domingo, 25 de abril de 2010

ANÓNIMOS CON EL AUTISMO



Entereime por casualidade de que Maite tivo a brilante idea de "inventarse" un premio, un premio chamado ANÓNIMOS CON EL AUTISMO, coa intención de que o reciba toda aquela xente que co seu traballo, cariño e dedicación fai posible que as persoas con TEA teñan un futuro cargado de posibilidades, aínda non estando directamente vinculados con eles.A min gustaríame darlle este premio a todos os membros da nosa comunidade educativa(mestres, pais e nais, nenos e nenas), que día a día , co seu labor feito de corazón, coa súa aceptación e tolerancia ante as diferencias, fan posible que os nenos e nenas con TEA avancen no seu aprendizaxe na escola, disfruten cos seus compañeiros, rían , canten , xoguen...

Acompaña a esta imaxe, a este premio, un fermoso vídeo que se titula "El arco iris del autismo".Espero que vos guste, que disfrutedes moito con él e que atopedes moitas máis persoas a quen poder entregar este premio.




PROXECTO UNIVERSO

Empezamos estes días un novo proxecto: O Universo. É un tema apasionante e creo que lles está gustando moito a tódolos nenos e nenas . Trouxeron moitos libros, debuxos, xogos, murais, DVD'S. Saben xa moitas cousas do universo, pero queren aprender moitas máis. Agora están traballando en parellas. Cada parella busca información,nos materiais que temos na clase, dun planeta.Logo elaborara un pequeno mural e expoñen aos seus compañeiros a información que conseguiron e que lles pareceu interesante.Como sei que tamén lles gusta mirar os blogs do cole, aquí lles deixo unhas cousiñas para que se entreteñan e aprendan un pouco.








E ademáis, por se vos animades a cantar...

domingo, 18 de abril de 2010

DIA DA TERRA



E seguimos con celebracións, xa que o próximo día 22 conmemórase algo tan importante como o nacemento do noso planeta, o Día da Terra. Seguro, segurísimo que todos podemos facer moito por coidar e mellorar o lugar onde vivimos.Dende a páxina de erenovable, aconséllannos fomentar o uso de enerxías renovables e limpas. Se pinchades no enlace, podedes atopar información ben interesante.
Por outro lado, nesta outra páxina, amósannos 10 accións moi sinxelas, ao alcance de todos, para cambiar a mellor a nosa Terra.Podemos facelas, seguro.

A PROPÓSITO DO LIBRO







Estamos chegando ao 23 de abril e preparámonos para celebrar o Día do Libro.Cos alumnos lembraremos que este día ten que ver co falecemento de tras grandes escritores: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Falaremos tamén de que este ano ríndese homenaxe especial ao gran poeta Miguel Hernández, poeta do pobo, no centenario do seu nacemento. Poeta que nos seus libros non se esqueceu dos nenos. E por suposto, faremos moitísimas actividades de lectura, plástica...
A propósito do libro, nesta páxina podedes atopar un curioso vídeo da campaña "Leer está de moda". Un simpático xove presenta en primicia un "book" e explica as súas ventaxas sobre outras máquinas:
-funciona sin cables, sin batería, sin conexións...
-é compacto e portatil, pódese levar a calquera lado.
-non precisa ser recargado en ningún enchufe.
-está formado por follas de papel que se pasan có dedo.
- non se colga nin é preciso reinicialo.
-pódese utilizar un marcapáxinas opcional.
-cada un decide cando quere ler e cando quere parar.
Bueno, pois a mín paréceme que abrir un libro e poder disfrutalo é un invento fantástico, non si?




sábado, 17 de abril de 2010

TODOS A RECICLAR

A Aula de Medio Ambiente do Centro convocou un ano máis o concurso de reciclado. Inmediatamente puxémonos mans á obra. Algúns nenos trouxeron traballos feitos na casa, nos que colaboraron os seus papás e mamás. Tamen na clase fixemos dous traballos colectivos: uns portafotos con tapas dos envases de zumes e uns suxeitalibros ben chulos.


