miércoles, 4 de diciembre de 2019

CARREIRA INTERCENTROS NA FRAGA

Este xoves, o alumnado de 2º a 6º, desprazámonos ata  a Fraga, para participar na tradicional carreira intercentros. Tivemos moita sorte, porque non choveu, non facía moito frío , e ningún alumno se mancou. Pasamos  un bo rato, ainda que estamos seguros de que precisamos entrenar moito mais para poder facer o percorrido e non rematar sin alento.



Para repoñernos, logo, xunto cós compis de 3º A, estivemos na biblioteca  do cole, facendo unha actividade sobre o Día da Constitución. Aproveitamos para irlle dando forma á paxina que nos correspondeu no calendario que está a organizar o Equipo de Dinamización Lingüística. Eramos moitísimos nenos e nenas alí dentro da biblioteca, pero portámonos moi ben.


No hay comentarios: