viernes, 18 de diciembre de 2015

BO NADAL

Pouquiño a pouquiño foi chegando o Nadal e o cole foise enchendo de adobíos propios destas datas: a nosa árbore con bonecos de neve, árboriñas, campás (todo feito con material que reciclamos); os murais, as postais, o Belén...






E que mellor maneira de desexarvos Bo Nadal, que con este mural tan fermoso que fixemos para a entrada.



miércoles, 9 de diciembre de 2015

TODOS A MULTIPLICAR

No blog  Fresquirecursos (Podédelo atopar na columna da dereita), temos cantidade de xogos para estudiar, practicar e pasar un rato entretido coas táboas de multiplicar. A traballar.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

NON O DUBIDES

Non o dubides, se te maltrata non te quere.



viernes, 20 de noviembre de 2015

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Non esquezades os vosos dereitos.

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Invitados polo Departamento de Cultura do noso Concello, acudimos hoxe ao auditorio Alovi, para aistir ao espectáculo A nena e o grilo no barquiño. Este é o titulo do novo libro-disco de Magín Blanco. Estivo acompañado por membros da compañía de teatro Os gazafelhos. Resultou un espectáculo moi entretido e os nenos/as riron e aplaudiron a rabiar.

Aquí queda unha pequena mostra do divertido que foi.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

CARREIA DA FRAGA 2015

Outro ano máis aistimos á carreira da Fraga, esta vez.... CON MOI TEMPO!!!!
Alí competimos con rapaces e rapazas dos outros coles da localidade. Pasámolo moi ben, ainda que non gañamos ningunha carreira. Mirade como adestramos.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

UN OUTONO BEN COMPLETO

No que vai de outono, levamos moitas celebracións. Na clase de Art, fixemos un broche castaña para o magosto, que nos quedou moi chulo. Tamén fixemos unha pantasma terrorífica cun  chupa e unha servilleta. Mirade:


Por suposto, o día do Magosto comemos as riquísimas castañas asadas que nos prepararon os pais e nais da ANPA e logo, como todos os anos, pasamos un rato entretidos participando en diferentes xogos: o pano, brilé, carreiras de sacos, a rá, xogos de corro, a comba, a mariola...

Non nos podíamos esquecer dos contos e da biblioteca. Como estamos traballando a Manuel María, contamos un dos seus poemas de medo que aparecen no seu libro "Os soños na gaiola". Comeza así:

O lobo

Vén o señor Lobo,
-que medo, neniño!-
polo monte abaixo, 
e austa ao camiño.

Trae lume nos ollos;
nos dentes, coitelos,
tan ben afiados
que dá medo velos

Apagamos as luces e....Que medo pasamos!!! Non sabíamos onde escondernos. Fixádevos:


Dende o equipo da biblioteca propuxemos facer un poema puzzle colectivo con este fermoso poema. Cada curso de infantil, primaria e secundaria escribiu un versiño nun enorme papel . Decorámolo de moitas maneiras. Cando os xuntamos todos, o resultado foi espectacular. Poderédelo ver nas escaleiras de acceso a biblioteca  e no blog da mesma.

Outras actividades que tamén colgaremos no blog da biblio, serán os poemas de outono que ilustrou cada curso e os debuxos dos froitos nos que escribistedes adiviñas, cantigas , poemas...Veredes que preciosos quedaron os vosos traballos. 

domingo, 18 de octubre de 2015

VALORES: EU NON QUERO SER UN POLBO







Octavio, o polvo, desexa todo o que teñen os habitantes do fondo do mar e el non ten: o nariz afiado do peixe espada, cambiar de cor.. E detesta aquelo que o fai único e especial: ter oito brazaos.
Este conto, ensínanos que a autoestima e a autenticidade será o camiño da satisfación para  Octavio. Aprenderá a ter unha imaxe máis positiva de si mesmo e conseguirá a aceptación dos seus compañeiros do fondo do mar.
Estas son palabras de Francesca Chessa, autora do libro:“Un punto común en todas mis historias es el de aceptar lo que eres (o tienes) y sacar el máximo partido de ello"


Aquí queda esta versión, feita por un grupo de mestr@s do CEIP juan Fernández Latorre de A Coruña. Moi bonito traballo.



