martes, 6 de abril de 2010

EXPERIMENTOS CON AUGA


Para celebrar o Día da Auga, preparamos uns experimentos moi sinxelos para facer con auga. Invitamos tamén a participar aos nenos e nenas de 1º. Para comezar falamos acerca das propiedades da auga e tratamos de comprobalas: ulimos, vimos que non tiña cor, vimos como ao cabiar auga de recipiente tamén cambiaba a súa forma...

Logo deixamos o grifo dunha botella de auga un chisquiño aberto, goteando un casi nada sobre unha palangana. Ao cabo dun rato de estar facendo outro experimento, poidemos comprobar que a botella perdera máis da metade da auga. Os nen@s expresaron as súas opinións e entenderon que moitas pequenas gotas poden facer que se perda unha gran cantidade de auga.

Despois pensamos que podería ocurrir se metemos un ovo nun vaso de auga. Houbo diferencia de opinións. Fixémolo e viron que o ovo afundíu na auga.Probamos a disolver unha boa cantidade de sal nese vaso e volvemos a intentalo. SORPRESA! Agora conseguimos que o ovo flotase.

Por último deixamos esa auga con sal nun recipiente, cerquiña das ventás.Ao cabo de pucos días observamos que se produxo a evaporación da auga e só quedaba o sal.

Pasamos un rato entretido e seguiremos buscando máis experimentos.

1 comentario:

Ángeles. dijo...

Seguro que con todos estes experimentos aprenderon moito e o máis importante que se divertiron e non os van esquecer.
Bicos.