lunes, 5 de abril de 2010

BISCOITO DE AMÉNDOAS

O mércores 24 de marzo, como nos veu o forno novo decidimos probalo e facer un biscoito de améndoas moi sinxelo. Precisamos 250 g. de améndoa moída, a mesma cantidade ou un pouco menos de azucre e uns 5 ovos.Mirade as fotos e veredes que sinxelo de preparar.Non me deu tempo a facerlles fotos comendo, porque foi visto e non visto.Non durou nada.Bueno, Ángela dixo que lle gustaba máis se tivera menos azucre.

1 comentario:

Ángeles. dijo...

QUE BOA PINTA TEN ESA TARTA!
Como a receita quedou tan ben explicada estou desexando facela na miña casa.
Felicito a todos os cociñeiros/as.