A NOSA INICIAL

Xa estamos traballando moi duramente na nosa sección bilinüe, ART. Contamos ademáis con un auxiliar de conversación chamado Will. Estamos aprendendo moito con el e ademáis pasámolo moi ben. Aquí tedes unha mostra dos nosos traballiños. Decoramos libremente a inicial do noso nome, aproveitando que en inglés estamos traballando o abecedario, e ocurríronsenos cousas moi chulas. Se queredes ver mais fotos, entrade no blog da sección bilingüe  Learning,  with you.

viernes, 16 de octubre de 2015

BAIXO UNHA SETA. SOLIDARIEDADE

En Valores, traballamos este contiño: "Bajo una seta", para entender o que é solidariedade.
Fixemos un pequeniño mural, que podedes ver á entrada da nosa aula. 
Na clase representamos o conto a aprendemos, que se todos éramos solidarios, apretándonos e apretándonos, conseguíamos entrar no pequeno circuliño que trazamos no chan.

miércoles, 14 de octubre de 2015

TRABALLANDO CON MARITA NA PDI

Que ben o pasamos!!



martes, 13 de octubre de 2015

PLANTAMOS NOCES E ABELÁS

Chegou  o outono e, unha vez máis, facemos unha pequena plantación , neste caso de noces e abelás. Logo levámolas para o corredor do noso cole, para seguir prestándolles coidados. Esperamos que medren, a ver se enchemos de árbores a nosos finca do Bañal.
Non temos moitas fotos debido a problemas técnicos (acabouse a batería), pero aquí queda unha mostra do noso traballo.


jueves, 1 de octubre de 2015

CONTOS PARA TRABALLAR VALORES


Este é un proxecto de Educación en Valores, elaborado por Martín Pinos Quilez, no que a partir dun conto podemos traballar en educación artística, música, ingles e ata educación física. Tamén hai material para traballar na casa e xogos divertidos.



Nesta guía para a convivencia do C.E.I.P Isaac Peral, podemos atopar actividades moi interesantes.





martes, 22 de septiembre de 2015

miércoles, 9 de septiembre de 2015

VOLTAMOS AO COLE

Mañá, a partir das 11:00 horas teremos a presentación de primaria. Seguro que todos temos ganas de vernos e parolar sobre o ben que o pasamos no verán. 
Os profes xa levamos uns días argallando, e con este carteliño queremos darvos a benvida a este novo curso.

jueves, 25 de junio de 2015

E CHEGAMOS AO REMATE

Rematouse o curso. Que rápido se nos pasou!! Despedimos con moito agarimo a Lucía , que marcha do cole. Desexámoslle moita sorte e esperamos vela algún día polo Carballiño.
Non podíamos acabar sen unha pequena festiña. Primeiro fixemos un  almorzo exquisito, que compartimos cós nosos compañeiros de 2º. Que bon estaba todo!!
Despois de repousar o almorzo, fomos ata o pabillón, onde cada curso, axudados pola profe Marita, tiña preparada unha pequena actuación. Saeunos a todos estupendamente ben.
E por último...ENTREGA DE NOTAS. Todos aprobados, yupi!!.
Agora, a disfrutar do verán.





viernes, 19 de junio de 2015

XA TEMOS PIZARRA DIXITAL!!!!

Pois si, grazas á colaboración da ANPA  e do colexio, por fin podemos disfrutar na clase da pizarra dixital. Esperemos que no próximo curso poidamos utilizala moito e sacarlle moito partido.

PEGADAS SOLIDARIAS

Esta semana pasamos un rato moi agradable no cole coas rapazas de PEGADAS SOLIDARIAS. Explicáronnos en que consistía o seu labor: recollen animais abandonados (especialmente cans) cóidanos, danlles de comer, desparasítanos, búscanlles un novo fogar...Aprendemos moitísimas cousas. Graciñas por virnos visitar.





jueves, 18 de junio de 2015

O CAMIÑO DOS ARRIEIROS

Como sempre, cando vai chegando o fin de curso facemos un pequeno roteiro. Nesta ocasión, fixemos un tramo do milenario "Camiño dos arrieiros", pola serra da Faladoira. Estivemos acompañados por Xose, Lois e Gustavo, que nos falaron da historia deste camiño e da flora e fauna que podiamos ver. Tamén estiveron con nós o profe Xosé María e varios membros de Club de Montaña O Caxado (que sempre nos acampañan nos nosos roteiros o cal lles agradecemos moito. Poidemos ver mámoas, A Furna dos Mouros ...
Pasousenos o tempo tan rápido que non completamos todo o camiño e esperamos volver outro ano.




miércoles, 17 de junio de 2015

E CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN

Chegou a excursión de fin de curso. Este ano decidimos ir a Padrón, visitar a casa de Rosalía. Tamén pasamos un  ratiño no xardín botánico de Padrón. 
Logo collemos o tren para ir ata Santiago. Que emocionante!! Encantounos a viaxe  e cando baixamos xa algúns estaban desexando volver a montar no tren. 
Como o tempo estaba un pouco regularciño, fomos tomar o xantar a Área Central, onde o pasamos estupendamente.
O autobús levounos ao centro de Santiago. Comemos uns xeados e fomos ver os arredores da Catedral. Levamos un fantástico guía, Ángel, que nos contou moitas cousas interesantes. Con el descubrimos a Fachada do Obradoiro, Platerías, a Porta Santa...
Quedámoslle moi, moi agradecidos.

