martes, 4 de junio de 2013

ROTEIRO ÁS BULIQUEIRAS

Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, os cursos de 2º, 3º e 4º participamos nunha interesante camiñata, organizada pola Aula de Medio Ambiente do Centro e o Departamento de E, Física.
Aproveitamos para aprender cousiñas do pasado da nosa vila. En primeiro lugar, fixemos unha parada nunha das medoñas dos Airíos. Aprendemos que estas construccións eran fogares funerarios, feitas uns 6000 anos antes de Cristo. Parece que a nosa vila era un lugar ben apreciado polos poboadores do Neolítico para facer os seus asentamentos.
Logo iniciamos a camiñata para chegar á fonte das Buliqueiras. Xa tiñamos falado dela e sabíamos que se trataba dunha fonte ferruxinosa, pero... cando probamos a auga quedamos asombrados!! Parecía que estábamos comendo ferro!!. As profes Fina e Loli contaron cousas moi interesantes: 
-Era un lugar tan importante, que xa no ano 1912 se fixo unha estrada para unir As Pontes coa fonte.
-Aquí chegaban xentes de toda a contorna (parroquias veciñas, Ferrol...), a beber estas augas e así curar as anemias e estados de decaemento ( recomendado polos médicos).
-As "augadeiras" levaban botellas de auga para vendela no pobo ás persoas que por ter dificultades non podían chegar ata a fonte.
Mágoa que a autovía fixera estragos tan grandes neste paraxe tan fermoso!Temos que intentar conservar este lugar, mantelo limpo e darlle a importancia que lle corresponde como parte do patrimonio histórico da nosa vila.

1 comentario:

Fina Blanco Antelo dijo...

É ben seguro que todos aprendimos un pouquiño máis ese día. Hai que felicitar a eses nenos e nenas que amosaron unhas ganas en aprender e en facer esa actividade tan interesante. Coido que non han tardar en voltar con amigos e familiares. Bicos para eles.