lunes, 29 de octubre de 2018

HELENA E XESÚS VOLTAN AO COLE

Helena Villar  e Xesús Rábade Paredes foron grandes amigos do noso cole  Monte Caxado. Como as amizades importantes non se rompen así como así, agora son tamén amigos do novo cole do que formamos parte, A Magdalena. Por iso, acudiron ao cole facernos unha visita e tamén presentar efalar con nós sobre un libro que comezamos a ler "Viaxe á Illa Redonda".
Como sempre , as súas verbas estiveron cargadas de verdade, tenrura e profunda simpatía e amor pola literatura e polos nenos.
Graciñas pola vosa visita e esperamos contar con vós para o próximo curso.



viernes, 12 de octubre de 2018

NOVO ESPACIO PARA A BIBLIOTECA

Como xa sabedes, este ano tivemos máis cambios no cole. Agora nun pavillón están os alumnos de infantil , 1º, 2º e 3º de EP (A e B) e no noso estamos 4º, 5º e 6º (A e B). Nas aulas de E. Infantil que quedaron libres no noso edificio temos agora aula de PT e tamén estamos a montar unha aula de Plástica e outra que funcionará como unha sección da Biblioteca do cole e tamén com ludoteca. Como temos moito traballo, puxémonos mans á obra. Veredes como nos organizamos!!


COMO MOLAN AS CONVERSAS

Pois xa estamos postos a andar coas conversas en galego. Xa levamos unhas poucas , e todas moi interesantes. Cada día se expresan con máis soltura e con menos medo.

Oscar e Borja atrevéronse a ser os primeiros. Déronnos una charla moi completa sobre o motocross. Encantounos como Oscar lle axudou a Borja, que estaaun pouco máis tímido, xa que é o primeiro ano que está con nós. Cando remataron fixémoslles moitas preguntas e contestáronnos moi ben a todas.




Ian, que é todo un experto na materia, falounos da pesca. Ensinounos aparellos, a cana, poteras, falounos dos peixes que colle en Cariño..Moi ben Ian, encantounos.



Eloy e Teo son expertos en "Pit Bikes" e así o demostraron coa súa conversan. Este curso estamos notando moito o que xa practicaron o curso pasado. Moi ben, a preparara seguinte conversa para sorprendernos.


A última conversa que tivemos foi a de Ainoa. Como coñece moi ben o tema, falounos de Saúde buco.dental. Explicounos moi ben como debemos limpar e coidar a nosa boca e o que nos pode suceder se non o facemos así. Estupendo! Deunos o tema para moito debate.




A VOLTAS CÓ FRANCÉS

Este ano ,  temos novidades na hora de libre configuración. Imos comezar un pequeno proxecto de Francés. De momento foi moi ben aceptado por todo o alumnado. No apartado de Fresquirecursos (columna dereita) xa temos moito material para practicar.
Nestas primeiras sesións estivemos aprendendo  "Les salutations, les nombres..". Ata xa nos atrevemos a cantar e facer pequenos xogos cós números.