domingo, 10 de junio de 2018

PROXECTO ROBÓTICA

Neste último trimestre, as clases de 5º B e 6º A comezamos un proxecto de robótica. Traballamos conxuntamente cos MBOTS e fixemos unhas prácticas moi divertidas.Tivemos unha profe moi especial, Noemí e un axudante espectacular, Juan. Moitas graciñas aos dous pola  súa axuda.
Para comezar, cada equipo buscou un nome para o seu MBOT e puxoo na caiza correspondente. Logo procedemos á montaxe do robot. Ao principio liábamonos un chisco coas pezas, pero logo collemos carreira e non foi tan difícil.


Unha vez montado o MBOT, comezamos coas prácticas: traballamos coa placa de leds e probamos a programar e cambiar as luces. Ata fixemos un semáforo!!. Logo perfeccionámolo e puñémoslle son e xa tiñamos un semáforo para invidentes. 
Noutra sesión programamos un robot moi obediente , que seguía unha liña negra debuxada nun folio. Pero como somos argalleiros, probamos a xuntar as mesas e facer circuitos polas mesas... e o noso robot era capaz de seguilas!!
Probamos a crear carteles luminosos e emoticonos coa placa led, e resultou unha sesión moi divertida.
Para o remate deste curso, deixamos as actividades máis divertidas: utilizando o mando a distancia fixemos competición de carreiras cos MBOTS; tamén os puxemos a practicar sumo(menudas risas), e por último xogamos unha liguiña de fútbol, cunha pelota de tenis.


Foi unha experiencia doblemente interesante, polo que aprendimos derobótica con Noe e Juan e pola oportunidade de relacionarnos cós compañeiros de 6º.
Agora xa temos que empezar  a buscar novas prácticas para o próximo curso

No hay comentarios: