lunes, 28 de abril de 2014

PINTURAS RUPESTRES


Este venres, na clase de plástica, pasámolo xenial. Trouxemos da casa diferentes materiais: barro, carbón, azafrán, pemento... e con todo isto, tentamos facer unhas "cave pictures". O que máis nos prestou foi embadurnarnos todos. Aquí tedes unha pequena mostra. Poderedes ver máis no blog da sección bilingüe Learning with you.


CONCURSO DE RECICLADO 2014


Hoxe rematou o prazo para entregar os traballos do Concurso de Reciclado, organizado pola Aula de Medio Ambiente do centro. Algúns nenos fixeron os seus propios traballos, individuais ou en parella. Nós, ademáis fixemos un traballo colectivo.
Cun CD usado que tiñamos pola clase e unha botella de plástico, fixemos uns xarróns, que logo colereamos de verde. Despois elaboramos diferentes flores con materiais reciclados (Foi unha visión moi persoal dos xirasoles de Van Gogh) O resultado podedes velo a continuación.

ENTRAMOS NA PREHISTORIA

Comezamos neste último trimestre, un proxecto sobre a historia de Galicia. Comezamos pola prehistoria. Por equipos traballamos para ver as cousas que xa coñecíamos desta etapa. Logo puxemos os nosos coñecementos en común e pensamos que outras cousas nos gustaría aprender.
Os nenos e nenas puxéronse a traballar e o noso recuncho da prehistoria foise enchendo de información: libros, figuras de "bichos", dinosaurios  (a mamá de Diego modelou un mi chulo),armas (Manuel, Alex e Sergio trouxeron unhas machadas e unha frecha fantásticas), un vaso campaniforme, resumos elaborados polos propios alumnos...Con toda esta información estamos aprendendo moitísimo!!


Prehistoria1 - Movie Maker
Tamén no blog poñeremos  algúns recursos que esperamos que vos gusten.

Este seguro que vos gusta Tamén podemos xogar un ratiño.
Os vídeos dos Picapedra sempre son divertidos.

FARMACIA NATURAL

Nestes días estamos metidos en varios proxectos. Un deles é a Farmacia natural, promovida por Educa- Barrié. Imos levar a cabo un proxecto de investigación na aula sobre plantas saudables.
En primeiro lugar , recibimos un kit con todo o necesario para comezar a nosa plantación. Por equipos fomos plantando as sementes. Deixamoslas na repisa da ventana (Hai un caloriño alí que parece un invernadoiro)
Agora, uns días despois, empezan asomar as plantiñas. Estamos intrigados pensando en que sairá dos vasiños.






ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Para a celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil, o Equipo da biblioteca propúxonos a elaboración duns marcapáxinas. Púxémonos mans á obra e aquí tedes o resultado. 
Tíñamos que celebrar outro día importante, o do libro. Como o lema deste ano das bibliotecas é  Ler ciencia na biblioteca, os nenos e nenas que escribiron relatos para o concurso Ciencia que conta, leron para o alumnado dos outros cursos as súas composicións. Todas as historias foron fabulosas . Creo que ides camiño de ser grandes lectores e escritores. Animádevos a seguir escribindo. Se queredes ver máis imaxes, entrade no blog da nosa biblioteca. Seguro que vos gusta.


miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO 2014

Para celebrar este día , un vídeo bonito que atopou a nosa compañeira Pilar, coordinadora da Biblioteca.

lunes, 21 de abril de 2014

MENUDA PLANTACIÓN

Logo deste tremendo inverno, con tanta auga e cicloxénesis, xa non nos lembrábamos da nosa plantación de porros. O primeiro día bon que tivemos, José Antonio, o conserxe, axudounos a recollelos. Menuda colleita!! Quedamos abraidos! Ollade as fotografías e veredes que non mentimos nada.


miércoles, 2 de abril de 2014

HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Se pinchades no retrato de Andersen poderedes aprender algunha cousiñas da súa biografía. Se vos apetece ler algún dos seus contos clicade nesta outra imaxen.



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Dende 1.967 , coincidindo có nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o día 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil, coa finalidade de promocionar os bós libros infantis e xuvenís e de animar á lectura aos lectores máis novos. Este é o cartel deste ano.


A encargada de prepar o cartel foi Niamh Sharkey e a autora e editora Siobhan Parkinson escribiu a carta aos nenos do mundo, que podedes ler se clicades na imaxe  seguinte 






DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO




 Os pais de Manuel, un neno con autismo, preséntannos a Canción de Manuel III : O oito, pertencente a un proxecto audiovisual de concienciación  do Trastorno de Espectro Autista. O ano pasado escoitamos a canción anterior e gustounos moito. Seguro que esta tamén vos parece preciosa.


Ademáis aquí podedes ler 10 cousiñas que todo neno con autismo quixera que nos soupéramos. Seguro que si as lemos, entenderémolos mellor.

martes, 1 de abril de 2014