IMOS AO TEATRO




O día 8 de abril acudimos á Casa Dopeso. Alí , a compañía de teatro BABALUVA presentounos a súa obriña LUME. Era unha fermosa historia que tiña moito que ver co medio ambiente. Nun bosque préndese lume e os animais colaboran para apagalo. Todos os personaxes e os decorados estaban feitos con materias de reciclaxe e de uso cotiá: banquetas, cuncas, pratos, culleres, medias, calcetíns...



martes, 6 de abril de 2010

EXPERIMENTOS CON AUGA


Para celebrar o Día da Auga, preparamos uns experimentos moi sinxelos para facer con auga. Invitamos tamén a participar aos nenos e nenas de 1º. Para comezar falamos acerca das propiedades da auga e tratamos de comprobalas: ulimos, vimos que non tiña cor, vimos como ao cabiar auga de recipiente tamén cambiaba a súa forma...

Logo deixamos o grifo dunha botella de auga un chisquiño aberto, goteando un casi nada sobre unha palangana. Ao cabo dun rato de estar facendo outro experimento, poidemos comprobar que a botella perdera máis da metade da auga. Os nen@s expresaron as súas opinións e entenderon que moitas pequenas gotas poden facer que se perda unha gran cantidade de auga.

Despois pensamos que podería ocurrir se metemos un ovo nun vaso de auga. Houbo diferencia de opinións. Fixémolo e viron que o ovo afundíu na auga.Probamos a disolver unha boa cantidade de sal nese vaso e volvemos a intentalo. SORPRESA! Agora conseguimos que o ovo flotase.

Por último deixamos esa auga con sal nun recipiente, cerquiña das ventás.Ao cabo de pucos días observamos que se produxo a evaporación da auga e só quedaba o sal.

Pasamos un rato entretido e seguiremos buscando máis experimentos.

lunes, 5 de abril de 2010

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil para festexar o nacemento do gran escritor Hans Christian Andersen,autor de tantísimos contos para nenos . A esquerda tedes o cartel conmemorativo deste ano.Se pinchades aquí podedes ver tamen a mensaxe de Eliacer Cansino.Vale a pena , atoparedes un fermoso texto. No cartel, vese unha árbore e nas súas poliñas están medrando libros. Tamén vemos un neno gabeando para poder chegar ata onde un libro o agarda. O lema deste ano é "Un libro te espera, búscalo."Pois todos a buscar ese libro que nos está esperando.Lede moito e lede xunto aos vosos fillos e con eles.Se vós ledes, eles len tamén e non esquezades que , como dicía Günter Grass Non hay espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le.Se estades animados/as pinchade aquí e poderedes disfrutar de moitos contos de Andersen.E se queredes ler máis temos outras páxinas interesantes de lecturas.

BISCOITO DE AMÉNDOAS

O mércores 24 de marzo, como nos veu o forno novo decidimos probalo e facer un biscoito de améndoas moi sinxelo. Precisamos 250 g. de améndoa moída, a mesma cantidade ou un pouco menos de azucre e uns 5 ovos.Mirade as fotos e veredes que sinxelo de preparar.Non me deu tempo a facerlles fotos comendo, porque foi visto e non visto.Non durou nada.Bueno, Ángela dixo que lle gustaba máis se tivera menos azucre.

domingo, 4 de abril de 2010

A CASA DOS PEIXES

O martes 23 de marzo os nenos e nenas de 5º e 6º de E. Infantil e os de 1º,2º e 3º de E. Primaria, xunto cun grupo de profes, visitaron a Casa dos Peixes, na Coruña. Neste caso, as entradas corrían a cargo de Voz Natura, por ser o noso un centro colaborador. Tivemos un bo día, pasámolo estupendamente, quedounos tempo para unha merendiña e chegamos ao cole moi puntuales para a hora da saída.