lunes, 28 de junio de 2010

ÚLTIMAS SAÍDAS

E xa no remate do curso fixemos dúas últimas saídas do cole. A proposta de Marita, visitamos a oficina de Correos e a Biblioteca Municipal. Logo , o día 18, fixemos a excursión de fin de curso, este ano a Santiago.Como sempre, foi estupenda e pasámolo moi ben. Pola maña estivemos na Escola de Prevención de Riscos, onde os nenos e nenas participaron en diferentes obradoiros de seguridade.Cando saímos de alí, xa con fame, fomos xantar na Alameda.Para baixar a comida, e como facía moi bo día, demos un paseíño ata a praza do Obradoiro.Máis tarde fomos ata MUPEGA, onde aprendemos moita cousas do noso pasado. Rematamos cunha boa merendola no Monte do Gozo.Graciñas á ANPA polos batidos de chocolate, que estaban boísimos.


miércoles, 9 de junio de 2010

CONCERTO NA PRAZA VERMELLA











Este ano o Conservatorio celebra o seu XX aniversario. Noraboa. Para celebralo organizan diferentes actividades, unhas no propio Conservatorio, outras nos coles, no Alovi. Nesta ocasión poidemos asistir a un concerto na Praza Vermella. Participaron nenos de todos os coles, acompañados polas especialistas en música e os seus titores/as.Que calor facía alí! Tivemos que escapar para a sombra. O concerto foi bonito e estivo acompañado por unha pequeniña representación teatral.




SUSO CUBEIRO












Como se pode ver, estes días estivemos cargadiños de actividades entretidas e interesantes. Unha das que máis lle gustou a os nenos foi a visita de Suso cubeiro. O ilustrador estivo no cole o día 25 de maio e deixounos a todos cos ollos abertos cos seus fermosos debuxos.Non nos chegou o tempo a nada.





sábado, 5 de junio de 2010

OBRADOIROS NO MERCADO VELLO

No Mercado Vello tivo lugar unha exposición de artesáns, adicada a Uxío Novoneyra. Acudimos alí os cursos de 1º e 2º. Na exposición poidemos atopar pezas feitas en madeira,de canteiría, con materiais de refugallo, alimentos artesáns, tapices....Ademáis, os nenos e nenas poideron participar en nos obradoiros de pirograbado, traballo con papel de periódico e coloreado dun conto.Foi unha actividade moi interesante.

CAMIÑATA POLAS RIBEIRAS DO SOR

O luns 24, acompañados polos nenos e nenas de 1º,3º, e 4º fixemos unha pequena camiñata dende Negradas ata o porto do Barqueiro.Esta saída, como o ano anterior, foi organizada pola AMA e o Departamento de E.F.Ainda que fomos un bon trociño por estrada, este roteiro permitiunos disfrutar dunha mañá en contacto coa natureza e cos compañeiros. Vimos campo, río, mar, anmais, vías do tren...Os nenos e nenas portáronse moi ben e camiñaron como campións, sen queixarse nada, aínda que cando chegamos ao Barqueiro estaban a maioría deles mortiños de sede e fame (xa era hora da merendiña do recreo).Loguiño descansaron e ainda estaban con forzas para corrrer e xogar.

AS BOLIQUEIRAS 2010
















O dia 21 de maio, seguindo con actividades relacionadas coas Letras Galegas e a nosa lingua, celebrouse na Casa Dopeso a entrega dos premios do Concurso As Boliqueiras, que este ano tiña por lema "Divírtome coa lingua".Nenos e nas do noso cole acudiron a recoller os seus premios. Os nenos e nenas de segundo recibiron o terceiro premio, por un traballo ben fermoso que fixeron coa profe Marita. Grazas Marita, por axudarnos tanto.