UN RATIÑO DE LECER

Mirade que figuras máis fermosas facemos cando nos queda un ratiño para xogar. Somos unhas artistas.

lunes, 8 de junio de 2015

LEMBRAMOS OS XOGOS POPULARES

Estiveron con nós Carmen, a mamá de Fernán , e Angélica, a mamá de Sara. Comentáronos os xogos  e xoguetes que temos na planta baixa do noso cole, no noso museo. Contáronnos como xogaban elas de pequenas. Foi moi divertiddo. Logo tivemos ocasión de facer un pouco de práctica. Iso foi mellor!!!
Eu penso que isto podería ser un comezo para un proxecto bonito para o curso que vén. Non si?

martes, 12 de mayo de 2015

VAN CHEGANDO AS NOSAS LETRAS

Música fermosa para irnos anticipando ao día das Letras Galegas. Esperamos que vos guste.

OBRADOIRO DE COCIÑA: TRUFAS

Como xa levábamos un tempiño sin cociñar, puxémonos mans á obra para facer unhas ricas trufas.Aquí deixamos a receita por si vos interesa:
Ingredientes:

  • Un paquete de galletas (200 g.)
  • 8 culleradas de leite condensado
  • 50 g. de manteiga
  • 1 chorro de zume ( eu na casa bótolle un chorriño de cointreau)
  • 2 culleradas de cola-cao
  • Fideos de chocolate
Elaboración:
  1. Esmagamos as galletas no pasapuré.
  2. Derretamos a manteiga nun cazo.
  3. Poñemos todos os ingredientes nun cunco.
  4. Remexemos cunha culler ata ter unha masa espesiña e deixamos enfríar un pouco na nevera.
  5. Facemos bólas pequenas coa masa.
  6. Espolvoreamos as bólas nos fideos.
  7. Metémolas un pouco no conxelador e listas para comer.
Mirade que ben nos quedaron. Non nos duraron nada. Estaban ben ricas!!!


Poñeremos máis fotos de todo o proceso no noso blog da sección bilingüe Learning with you.  Clicade no nome e atrevédevos a botar unha ollada.


jueves, 30 de abril de 2015

MERGÚLLATE NA LECTURA

A que nos quedou chulo o mural para este mes do libro?

No seu blog , Remendos, Ángeles deixounos esta imaxe de formas curiosas para ler. Como podedes ver nós coñecemos esas e algunha máis.






miércoles, 29 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO-MES DO LIBRO

Este ano estamos a celebrar o Día do libro, ou máis ben o Mes do libro, cun montón de actividades.
  • O equipo de biblioteca enviou un folleto ás familias para resaltar a importancia de ler, e de ler en familia.
  • Celebramos o aniversario do Quixote.
  • Levamos para as aulas cestas con moitos libros da biblioteca, para telos máis a man.
  • O equipo de Normallización lingüística agasollounos cun fermoso marcapáxinas.
  • Fixemos un mural cós nosos libros favoritos.
  • O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitamos a biblioteca municipal, onde Anabel nos explicou cousas moi interesantes.


De todas estas actividades podedes ver máis información e fotografías, no blog da biblioteca. Clicade na seguinte imaxe:


miércoles, 15 de abril de 2015

CONCURSO DE RECICLADO 2015

Este ano, para o concurso de reciclado, decidimos aproveitar os retales que nos sobraron dos adornos de Nadal e seguir traballando a mesma técnica. Fomos elaborando unha paisaxe na que ían aparecendo flores, árbores, casas...Mirade o resultado.

jueves, 26 de marzo de 2015

PLANTAS CON ARTE

Aproveitamos  o tema das plantas , para facer en plástica, unhas moi especiais. Utilizamos uns garfos e témpera de cores. Podédelas ver  tamén no noso blog da sección bilingüe Learning with you.


miércoles, 25 de marzo de 2015

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE

Neste mes de marzo celebramos dúas datas  importantes: o Día da Auga e o Día da árbore. Como estamos tamén a traballar a unidade didáctica das plantas, aproveitamos para plantar diferentes cousiñas. Mirade:
  • Abel ensinounos a plantar patacas e cebolas, que son tubérculos.
  • Na clase plantamos sementes de "mastuerzo", que esperamos que nos den unhas bonitas flores. Tamén aproveitamos unha planta que nos deixou a profe Fina, para coller  un esquexe e plantalo.
  • Nos laterales do cole, fixemos unha plantación de camelios, que seguro que cando vaian medrando estarán preciosos.
Como aprendemos moitas cousas das plantas, decidimos facer una mural en grupos. Cada grupo traballou contidos diferentes: partes das plantas, a reprodución das plantas, que comemos das plantas e tipos de plantas.Quedou moi chuli!! Para practicar un pouco, invitamos aos papás e mamás e explicámoslles o que tiñamos aprendido. Son uns ARTISTAS. Fixérono estupendamente ben. A ver se podemos subir algún vídeo.