sábado, 26 de abril de 2008

RECICLADO

CONCURSO DE RECICLADO

Un ano máis participamos no concurso de reciclado do cole. Teño que decir que todos, papás, mamás , nenos e nenas..traballastes moitísimo. Non sei se teredes algún premio, pero eu estou moi contenta do traballo que fixestes.Que preciosos están todos! Ahi vos vai unha pequena mostra.

OS RABANITOS

PLANTACIÓN E RECOLLIDA DE RABANITOS

Aquí tedes algunhas das fotos que sacamos os días da plantación e o da recollida de rabanitos. Estaban preciosos, pero a verdade é que, por moita manteiga e sal que lles botamos, non nos sabían moito.A prócima vez mellor plantamos outra cousa

martes, 15 de abril de 2008

NADAL


Que vos pareceu este ano o cole polo Nadal? Eu, dos años que levo aquí ,este foi o que máis me gustou. Tódolos cursos traballaron para que os corredores e as aulas estivesen ben decorados. Os pequenos fixeron uns Reis Magos que parecían de verdade. Nós, o 1º Ciclo fixemos as figuras para un Belén que logo montamos no carro que temos no noso Museo. O 2º Ciclo preparou unha Arbore supermoderna, con CDs que xa non servían. E que me dicides das postais dos maiores? Chulísimas, non sí? Para rematar, o festival na Casa Dopeso penso que foi bastante bonito, polo menos, nenos/as e profes pásamolo moi ben preparandoo. Esquezamos a actuación dos profes, que foi o MAIS desastroso.Intentaremos mellorar para a próxima ocasión.

SEMENTAMOS
















No mes de novembro, coma tódolos anos, preparamos cuns bricks de leite ou de zume , unhas fermosas macetiñas. Alí plantamos as sementes que tiñamos ben gardadas: abelás, noces, castañas...Este ano non conseguimos que nos medraran moitas, só tres , das quince que plantamos. Logo, no mes de marzo, esas tres que xa estaban medradiñas, transplantámolas a unhas macetas máis grandes. Cando medren outro pouco levarémolas para o viveiro do cole e logo, máis adiante para a Casilla do Bañal.Se non fostes por alí, agora na primavera non é mal momento, porque xa hai moitas flores e todo está moi fermoso.

domingo, 13 de abril de 2008

XOGOS DO MAGOSTO


Despois de comer non veñan mal uns xoguiños, para rematar ben a xornada.

A POLAS CASTAÑAS


Todos ben postiños na fila. As mamás agardan por nós.QUE BEN CHEIRAN!






Xa temos os nosos cucuruchos preparados, así que...A POLAS CASTAÑAS!!

MAGOSTO NO COLE







Ademáis de facer un mural sobre o outono, fixemos unha pequena exposición de productos típicos desta época do ano.MOITAS GRACIÑAS a tódolos nenos e nenas que nos trouxeron castañas, zonchos, uvas, figos, mel ...



viernes, 11 de abril de 2008

IMOS Á BIBLIOTECA




Os mércores facemos a hora de lectura na biblioteca.ENCÁNTALLES¡¡ Eu non son moi boa contando historias, pero aínda así, creo que os contiños que eu lles leo lles gustan máis e logo todos queren levalos para a casa. Hoxe contamos no teatriño o conto de HANS E A PRINCESA.Foi divertido. Como sempre, tamén disfrutaron do seu ratiño de lectura libre.

martes, 8 de abril de 2008

FUNGOS E COGOMELOS


Pasámolo estupendamente preparando o noso traballiño para o Concurso de Fungos e Cogomelos. Investigamos sobre os fungos, pintamos, modelamos e...ATA GAÑAMOS UN PREMIO!YUPI!
Non sei se será unha tontería, pero tiña moitas gañas de comezar o meu blog con esta poesía, feita xa hai anos por unha compañeira miña, e que a min me parece preciosa e chea de amor e tenrura.

Esas mans

Esas mans

preciosas...

redondas...

pequenas....

que pintan as cousas e xogan con elas,

que amasan a terra e escriben as letras,

que son cariñosas porque dan caricias

e coidan as cousas

e cosen...e pegan...aplauden...recortan...

Esas mans pequenas

son as mans

dos nenos e nenas

que en moitos momentos

fabrican inventos.

Esas mans preciosas

parécense ás rosas

co cheiro infantil

da gracia que amosan.

Esas mans redondas

parécense ás ondas

dos mares de cores

que verten amores

por tódolos dedos.

amores...que os grandes

¡Tan mal entendemos!



Por iso, ás veces,

énchense de penas

esas mans

preciosas...

redondas....

pequenas....