miércoles, 4 de noviembre de 2015

UN OUTONO BEN COMPLETO

No que vai de outono, levamos moitas celebracións. Na clase de Art, fixemos un broche castaña para o magosto, que nos quedou moi chulo. Tamén fixemos unha pantasma terrorífica cun  chupa e unha servilleta. Mirade:


Por suposto, o día do Magosto comemos as riquísimas castañas asadas que nos prepararon os pais e nais da ANPA e logo, como todos os anos, pasamos un rato entretidos participando en diferentes xogos: o pano, brilé, carreiras de sacos, a rá, xogos de corro, a comba, a mariola...

Non nos podíamos esquecer dos contos e da biblioteca. Como estamos traballando a Manuel María, contamos un dos seus poemas de medo que aparecen no seu libro "Os soños na gaiola". Comeza así:

O lobo

Vén o señor Lobo,
-que medo, neniño!-
polo monte abaixo, 
e austa ao camiño.

Trae lume nos ollos;
nos dentes, coitelos,
tan ben afiados
que dá medo velos

Apagamos as luces e....Que medo pasamos!!! Non sabíamos onde escondernos. Fixádevos:


Dende o equipo da biblioteca propuxemos facer un poema puzzle colectivo con este fermoso poema. Cada curso de infantil, primaria e secundaria escribiu un versiño nun enorme papel . Decorámolo de moitas maneiras. Cando os xuntamos todos, o resultado foi espectacular. Poderédelo ver nas escaleiras de acceso a biblioteca  e no blog da mesma.

Outras actividades que tamén colgaremos no blog da biblio, serán os poemas de outono que ilustrou cada curso e os debuxos dos froitos nos que escribistedes adiviñas, cantigas , poemas...Veredes que preciosos quedaron os vosos traballos. 

No hay comentarios: