miércoles, 27 de octubre de 2010

ESTÁ CHEGANDO O SAMAÍN

Falta moi pouquiño para o Samaín. A nosa biblioteca vai collendo un aire diferente. Bruxas, vampiros, cabazas, morcegos...van tomando o seu sitio para quedarse uns días con nós.Hoxe estivemos alí. Aproveitamos para ler un pouquiño e tamén rematamos de pintar un fermoso mural que profes e nenos e nenas doutros cursos xa foran facendo.



E por se alguien se anima, pinchade aquí e atoparedes unhas terrorificamente deliciosas receitas para o Samaín.

martes, 26 de octubre de 2010

PRIMARY AND SECONDARY COLOURS

Para aprender e recoñecer os "Primary colours" fixemos unha actividade de soplado con palliña, utilizando témpera líquida (red ,yellow and blue).Tamén con estas cores, pintaron uns carteis cos seus nomes; logo pegámolas sobre un mural feito cun rodillo, con "secondary colours".
Como actividade de outono pintamos follas secas e estampámolas en folio, utilizando as cores libremente.

A. EDUCATIVA

Xa levamos varias sesións de Alternativa á Relixión e fixemos diferentes tipos de traballos. Coloreamos con témperas un cartel de outono, para poñer no recuncho dos proxectos. Noutra sesión fomos ata a biblioteca do cole. Alí limos un libro que lles gusta moito: "Mamá, ti si que me entendes" e logo fixemos con rotuladores un debuxo relacionado coa lectura.Tamén decidimos facer un cuadro con setas feitas de barro, para o concurso dos Fungos e cogomelos.Finalmente, para que no nos quede nada, e xa que chega o Samaín, reciclamos unhas bolsiñas de papel (das que dan nos comercios) e transformámolas en "bolsas pantasmais"(Esta actividad encantoulles).

SEMENTES DE OUTONO

Estamos no outono, e aproveitando o bo tempo, baixamos ata o viveiro do cole para plantar unhas sementes. Este ano plantamos landras e castañas que trouxeron os nenos e nenas. Despois de ben plantadiñas, regámolas.Agora esperaremos uns días e logo voltaremos velas. Esperemos que medren todiñas.

lunes, 25 de octubre de 2010

O samaín

Aquí tedes un vídeo dunha canción de Mamá Cabrá, que vos encanta a todos. Na Clase encántalles xogar ás estatuas con esta música.

PROXECTO: EXPERIMENTAMOS 1

Xunto co nenos e nenas de 2º e da súa profe Fina, decidimos facer un pequeno proxecto de experimentos. Para comezar fixemos un moi sinxelo: un globo a propulsión. Utilizamos un pouquiño de cordel, unha palliña, un globo e unha pinza para cerrar o globo logo de telo ben cheo de aire.Para ser o primeiro experimento, saíunos de rechupete. Estamos desexando repetir.

domingo, 17 de octubre de 2010

XOGAMOS CÓ CORPO

Aínda que o curso pasado, traballaron coa profe Oliva o corpo, nun fermoso proxecto, este ano ímolo revisar un pouquiño, porque parece que é un tema que lles gusta moito e quixeron comezar por el. Estivemos traballando algún dos sentidos. Aproveitamos para ulir algunhas esencias, para ver se as coñecían. Anxo, cando uleu a menta, dixo que iso era como uns caramelos que tiña a súa avoa na casa. Tamén se aproximaron ao eucalipto. O resto eran un pouco difíciles: ourego, tomillo...

Para traballar o sentido do gusto, fixemos unha pequena degustación de froitos secos: anacardos ,pistachos, cacahuetes, pipas...Deixamos para esta semana a degustación de froitos carnosos de outono.

Cos ollos vendados descubrimos o importante que é o sentido da vista e o moito que o necesitamos. Intentamos recoñecer aos compañeiros utilizando outros sentidos: o oído, para identificalos polas súas voces (foi bastante fácil), o tacto (este xa foi moito máis complicado). Utilizamos tamén o tacto para identificar algúns obxectos.

Despois de repasar o esqueleto, movémonos pola clase e comprobamos que o corazón latía máis rápido. Logo observamos que o noso corpo podíase doblar por partes diferentes, chamadas articulacións.