martes, 8 de abril de 2008

Esas mans

Esas mans

preciosas...

redondas...

pequenas....

que pintan as cousas e xogan con elas,

que amasan a terra e escriben as letras,

que son cariñosas porque dan caricias

e coidan as cousas

e cosen...e pegan...aplauden...recortan...

Esas mans pequenas

son as mans

dos nenos e nenas

que en moitos momentos

fabrican inventos.

Esas mans preciosas

parécense ás rosas

co cheiro infantil

da gracia que amosan.

Esas mans redondas

parécense ás ondas

dos mares de cores

que verten amores

por tódolos dedos.

amores...que os grandes

¡Tan mal entendemos!



Por iso, ás veces,

énchense de penas

esas mans

preciosas...

redondas....

pequenas....

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non podías iniciar mellor o teu blog, con esa poesía que emociona, encántame. Noraboa.

Ángeles

Anónimo dijo...

Non podias ser outra cousa que maestra e non sei si haberá naide que queira e se preocupe tanto polos seu nenos...por eso o premio non podía ser outro que ese precioso perrequechin que todos adoramos
e xa sabes quen escribe, non?

Anónimo dijo...

Gustóunos moito o blog. Está moi requetechulo... Noraboa!!

Jenel

Anónimo dijo...

E a poesía é moi bonita.

Jenel & family

Carmen dijo...

Acabo de ver este poema. Gústame moito. É un placer atopar cousas así.
Pamen