viernes, 24 de abril de 2020

EU QUEDO NA CASA 24 ABRIL

Chegamos ao final da semana. Imos acabala cunha ficha interactiva. Podédela facer aquí  ou na Aula virtual do centro e , ao rematar, xa nola enviades.




Neste libro LIM podedes seguir aprendendo máis cousas sobre a nosa saúde. Seguro que moitas xa as poñedes en práctica. Clicade AQUÍ.

Neste outro ENLACE, desplegaredes unha folla moi importante a ter en conta para a vosa saúde.  A ver se vos atrevedes

jueves, 23 de abril de 2020

EU QUEDO NA CASA 23 ABRIL


Ante todo, desexrvos hoxe un Feliz Día do Libro.

Vai  ser un Día do Libro un pouco especial debido ao confinamento. Festéxase este día coincidindo coas mortes de Cervantes , Shakespeare e o Inca Garcilaso.

Empezamos escoitando un  conto que narra a historia dun elefante que perde o seu anel de voda. Un mouchiño sabio, tentará axudarlle a resolver o problema.



O seguinte conto explica a tradición de por que, o 23 deabril, día de San Jorge, nalgúns lugares teñen por costume agasallar unha rosa cun libro.





Bueno seguiremos mañá. Non esquezades que, como canta Rozalén, gardaremos nun tarriño todas as apertas e bicos para cando pidamos vernos.

miércoles, 22 de abril de 2020

EU QUEDO NA CASA 22 ABRIL

No blog Clase de Anabel atopamos entradas interesantes sobe o día de hoxe, DÍA DA TERRA. Imos velas:

Se clicades en Guía Infantil, atoparedes consellos importantes sobre como coidar o noso mundo.
E se vos apetece cantar e bailar, tamén podedes.



Ou se preferides, podedes escitar este conto:


martes, 21 de abril de 2020

EU QUEDO NA CASA 21 ABRIL

Xa está chegando a Primavera. Imos recibila con este contiño, con música de Vivaldi.



Podedes repasar o que vimos de natu en estes libros LIM. Non tedes que facer todas as actividades. Só aquelas que vos interesen.

 foto
     






E se queredes repasar cun marcianiño moi simpático, todos os malos  hñabitos posturales que temos, clicade AQUÍ

Por último, unha ficha interactiva faciliña :
Grupo alimentario, una ficha interactiva de 3BPRIMARIA
liveworksheets.com

lunes, 20 de abril de 2020

EU QUEDO NA CASA 20 ABRIL

Empezamos outra semana e parece que xa queda un pouquiño menos para que nenos e nenas poidades saír un pouquiño da casa. Eso sí, con moita precaución. 
Seguro que se prestades atención, podedes responder ás preguntas deste vídeo.
Clicade en VÍDEO.

Como sabemos que todavía hai nenos e nenas que teñen dificultades coas tablas e outros conceptos, imos facer un pouquiño de repaso.
 foto                                                            foto

Podemos seguir practicando as tablas a continuación:
 foto




Se queredes pasar un rato divertido facendo cálculo mental, que sempre está moi ben para axilizar a mente, atrevedevos con estes simpáticos animaliños. A ver quen é máis rápido.

 foto


Por último intentade facer esta ficha interactiva:

  
La tabla del 2, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com

viernes, 17 de abril de 2020

EU QUEDO NA CASA 17 DE ABRIL

Xa é venres, Cada día queda un pouquiño menos para saír e vernos. 
Seguro que coñecedes moitas palabras fermosas en galego, Se precisades axuda podedes clicar AQUÍ. ou en este outro ENLACE.

E como chega a fin de semana, despedímonos cunha canción.

jueves, 16 de abril de 2020

EU QUEDO NA CASA 16 ABRIL

Que tal  se repasamos un pouco os signos de interrogación e exclamación? Clicade na imaxe e estade atentos/as.
 foto



      



Como estamos traballanso os alimentos, esta explicacion da roda dos alimentos é bastante sinxela. Atrevédevos a clicar na imaxe.
 foto


E se sodes moi valentes, que seguro que sí, non teredes dificultade con este vídeo da división.


miércoles, 15 de abril de 2020

EU TAMÉN QUEDO NA CASA 15 ABRIL

Imos poñer aquí algúns recursos parao día de hoxe.

  • Para repasar xénero e número dos sustantivos. AQUÍ.
  • Jugar con el género y número en Cerebriti:AQUÍ o también AQUÍ
  • E se vos apetece cociñar , xlicando na imaxe atoparedes unha recitas ricas, ricas e saudables. Clica na imaxe.
  •  foto


martes, 14 de abril de 2020

EU TAMEN QUEDO NA CASA 14 ABRIL

Ola familias. Aquí estamos de volta , logo destas vacacións tan particulares, pechadiños na cass. Pero ainda así, festexamos o tempo que levamos xuntos con esta canción.




Ánimo , xa falta menos para que nos volvamos a xuntar.

viernes, 3 de abril de 2020

EU TAMÉN QUEDO NA CASA 3 ABRIL

Chegamos ao últio día da semana. Deixamos aquí uns recursos para que repasedes, xoguedes, brinquedes...
Empezamos por este. clicade na imaxe.

 foto

Como xa aprendemos moitas cousas sobre o corpo humano, agora imos probar a mover o esqueleto. Mesmo o podemos facer en familia.




Se aínda non estades cansados , animadevos a facer un pouco de fitnes , con este Fitnes Coronavirus. Cando cheguemos sorprenderemos a Jairo coa boa forma física que temos.


jueves, 2 de abril de 2020

EU TAMÉN QUEDO NA CASA 2 DE ABRIL


Hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Apesar do confinamento, seguimos loitando polos dereitos destos nenos e nenas , que sí poden aprender, que sí se poden traballar.



Se vos apetece podedes ver estos vídeos. O primeiro é de LiberTea ,asociación de pais e nais que traballan polo benestar dos seusfllos/as con Trastorno do Espectro Autista. Ten unha música preciosa de Macaco.




Este outro tamén é moi bonito. Na web do cole tedes "El Cazo de Lorenzo", precioso conto para enteder o autismo , ainda que igual precisamos da axuda dun maior, para que nos axude a comprendelo mellor.




Bueno, e seguimos có traballo..Sabemos que a auga do planeta é un recurso que se esgota, e por iso, temos que coidala. Mira o seguinte enlace e verás.



miércoles, 1 de abril de 2020

EU TAMÉN QUEDO NA CASA MÉRCORES 1 DE ABRIL

Xa que estamos a traballar os fenómenos atmosféricos , podedes argallar na páxina de AEMET  e mirar a predición do tempo na vosa localidad ou noutras, ao longo dos vindeiros días. Ánimo, PROBADE.

Podedes ver tamén este Lim e facer as actividades que vos interesen . Seguro que descubrides cousas que non coñeciades.
 foto

E como temos que coidar todo o noso planeta, podes escoitar estas cancións . Podedes facelo en ingles ou castelan. As dúas versións son chulas.



Se queredes repasar os aumentativos e diminutivos clicade  AQUÍ ou en este outro ENLACE