martes, 21 de febrero de 2012

ANTROIDO

Que ben o pasamos no mercado persa! Primeiro escoitamos e representamos a música. Convertímonos en camelos, mercaderes, mendigos, princesas, califas....Tamén fixemos debuxos bonitos.
Como nos tocou ir de encantadores de serpes, fixemos unha serpe cunha garabata, para acompañar o noso disfraz e un turbante con papel pinocho.



DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA


Hoxe, como cada 21 de febreiro, dende o ano 2000 celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. Moitas linguas minoritarias no mundo estanse a perder. Coidemos o plurilingüismo, non deixemos que a nosa lingua materna, a lingua na que pensamos e sentimos, se perda.

domingo, 19 de febrero de 2012

¡O XABÓN ESTÁ LISTO!


¡Por fin temos listo o xabón que preparamos! Xa endureceu e podemos levar cada un de nós un anaquiño para a nosa casa. Con papel reciclado que tiñamos na clase fixemos uns paquetiños para levalo. Fixadevos que chulos.


PLASTILINA ECOLÓXICA

Aquí tedes as fotos da actividade que fixemos hai dúas semanas en plástica.Con pasta de sal fixemos unha "plastilina ecolóxica". Logo modelamos uns corazóns, que aproveitamos para o día de San Valentín.Se queredes practicar, a receita e ben sinxela: dous vasos de fariña, un vaso de auga, un vaso de sal e dúas ou tres culleradas de aceite.Amasamos ben ata que non se pegue aos dedos e...A MODELAR. Se ademáis engadides colorante na auga, conseguiredes plastilina de diferentes cores.





lunes, 6 de febrero de 2012

PAPEL DE LIXA

Outra actividade moi divertida que fixemos en Plástica , foi pintar con ceras duras e cores de madeira sobre papel de lixa. Marian contounos que en Inglés chámase "sandpaper", porque parece que está feito con graniños de area.Veredes que debuxos máis lindos.




MANS POLA PAZ

Na sección bilingüe, en Plástica, e axudados por "Teacher " e Marian, fixemos un fermoso arco da vella. Logo os nenos e nenas dos diferentes cursos pintaron as súas mans de diferentes cores e colocámolas sobre o mural. Pasámolo ben e quedou moi bonito. Graciñas a tod@s por colaborar neste traballo.

sábado, 4 de febrero de 2012

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO


Eu son socia da AACC, e ti, por que non te apuntas?