE RATIÑO CON NÓS.

lunes, 3 de noviembre de 2014

RECOLLEMOS O PREMIO DOS FUNGOS

Polo noso cartel das setas de origami recibimos un premio no concurso dos fungos. Como vedes non paramos, así que o sábado, ás 12:30 , estabamos puntuales na carpa de Santa María para recoller o noso premio. Ollade as fotos.