jueves, 20 de junio de 2013

DESPEDIMOS A ÁNGELA





Hoxe despedimos a Ángela, que para o vindeiro curso non estará no noso cole. Como non queremos poñernos tristes, as mamás axudáronnos a organizar unha fabulosa festa. Pola tarde, trouxeron uns doces riquísimos e preparamos no forno do cole unhas exquisitas pizzas caseras. Menuda merendola que nos zampamos!!! Tamen nos viñeron a visitar as profes Ángeles e Blanca e algún que outro invitado sorpresa. Demoslle a Angela uns regaliños para que non se esqueza de nós. Sentimos moito que se marche e ímola botar de menos.Biquiños para todos os nenos e nenas e graciñas a estas fantásticas mamás que tanto nos axudan. Un besazo enorme para Ángela.







miércoles, 19 de junio de 2013

IMOS DE EXCURSIÓN

Por fin chegou o día da excursión e neste caso fomos acompañados polos nenos e nenas de cuarto, a súa profe Fina e a Teacher. Pola mañá fixemos un fermoso roteiro pola costa de Dexo-Serantes. Acompañáronnos unha monitoras do CEIDA, que foron moi, moi amables. Ensináronnos os acantilados, a praia da Marola, a diversidade de árbores e plantas que había na zona, como podíamos atopar rastros de animais...Foi un paseo estupendo, e , por riba, ainda que o día non estaba moi bo, non nos choveu nada.
 Logo marchamos ao Muncyt. Descubrir os robots, Mª Luz e Pepe Xan foi todo un espectáculo. Cando viron o "morro" do Jumbo  Lope de Vega quedaron abraiados; pero poder entrar e sentarse dentro...tiñades que ver as súas cariñas. Só por iso xa pagou a pena a viaxe.
Pola tarde, despois de comer, tivemos unha pequena sorpresa coa que non contaban. Entramos no estadio de Riazor e na sala de trofeos. Ben o merecían, porque se portaron moi ben e estiveron moi atentos en todos os sitios.

miércoles, 5 de junio de 2013

ENDESA-EDUCA E O MEDIO AMBIENTE

Hoxe recibimos no cole a Noel, un monitor de Endesa-Educa, que nos veu facer unhas actividades chulísimas.Explicounos que é a enerxía e falounos espacialmente das enerxías renovables: eólica, solar e hidráulica. Tentamos facer funcionar un aeroxenarador, subimos nunha bici e comprobamos a función da dinamo, puxemos a funcionar unha miniturbina, quentamos auga nunha cociña solar... Que forma de aprender  máis divertida!!

martes, 4 de junio de 2013

ROTEIRO ÁS BULIQUEIRAS

Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, os cursos de 2º, 3º e 4º participamos nunha interesante camiñata, organizada pola Aula de Medio Ambiente do Centro e o Departamento de E, Física.
Aproveitamos para aprender cousiñas do pasado da nosa vila. En primeiro lugar, fixemos unha parada nunha das medoñas dos Airíos. Aprendemos que estas construccións eran fogares funerarios, feitas uns 6000 anos antes de Cristo. Parece que a nosa vila era un lugar ben apreciado polos poboadores do Neolítico para facer os seus asentamentos.
Logo iniciamos a camiñata para chegar á fonte das Buliqueiras. Xa tiñamos falado dela e sabíamos que se trataba dunha fonte ferruxinosa, pero... cando probamos a auga quedamos asombrados!! Parecía que estábamos comendo ferro!!. As profes Fina e Loli contaron cousas moi interesantes: 
-Era un lugar tan importante, que xa no ano 1912 se fixo unha estrada para unir As Pontes coa fonte.
-Aquí chegaban xentes de toda a contorna (parroquias veciñas, Ferrol...), a beber estas augas e así curar as anemias e estados de decaemento ( recomendado polos médicos).
-As "augadeiras" levaban botellas de auga para vendela no pobo ás persoas que por ter dificultades non podían chegar ata a fonte.
Mágoa que a autovía fixera estragos tan grandes neste paraxe tan fermoso!Temos que intentar conservar este lugar, mantelo limpo e darlle a importancia que lle corresponde como parte do patrimonio histórico da nosa vila.

lunes, 3 de junio de 2013

VISITAMOS O CONCELLO

Seguindo có noso proxecto da localidade, nesta ocasión visitamos o edificio do Concello, acompañados do alumnado de 4º e a súa profe Fina. Alí tivemos a oportunidade de visitar o salón de plenos (o mesmo que sae na tele!!!, dicían os nenos ), as dependencias da policía municipal, a oficina do rexistro...
No salón de plenos, fomos recibidos polo noso alcalde, Valentín Gónzalez Formoso, que nos explicou como se facían os debates e tomaban as decisións os concelleiros. Fixemos unha parte práctica, na que a alcaldesa Estela tivo que dar os turnos de palabra e debatimos temas importantes: mellora do parque municipal, regulamento para evitar que os cans manchen as estradas, os deberes no cole...Por suposto, a secretaria Carla, tivo que levantar acta de todo o que acontecía e dos resultados das votacións.
Na oficina de rexistro, demoslle entrada a unha serie de cuestións que nos preocupaban e deixamolas alí, esperando que o noso alcalde nos responda a elas.
Os policías explicáronnos en que consistía o seu traballo e foron moi amables contestando ás nosas preguntas.
No edificio do Concello están tamén as oficinas da radio e da tele local. Ainda que non puidemos entrar, o cámara da tele achegouse ao concello para deixar conta da nosa visita.
Por suposto, durante o camiño , aproveitamos para observar diferentes servizos municipais: limpeza, Grumir, xardineiros...
Graciñas a todos por atendernos tan ben.

domingo, 2 de junio de 2013

SEGUIMOS CON VÍDEOS

Parece que os nosos alumnos este ano se animaron a facer vídeos. Para o Certame das Letras Galegas, convocado pola ANPA do centro, prepararon moitas actividades. Aquí quedan dous vídeos. Marita está a escanear o resto dos traballos e espero que pronto os poidades ver.

Este foi o traballo que fixeron Ángela e Jesús. Encantounos.





Manuel e Alex tamén fixeron un traballo moi bonito. Aquí o tedes.