jueves, 26 de marzo de 2015

PLANTAS CON ARTE

Aproveitamos  o tema das plantas , para facer en plástica, unhas moi especiais. Utilizamos uns garfos e témpera de cores. Podédelas ver  tamén no noso blog da sección bilingüe Learning with you.


miércoles, 25 de marzo de 2015

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE

Neste mes de marzo celebramos dúas datas  importantes: o Día da Auga e o Día da árbore. Como estamos tamén a traballar a unidade didáctica das plantas, aproveitamos para plantar diferentes cousiñas. Mirade:
  • Abel ensinounos a plantar patacas e cebolas, que son tubérculos.
  • Na clase plantamos sementes de "mastuerzo", que esperamos que nos den unhas bonitas flores. Tamén aproveitamos unha planta que nos deixou a profe Fina, para coller  un esquexe e plantalo.
  • Nos laterales do cole, fixemos unha plantación de camelios, que seguro que cando vaian medrando estarán preciosos.
Como aprendemos moitas cousas das plantas, decidimos facer una mural en grupos. Cada grupo traballou contidos diferentes: partes das plantas, a reprodución das plantas, que comemos das plantas e tipos de plantas.Quedou moi chuli!! Para practicar un pouco, invitamos aos papás e mamás e explicámoslles o que tiñamos aprendido. Son uns ARTISTAS. Fixérono estupendamente ben. A ver se podemos subir algún vídeo. 

miércoles, 18 de marzo de 2015

OUTRAS ARGALLADAS QUE FIXEMOS

Completamos o noso proxecto con sinxelos experimentos, mesmo repetimos algún que xa fixera a profe Oliva, pero que os nen@s recordaban e querían volver a facer.

Observamos o ciclo da auga:
    
Comprobamos a presión e a tensión superficial






Coa lupa miramos os cristais de sal que nos quedaron na bandexa logo de evaporarse a auga.

Oscar, de 2º, veunos facer un experimento moi chulo. Dobrou cinco palillos pola mitade. Dispúxoos nunha bandexa coa parte dobrada para o medio. Botoulles un chisco da auga e...Menuda estrela. Mirade.



A NOSA DEPURADORA

Como estamos a falar da auga, da importancia de coidala, xa que temos moi pouca potable (a maioría da auga está nos mares e océanos e é auga salgada; moita da doce está en forma de xeo nos polos e glaciares) decidimos facer unha depuradora para ver como se pode limpar a auga sucia.

Cortamos o fondo dunha garrafa e puxémola en posición invertida. dentro puxemos algodón, pedras grandiñas, outras máis pequenas, area e un filtro de metal. Levamos unha botella con auga ben noxenta, con pedras, paus , terra....

Botámola na depuradora e, pouco a pouco, empezou a saír a auga ben limpa. FUNCIONA!!!



Despois disto, para completar a nosa "formación en filtros", fomos visitar as instalacións da piscina municipal.Alí aprendimos  moito: os diferentes filtros que ten a auga da piscina, como se quenta , como se leva a auga quente tamén para as duchas , como se consegue caldear o aire do recinto, como se pode repoñer a auga que se perde. Moitas graciñas a Rodrigo e Angélica por ensinarnos e acompañarnos nesta visita.








domingo, 1 de marzo de 2015

PROXECTO A AUGA

Estes día estamos investigando e aprendendo cousas sobre a auga. Na asamblea recordamos o proxecto feito en infantil coa profe Oliva e decidimos amplialo un pouquiño.
Fixemos un primeiro experimento ben sinxeliño. Botamos en auga maateriais diferentes: un lapis, aceite, cortiza, plastilina ( a mesma primeiro nunha bóla e logo en forma de lancha), azucre, sal , terra...Fixemos hipóteses do que ía suceder e así traballamos conceptos como flota, afúndese, mestúrase ou disólvese.



A plastilina en forma de bola íase ao fondo. En forma de barco conseguía flotar!!!!






Para traballar a presión , fixemos un "submarino". Empregamos unha botella chea de auga, tres globos e unha torca pequena. Pasamos os globos polo interior da torca, de xeito que as boquillas quedaran algo froxas  e metímolas dentro da botella.


Os globos flotan dentro da botella. Agora aplicamos presión.  Unha pequena cantidade de auga introdúcese polas bocas dos globos e...
O "submarino" afúndese!!!
Temos que dicir que a primeira vez non nos saeu ben o experimento, pero como xa temos experiencia como científicos, voltamos a intentalo. Agora si que si.
Ata nos gusta levalo para a casa para ensinarllo ás nosas familias.










Tamén experimentamos o principio dos vasos comunicantes e a capilaridade.Como unha imaxe vale máis que mil palabra aquí o tedes. En moi pouquiño tempo a auga dos cinco vasos nivelouse , mesmo nos vasos que non tiñan auga. Quedou coreada de laranxa a auga do vaso que estaba entre o amarelo e o vermello; e dun azul tirando a morado a que estaba entre o azul claro e o vermello.



Nun vaso de tubo comprobamos como se comportan materiais con distintas densidades: mel, auga ( con colorante azul), aceite de xirasol, aceite de oliva. Quedou espectacular!!

Saleta e Manuel querían averiguar canta auga tiñamos no noso corpo. Como o internet non nos ía, foron preguntar á profe Fina, de 2º. Ela contoulles que aproximadamente 3 partes de catro. Entón , collemos unha garrafa, medimos (primeiro a metade, e logo a metade da metade), fixemos unha marca e enchemos ata a marca de auga. Se case somos todo auga!! Bautizamos á nosa garrafa como Gotiña e estámola a adornar. Xa ten cabeza, brazos...

E a próxima semana, seguiremos experimentando.