domingo, 29 de mayo de 2016

XADREZ: REMATAMOS POR ESTE CURSO

Rematamos por este curso as clases de xadrez, con Rafa. Resultou unha experiencia interesante, aprendemos, disfrutamos, colaboramos... Xa somos grandes xogadores!! Moitas grazas Rafa, por ensinarnos tanto e ter tanta paciencia con nós. Esperamos poder seguir có xadrez no vindeiro curso.







viernes, 20 de mayo de 2016

PLUMILLAS E BRAILLE

Outra das actividades que fixemos na Biblioteca do cole para celebrar o Día das Letras Galegas, foi tratar de escribir o noso nome en Braille, utilizando a máquina Perkins. Tamén tentamos esciribir cunhas plumillas e tinta, que nos deixou  o noso compañeiro José Mª. Non era nada doado!! Pero foi unha experiencia moi interesante e quedamos con ganas de volver a facelo.




Saúl estivo na nosa clase, para ler o poema de Manuel María , en Braille, que xa lera no Liceo. Que ben o fixo! Moitas graciñas Saúl.


jueves, 19 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS NO LICEO - 2016


O Día  das Letras Galegas, acudimos ao Liceo, para recitar e expoñer os nosos traballos relacionados con Manuel María. Comezou a tarde con Música do grupo de gaitas Alfaia. Logo os nenos e nenas dos diferentes coles fixeron os seus recitados. a continuación, algúns membros do grupo poético Alalá, leron poesías de Manuel María, xunto con outras de elaboración propia. Rematamos coa música de Alfaia e acompañámolos cantando o himno galego. Cynthia e Érika emocionáronnos có seu traballo sobre o seu bisavó, Xosé Luís García Mato, gran poeta e bo amigo de Manuel María. Saúl  mantívonos moi atentos mentres nos lía, en Braille, o seu poema. Remataron a actuación do noso cole, as alumnas de 1º da E.S.O.: Mireia, Alicia, Silvia e Carmen.



FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2016

Celebramos no Alovi o Festival das Letras Galegas. Xunto có alumnado de 3º representamos "Camiñando con Manuel María", unha obriña que descargamos da páxina da Casa Museo de Manuel María, e que adaptamos un pouquiño aos nosos alumnos. Cantamos e bailamos e fixémolo moi be4n. Saiu ben bonita. Noraboa a tod@s os artistas.Aquí quedan algunhas fotos.


miércoles, 11 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Se vos pasades polo blog da nosa biblioteca,  BIBLOCAXADO, atoparedes moitos recursos para traballar na clase e na casa a este gran autor que foi Manuel María.

Alí podedes observar tamén os carteis que elaboramos entre todos os cursos do cole. Todos son preciosos. Este é o que fixemos conxuntamente có alumnado de 3º. Non deixedes de pasar polo blog da biblio para ver os que fixeron os outros cursos. Menudo traballo!! Noraboa a todos e todas.




BOLIÑAS DE CHOCOLATE

O mércores, na hora de alternativa, traballamos o conto de Amalia e Amelia, dúas nenas que, aínda que por fora eran diferentes, por dentro tiñan moitas cousas en común: gustáballes o mesmo cantante, o mesmo postre, as mesmas comidas... Pensamos que era bon tratar de representar isto cunhas boliñas de chocolate e organizamos un obradoiro de cociña para o venres.
 Para facer os nosos doces empregamos:
30 biscoitos alargados ben trituradiños, 15 culleradas de leite condensada, e 300 g de chocolate moido en pó.



Mesturamos todos os ingredientes e  metímolos uns 15 minutos a arrefriar na nevera. Despois fixemos boliñas pequenas e rebozámolas, unhas en azúcar glas e outras en galleta tostada triturada. A unhas chamámoslles Amalias e a outras Amelias. Mirade que chulas quedaron.


Por fora eran diferentes, pero por dentro eran iguales. E tanto unhas coma as outras estaban boísmas, non deixamos ningunha.
 Este contiño e esta actividade, recollémola deste libro:





miércoles, 4 de mayo de 2016

EXHIBICIÓN SOLIDARIA DA GARDA CIVIL

Hoxe participamos nunha actividade moi interesante e divertida: unha exhibición solidaria da Garda Civil. Xuntámonos no Canle IV, preto do noso cole, uns 2000 nenos e nenas. Todo estaba moi ben organizado : cada grupo de alumnos , ía acompañado dun garda. Poidemos ver e subir nas motos, nos coches, nas lanchas, no helicóptero. Vimos tamén as principais ferramentas que usa a Garda Civil no seu traballo diario, como funciona a policía científica...Pero casi que o que máis nos gustou foi a exhibicion dos cans policías: que maneira de detectar drogas ou explosivos, como participan no rescate de persoas...IMPRESIONANTE.
Aproveitamos tamén para achegar ata a carpa de CÁRITAS, alimentos e produtos de aseo que lle serán entregados a xente necesitada.

Dende aquí queremos felicitar á Garda Civil polo fantástico da súa exhibicion e o pola estupenda organización.

Sinto non ter máis fotos, pero....quedei sin batería!

lunes, 2 de mayo de 2016

PLAN DE AUTOPROTECCION

Rematado o Plan de Autoprotección do  noso cole, só nos queda poñelo en practica. Para formarnos aos profes e personal da comunidade educativa, estiveron con nós un médico, que nos falou de primeiros auxilios, e unha representante de enpresa Previnem, que nos explicou o que teriamos que facer en caso de evacuación do cole ou confinamento no seu interior.


Na clase aproveitamos para ver este vídeo que tedes a continuación. Temos que estar preparados  por si....