jueves, 21 de junio de 2018

REMATAMOS O CURSO

Pois aínda que pareza incrible, xa pasou un ano. Un ano dende o "peche", "extinción", ou como se lle queira chamar, do noso cole. Un ano traballando con compañeiros novos, cos mesmos nenos, no mesmo lugar. Intentando en todo momento facer o posible para que os nenos non noten grandes cambios, e intentando adaptarnos a novos horarios, novos proxectos, novas normas e maneira de facer as cousas...Todavía con moita pena por todos os proxectos que perdemos e sin entender en que se mellorou con este cambio.
Grazas  a todos e nenos e nenas, aos pais e nais , que nos fixestes este ano máis levadeiro. E tamén grazas a todos os compañeiros e compañeiras cós que traballamos tan a gusto. A os que marchan desexámolles moita sorte nos seus novos destinos. Os que aquí quedamos , se todo vai ben, verémonos en setembro. 
Que pasedes todos boas vacacións.

miércoles, 20 de junio de 2018

ARGALLANDO COA ELECTRICIDADE

Como estábamos a traballlar o tema da electricidade , e no libro todo parece un pouco de rollo, decidimos facer algo máis práctico puxémonos e montar, por equipos, diferentes circuitos electricos, con elementos moi sinxelos: lámpadas, zumbadores, miniventiladores, cables, baterías, tablas ou cartóns.... Resultaron  unhas sesións moi entretidas e os circuitos funcionaron á perfección.


domingo, 17 de junio de 2018

EXCURSIÓN A MONFORTE

O venres 15 fixemos a nosa saída de fin de curso. Nesta ocasión viaxamos a Monforte. Alí puidemos visitar o curioso Museo das Casas de Muñecas, próximo á estación. Son sorprendentes as casas e as bonecas, e todas están feitas de xeito artesanal. Mirade aquí unha pequena mostra.


Tamén estivemos no Museo do Ferrocarril. Alí entramos no tren que trouxo ao Rey Emérito D. Juan Carlos dende Portugal. Fixemos unha pequena viaxe ata a rotonda onde os trens daban volta antigamente e contemplamos os diferentes trens e outros vehículos que custodian neste museo.













Claro que tamén tivemos tempo para disfrutar no parque e darnos unha boa merendola na terraza da estación.

Por último, demos un bon paseo, para aproveitar a tarde, por lugares históricos de Monforte, acompañados dunha fabulosa guía. Menuda calor que pasamos! E ao comezo todo era costa arriba!!

Todo resultou moi ben e regresamos á hora prevista.



domingo, 10 de junio de 2018

PROXECTO ROBÓTICA

Neste último trimestre, as clases de 5º B e 6º A comezamos un proxecto de robótica. Traballamos conxuntamente cos MBOTS e fixemos unhas prácticas moi divertidas.Tivemos unha profe moi especial, Noemí e un axudante espectacular, Juan. Moitas graciñas aos dous pola  súa axuda.
Para comezar, cada equipo buscou un nome para o seu MBOT e puxoo na caiza correspondente. Logo procedemos á montaxe do robot. Ao principio liábamonos un chisco coas pezas, pero logo collemos carreira e non foi tan difícil.


Unha vez montado o MBOT, comezamos coas prácticas: traballamos coa placa de leds e probamos a programar e cambiar as luces. Ata fixemos un semáforo!!. Logo perfeccionámolo e puñémoslle son e xa tiñamos un semáforo para invidentes. 
Noutra sesión programamos un robot moi obediente , que seguía unha liña negra debuxada nun folio. Pero como somos argalleiros, probamos a xuntar as mesas e facer circuitos polas mesas... e o noso robot era capaz de seguilas!!
Probamos a crear carteles luminosos e emoticonos coa placa led, e resultou unha sesión moi divertida.
Para o remate deste curso, deixamos as actividades máis divertidas: utilizando o mando a distancia fixemos competición de carreiras cos MBOTS; tamén os puxemos a practicar sumo(menudas risas), e por último xogamos unha liguiña de fútbol, cunha pelota de tenis.


Foi unha experiencia doblemente interesante, polo que aprendimos derobótica con Noe e Juan e pola oportunidade de relacionarnos cós compañeiros de 6º.
Agora xa temos que empezar  a buscar novas prácticas para o próximo curso