domingo, 8 de diciembre de 2019

SEGUIMOS VIAXANDO POLO MUNDO

E seguimos coa nosa viaxe polo mundo, que este ano nos leva a Francia. Xa sabemos situarnos, temos pasaporte, aprendemos algunhas cousiñas...
Desta volta tocounos facer unha viaxe imaxinaria a Paris e escribirlle unha postal á profe Loli, para contarlle o ben que o estabamos pasando. Aquí tedes unha mostra.


miércoles, 4 de diciembre de 2019

CARREIRA INTERCENTROS NA FRAGA

Este xoves, o alumnado de 2º a 6º, desprazámonos ata  a Fraga, para participar na tradicional carreira intercentros. Tivemos moita sorte, porque non choveu, non facía moito frío , e ningún alumno se mancou. Pasamos  un bo rato, ainda que estamos seguros de que precisamos entrenar moito mais para poder facer o percorrido e non rematar sin alento.



Para repoñernos, logo, xunto cós compis de 3º A, estivemos na biblioteca  do cole, facendo unha actividade sobre o Día da Constitución. Aproveitamos para irlle dando forma á paxina que nos correspondeu no calendario que está a organizar o Equipo de Dinamización Lingüística. Eramos moitísimos nenos e nenas alí dentro da biblioteca, pero portámonos moi ben.


viernes, 22 de noviembre de 2019

O RECUNCHO FRANCÉS

Este ano , a proosta da Biblioteca e Equipo de Dinamización Lingüística , imos desenvolver un novo proxecto: Unha viaxe polo mundo.

Nós, xunto cós nenos e nenas de 3º A e a súa mestra Berta, temos pensado facer unha "viaxe" por Francia. Empezamos preguntando para saber o que coñecía o noso alumnado, acerca deste paíse atopamos cousa curiosas:
-A capital é Paris.
-Hai xogadores de fútbol moi importantes.
-A selección francesa gañou algunha vez a copa do mundo de fútbol.
-Cómese moito queixo, chocolate e tortilla francesa.
-Alí vai moita xente de viaxe...

Bueno , agora toca averiguar se estamos no certo. Empezamos a crear na clase o noso recuncho francés", e xa empezamos a ter algún material. Ata xa temos pasaporte!!



jueves, 14 de noviembre de 2019

DISFRUTAMOS NA BIBLIOTECA

Sempre é fantástico poder rematar a xornada escolar, pasando un rato entretido na biblioteca, senón, mirade.





miércoles, 13 de noviembre de 2019

IRIÑA BAILARINA

Hoxe fomos ata o cine Alovi, para ver unha representación do conto "Iriña bailarina", a cargo do grupo de teatro Os ghazafellhos. Fomos invitados pola ANPA do centro. Dende aquí dámoslles as grazas polo seu traballo.
Trataba dunha bailarina que vivía na súa caixiña de música, sen poder saír de alí,  dun pirata e dun xogadorde futbolín. Os tres queren xogar sen límites , sen roles impostos

.


domingo, 10 de noviembre de 2019

CANTAMOS E BAILAMOS EN HALLOWEEN

A profe de Inglés, Sara,  estivo coa rapazada preparando unhas actividades moi chulas. Na biblioteca estivemos vendo unha pequena mostra. Primeiro, sentados en corro, fixeron un xogo con vasos, que se tiñan que pasar ao tempo que cantaban e ao ritmo da música. Logo, bailaron a canción. Foi un ratiño moi divertido. Aquí quedan os vídeos e unhas fotos de mostra do ben que o pasaron.








viernes, 8 de noviembre de 2019

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Este mes de agosto , estivo repletiño de actividades. Unha delas foi a celebración do magosto.
Como todos os anos, fomos ata o ximnasio, para comer castañas asadas e tomar o bebible que nos tiña preparada a ANPA do cole. Cando xa estabamos ben fartucos e logo de descansar un anaquiño, dirixímonos ata o pavillon A. Alí Jairo tiñamos preparadas seis estacións de xogos. Por turnos fomos pasando de unha a outra. Pasousenos moi rápido o tempo.


martes, 29 de octubre de 2019

FANTÁSTICA HORA DE LER

Para estar a gusto lendo, non é preciso estar ben sentadiños na cadeira. Cada neno, cada nena, ten a súa forma de sentarse para ler, na que está máis cómodo. Se non , ollade.


