miércoles, 19 de junio de 2013

IMOS DE EXCURSIÓN

Por fin chegou o día da excursión e neste caso fomos acompañados polos nenos e nenas de cuarto, a súa profe Fina e a Teacher. Pola mañá fixemos un fermoso roteiro pola costa de Dexo-Serantes. Acompañáronnos unha monitoras do CEIDA, que foron moi, moi amables. Ensináronnos os acantilados, a praia da Marola, a diversidade de árbores e plantas que había na zona, como podíamos atopar rastros de animais...Foi un paseo estupendo, e , por riba, ainda que o día non estaba moi bo, non nos choveu nada.
 Logo marchamos ao Muncyt. Descubrir os robots, Mª Luz e Pepe Xan foi todo un espectáculo. Cando viron o "morro" do Jumbo  Lope de Vega quedaron abraiados; pero poder entrar e sentarse dentro...tiñades que ver as súas cariñas. Só por iso xa pagou a pena a viaxe.
Pola tarde, despois de comer, tivemos unha pequena sorpresa coa que non contaban. Entramos no estadio de Riazor e na sala de trofeos. Ben o merecían, porque se portaron moi ben e estiveron moi atentos en todos os sitios.

No hay comentarios: