miércoles, 25 de febrero de 2015

FELIZ DÍA DE ROSALÍA

Dende o ano 2010, celebramos o Día de Rosalía, promovido pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Escolleuse a data do 24 de  febreiro, data de nacemento desta fabulosa muller e escritora.
Coa profe Marita, metememos na pel de Rosalía, aprendemos moitas cousas sobre ela, lemos algunha poesía e escollemos esta para ilustrala. Mirade canto traballamos.

E se queredes aprender máis cousas mirade este libro Lim:

domingo, 15 de febrero de 2015

FESTEXAMOS O ENTROIDO

Aquí queda unha pequeniña representación dos nosos disfraces do Entroido. Pintamos, decoramos, bailamos...Haberá máis fotos no blog da sección bilingüe.


viernes, 13 de febrero de 2015

XOGAMOS AO BINGO

E xa chegou o Entroido. Antes de poñer o noso disfraz, aproveitamos para xogar un pouco. Sara, a profe de PT de Secundaria, e Alba, unha alumna súa, veñen a visitarnos de cando en vez, e sempre nos traen algún xogo interesante, feito por elas.Nesta ocasión era un bingo dos animais. Pasamos un rato estupendo xogando.
Graciñas chicas, seguimos esperando polas vosas argalladas.


miércoles, 11 de febrero de 2015

VISITAMOS O EROSKI

Despois destas xornadas de cuchipandas, aproveitamos que seguimos traballando os alimentos, para facer unha visita ao Eroski. Alí visitamos as diferentes seccións (saltámonos a da bollería), aprendemos na froitería a distinguir os produtos galegos dos que non o son, traballamos o nome de froitas  "exóticas", comprobamos como estaban oraganizando todo para estas festas de Entroido, contáronnos que hai unhas 40 persoas traballando neste super....Aprendimos moitas cousas. Cando pasamos pola sección dos lácteos, vimos como algúns alimentos levan un semáforo nutricional, onde con cores verde, amarelo ou vermello, aparecen indicacións moi importantes.
Portámonos moi ben e cando rematamos a visita invitáronnos a unha estupenda merenda saúdable. Que bon estaba todo!!! Non deixamos nada.
E ainda houbo unha última sorpresa: agasalláronnos cunha mochila chea de galletas , froita e zumes. 
Graciñas a todo o personal do Eroski, e, especialmente a Cristina, que nos acompañou no noso paseo polo super.

martes, 10 de febrero de 2015

A POLOS FREIXÓS

Hoxe tocoulle ao alumnado de 2º e á súa profe Fina, exercer de cociñeiros. Fixeron uns freixós doces que estaban riquísimos. Por suposto nós, apuntámonos a comelos. Deixamos a receita por si vos animades a facelos.


domingo, 8 de febrero de 2015

QUE RICAS ORELLAS!!!

Este venres pasado, xa que estamos rematando o proxecto dos alimentos, decidimos facer unhas ricas orellas de Entroido. Axudounos a profe Blanca. Seguimos esta receita:

-A medida dun vaso pequeno de anís.
-1 vaso pequeno de auga.
-1 vaso pequeno de aceite de xirasol.
-2 ovos.
-A reladura dun limón.
-Un chisco de sal.
-Fariña ( a que admita a masa)
-Azúcar glace

Preparamos a masa a primeira hora e deixámola repousar. Cando chegou a profe Blanca, axudounos a estiralas para logo fritilas. Ao sacalas da tixola, botámoslles azúcar glace por riba. Os nenos e nas de segundo tamén nos axudaron a facer unhas pouquiñas.

Sairon boísimas!!!! Fixemos unha boa fonte delas e non quedou ningunha.

Agora, a polos freixós...