lunes, 30 de septiembre de 2019

UN CURSO CON MOITAS NOVIDADES

Benvid@s a este novo  curso 2019-20. Un curso con novidades para todos. Os dous cursos de segundod o ano pasado, refundíronse e mesturáronse para facer outros dous terceiros. Por iso estamos con novos compañeiros, fantástica oportunidade para facer máis amigos e compañeiros. 
Eu tamén cambio de pavillón ...e de nivel. Todos temos que pasar este periodo de adaptación, que de momento está indo bastante ben. Xa nos imos coñecendo, sabemos como queremos as cousas , imos acordando normas....



jueves, 27 de junio de 2019

E CHEGOU A GRADUACIÓN

Pois si, logo dunha temporadiña sin pasar polo cole, por causas personais tristes e importantes, non podía faltar ao día da vosa graduación.
 Foi un acto emotivo, no que tivestes oportunidade de contar o que significou para vós o voso paso polo centro.
Os bailes preparados coa axuda de Elena estiveron super super ben. Tamén foi unha alegría para min, ver que non esquecerades a canción de francés.
Foi un placer compartir con todos vos estos anos e , sen dúbida, Manuel (profe de 6ºA) e eu, fomos os que máis aprendimos: a perdoar, a compartir, a superar dificultades, a ser bós compañeiros, a rifar falando....a tantas cousas.
Agora toca empezar outra etapa . Seguro que vos irá moi ben. Non teñades medo. Esforzádevos e loitade por chegar a ser aquelo que queredes e para o que estades máis capacitados. 
Con todo o meu agarimo, deséxovos   MOITA SORTE!!!




viernes, 22 de marzo de 2019

VISITA AO CASTRO DA UZ

Dentro do programa Atrévete,realizamos este mes unha visita  aoCastro da Uz . Logo dunha pequena presentación acerca do que é ser un emprendedor, visitamos as instalacións do centro. Na aula de plástica, a profe ensinounos a "sacar " un monstro moi mostruoso de dentro dun anaco de plastilina. Encantáronnos os talleres, as aulas, a merendola coa que nos agasallaron....Agora toca buscar ideas e lanzarnos a emprender algún negocio interesante.

jueves, 28 de febrero de 2019

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Dende o equipo de Dinamización propuxéronnos elaborar uns marcapáxinas sobre a figura de Rosalía de Castro. Aproveitamos tamén para investigar algo da súa vida, ler algúns poemas e cantar o poema Alborada, que non nos resultou moi fácil, xa que a música é bastante rápida. Pero como somos moi atrevidos, disfrutamos moito con todas as actividades.




domingo, 24 de febrero de 2019

FRANCÉS CON TICS

Hoxe tocounos facer repaso de francés dun  xeito diferente. Empregamos os ordenadores Abalar para entrar en Fresquirecursos e buscar xogos, cancións e outros recursos para repasar colores, roupas, números... Foi unha sesión un pouco diferente, e como podedes ver, non o pasamos mal.


lunes, 18 de febrero de 2019

VISITAMOS OS MUSEOS DA CORUÑA

O día 13 de febreiro fomos visitar os Museos Coruñeses. Primeiro estivemos na Casa das Ciencias. Alí participamos de todas as experiencias e pasamos un rato ben entretido. Tamén aproveitamos para ver o Planetario. 
Logo desprazámonos ata a Domus, onde tomamos o xantar e  acarreiramos arriba e abaixo para non perdernos detalle deste magnífico museo interactivo.
Foi unha estupenda experiencia, especialmente para aqueles nenos e nenas que visitaban os museos por vez primeira. O sol acompañounos toda a xornada. Estupendo día!!


domingo, 3 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ 2019

O mércores 30, celebramos o Día da Paz no cole. Cada curso ou ciclo levaba unha cancionciña para presentar aos demais. Os máis pequenos cnatáronnos  O patio do meu cole e bailaron a Danza da Paz . Logo , os nenos e nenas de primaria cantaron e escenificaron diferentes cancións: Vida, de Ricky Martin;  Intenta respetar, de Baute; I´ve peace in my hands; Lo siento, de Beret..
Nós, en francés, preparamos unha moi fermosa canción On écrit sur les murs e acompañámola con xestos significativos.

Antes de comezar, formamos a nosa pomba cooperativa. Cada curso escolleu unha palabra, que tiña que escribir sobre unha peza dun puzzle. Íamolas colocando ao tempo que dicíamos: Queremos un mundo cheo de...TOLEREANCIA, RESPECTO, DIVERSIDADE, AMOR...
Quedou moi chula esta actividade que nos propuxo o equipo de Dinamización lingüística.